Beatriz Mato Otero

Nacemento: Barakaldo - 1965

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña
Contacto:

Biografía:

É enxeñeira industrial, con especialidade en Organización Empresarial, pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Obtivo o máster de Dirección e Administración de Empresas da Escola de Negocios MBA, homologada pola Universidade da Coruña. No ano 1989, como técnica de sistemas da multinacional IBM, iniciou a súa traxectoria profesional no sector privado.

En 1994 pasa a formar parte do Igape, no que, a partir de 2000 exerceu como delegada da oficina territorial na Coruña. No ano 2002 incorpórase á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos como delegada provincial na Coruña. Desde 2009 ata 2015 foi conselleira de Traballo e Benestar e desde outubro dese mesmo ano é conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Afiliada ao PP de Galicia desde o ano 1995, actualmente é presidenta do PP na Coruña. No ano 2005 ingresou no Parlamento de Galicia como deputada do Grupo Popular, no que ocupou a portavocía de Traballo. No ano 2009 foi nomeada conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, cargo que ocupou ata 2015, cando foi nomeada conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, cargou que ocupou ata setembro do 2018.

Imaxe de Beatriz Mato Otero

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Setembro de 2018
Martes
25
10:00
Mércores
26
10:00
Outubro de 2018
Martes
16
12:00