Integrantes da Corporación de Lobeira visitan o Parlamento de Galicia

Santiago, 5 de febreiro de 2018.- Unha delegación da Corporación Municipal de Lobeira, encabezada polo seu alcalde, Antonio Iglesias Álvarez, visitou hoxe o Parlamento de Galicia, onde foi recibida polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Durante a reunión, o presidente do Parlamento explicoulles o funcionamento da institución, cunha especial referencia aos mecanismos de participación cidadá e á extratexia de apertura do Lexislativo á sociedade.
 
Posteriormente, a delegación efectuou unha visita guiada á sede do Parlamento de Galicia, na que tiveron ocasión de coñecer as diferentes dependencias nas que traballan deputadas e deputados.
 

Imaxes relacionadas