Pilar Rojo traslada a solidariedade do Parlamento de Galicia aos afectados polo tremor de Lorca

• Participou este mediodía en Santiago nunha concentración de solidariedade cos afectados

• Telefoneou ao presidente da Asemblea rexional de Murcia para trasladar a solidariedade e afecto do Parlamento de Galicia aos afectados e ás súas familias

Santiago, 12 de maio de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, trasladou esta mañá a solidariedade e o afecto do Lexislativo galego aos afectados polo tremor de terra rexistrado onte en Lorca.

Pilar Rojo participou na concentración celebrada este mediodía na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, para solidarizarse cos afectados.

En declaracións aos xornalistas, sinalou que esta mañá telefoneou ao presidente da Asemblea Rexional de Murcia, Francisco Celdrán, nunha convesa na que se interesou pola situación e lle pediu que traslade unha mensaxe de ánimo ás familias dos falecidos, aos feridos e a todos os afectados por esta catástrofe.

A presidenta do Parlamento de Galicia expresou o seu pesar e o da institución que preside polas vítimas mortais rexistradas,  desexou unha pronta recuperación aos feridos e fixo votos por unha pronta recuperación da normalidade neste municipio murciano.

 

Imaxes relacionadas