saltar ao contido

Daniel Pérez López

Nacemento: Erbecedo (Coristanco) - 1977

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña
Contacto:

Biografía:

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, desenvolve a súa carreira profesional como avogado laboralista, o que lle permite, ademais de ter un contacto directo cos traballadores e traballadoras, unha visión moi precisa da realidade do mundo laboral en Galiza. A súa defensa do dereito a un traballo digno é unha mostra do compromiso que ten co país dende mozo. Formou parte de Galiza Nova e foi concelleiro do BNG en Carballo, onde reside xunto á súa familia entre 2011 e 2019, con responsabilidades de goberno nas áreas de Mocidade e Normalización Lingüística.

Moi vinculado ao mundo da cultura, sobre todo a través da organización de festivais de música, unha das súas paixóns, e tamén ao deporte. Afeccionado ao running e practicante habitual de surf, o mar é un dos seus medios naturais.

Imaxe de Daniel Pérez López

Grupo Bloque Nacionalista Galego

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Maio de 2023
Martes
09
10:00
Mércores
10
10:00
Martes
30
10:00
Mércores
31
10:00

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Maio de 2023
Venres
12
10:30
saltar ao pe de páxina