saltar ao contido

Fabiola García Martínez

Nacemento: Ribeira - 1985

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña
Contacto:

Biografía:

É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde setembro de 2018 desempeña o cargo de conselleira de Política Social na Xunta de Galicia.

Previamente, desde decembro de 2016 ata o seu nomeamento como conselleira de Política Social, exerceu como directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade nesta mesma consellaría.

Desde xuño de 2015 ata decembro de 2016 foi primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira, ademais de concelleira delegada de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Promoción e Dinamización Económica e Cultural.

Ao longo da súa carreira profesional formou parte dos gabinetes das consellarías de Facenda, de Economía e Industria e de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Con anterioridade, traballou en prácticas no departamento de Dereito Fiscal dun despacho de avogados. Como formación complementaria, ten o máster en Dereito Empresarial polo Centro de Estudios Garrigues e o diploma en EAP (English for Academic Purposes) pola University College London.

Imaxe de Fabiola García Martínez

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Novembro de 2020
Martes
10
10:00
Mércores
11
10:00
Martes
24
10:00
Mércores
25
10:00
saltar ao pe de páxina