Cristina Romero Fernández

Nacemento: 1965

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Ourense
Ourense
Contacto:

Biografía:

Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi directora xerente da firma téxtil Cristina Fernández e directora comercial da mesma empresa ata 2009. Presidiu a Asociación Empresarial do Comercio Téxtil de Ourense desde 2005 ata 2009. Foi vogal do Pleno da Cámara de Comercio e Industria de Ourense do 2007 ata o 2009.

Membro desde a súa creación da Xunta Local do PP de Ourense e portavoz do PP de Ourense desde 2013. Deputada autonómica na VIII e X Lexislatura no Parlamento de Galicia. Na VIII foi voceira de Comercio do Grupo Popular e vicepresidenta da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, e da Comisión 6ª, de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. Na IX Lexislatura foi voceira de Turismo e Comercio, presidenta da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, presidenta da Comisión non permanente para a Igualdade e desde xaneiro de 2016 vicevoceira do GPP e voceira de Emprego.

Na X Lexislatura é presidenta da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, vicepresidenta da 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, voceira do GPP nas áreas de Comercio e Turismo e na Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas.

Imaxe de Cristina Romero Fernández

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Setembro de 2018
Martes
25
10:00
Mércores
26
10:00
Outubro de 2018
Martes
16
12:00

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Setembro de 2018
Venres
28
10:30

Mesa da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Setembro de 2018
Luns
24
12:00
Outubro de 2018
Luns
15
12:00

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Outubro de 2018
Xoves
04
10:35

Mesa da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Setembro de 2018
Mércores
26
12:00
Outubro de 2018
Mércores
10
12:00

Presidentes de Comisións

Setembro de 2018
Mércores
26
09:45

Comisión investigación dirimir responsabilidades no festival do marisquiño

Setembro de 2018
Xoves
27
11:30
Xoves
27
11:30
Outubro de 2018
Mércores
17
16:00

Mesa Comisión investigación dirimir responsabilidades festival marisquiño

Outubro de 2018
Luns
01
11:45
Venres
05
11:30

Comisión de investigación recortes e privatización do sistema sanitario

Setembro de 2018
Xoves
27
12:30