Nova campaña de doazón de sangue no Parlamento de Galicia

Santiago, 23 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia acolleu este martes, en horario de mañá, unha nova campaña de recollida de doazón de sangue, dento das accións programadas pola Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos en empresas e organismos públicos. No Parlamento de Galicia, esta campaña desenvólvese habitualmente cada seis meses.
 
O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado pola directora da Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López García, visitou a unidade móbil estacionada no recinto do Lexislativo galego.
 
Santalices Vieira agradeceu a xenerosidade das persoas que acoden a doar sangue e animou ao conxunto da sociedade a incrementar as doazóns para poder manter o labor asistencial que se desenvolve nos hospitais.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas