Abel Losada Álvarez

Nacemento: Ourense - 1964

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrción de Pontevedra
Pontevedra
Contacto:

Biografía:

Actualmente reside en Vigo.

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor titular na Facultade de Económicas da Universidade de Vigo. Especialista en historia económica, demografía e economía da poboación. Ten publicadas diversas monografías e artigos e participado en congresos e seminarios de universidades españolas e estranxeiras.

Militante do PSdeG-PSOE desde 1987, é membro da Comisión Executiva Local de Vigo, da Comisión Executiva Provincial de Pontevedra e do Comité Nacional Galego. Formou parte da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG–PSOE entre 2000 e 2009, onde ocupou a Secretaría de Economía, Estudos e Programas.

Foi concelleiro no Concello de Vigo entre 2006 e 2007 e director xeral do Gabinete do presidente da Xunta de Galicia entre 2008 e 2009. Deputado na VII, VIII e IX lexislaturas, foi portavoz do Grupo Socialista entre 2010 e 2013.

Imaxe de Abel Losada Álvarez

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Maio de 2019
Martes
28
10:00
Mércores
29
10:00
Xuño de 2019
Martes
11
10:00
Mércores
12
10:00

Mesa da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Xuño de 2019
Luns
10
12:00
Luns
17
13:30

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Xuño de 2019
Mércores
05
10:30