Acordo da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 02 de febreiro de 2018

A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 2 de febreiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 19646 (10/PNC-001600)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para defender os intereses do sector pesqueiro nas negociacións do Brexit
BOPG n.º 207, do 08.11.2017
 
Sométese a votación por puntos e coa incorporación da emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 24912, co resultado seguinte:
 
Punto 1.º: rexeitado por 4 votos a favor, 7 votos en contra e 1 abstención.

Punto 2.º: aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que se dirixa ao Goberno central e lle solicite chegar a acordos en conxunto co resto dos países que conforman a Unión Europea, de forma que non se permita unha división de posturas entre os países membros."
 

Imaxes relacionadas