saltar ao contido

Lexisla con Nós

Proposición de lei do imposto sobre as bolsas de plástico dun só uso en Galicia

Proposición de lei do imposto sobre as bolsas de plástico dun só uso en Galicia. (10/PPL-000018)

Opinións

1 - Escrito por Gamela o 27/04/2018 23:37

Os 10 céntimos de euro por cada bolsa de plástico subministrada (ou os 15 céntimos do exercicio 2020) deberan adicarse exclusivamente a proxectos de limpeza de costas e areais que eliminen anualmente os plásticos das nosas augas territorias (mares e ríos). Non é de xustiza aboar este imposto para que termine subvencionando empresas cuxos embalaxes son redundantes e excesivos de xeito que sexa a pobación quen pague dúas veces mentras as empresas embolsan alegremente o esforzo fiscal dos que non son quen de xerar plusvalías coas mercadorías finais. Semella que os partidos políticos descobriron as Minas do Rei Salomón cando incrementaron os impostos do tabaco e do alcohol para gastalos en calquera cousa menos na Saúde dos consumidores ! ¿O mesmo imos facer co plástico?

2 - Escrito por David Lubián o 02/07/2018 15:20

Y porque no directamente se prohíbe su uso o se obliga a los comercios a que únicamente puedan expedir bolsas de papel o de materiales biodegradables.

3 - Escrito por BEATRIZ NOVO o 30/11/2018 18:37

As Directrices de técnica normativa xorden en aras de garantir o principio constitucional de seguridade xurídica, traducíndose isto no emprego dunha linguaxe apropiada e unha elaboración sistemática e homoxénea das correspondentes disposicións para a mellor comprensión por parte das persoas destinatarias. O conxunto de Directrices recóllese no Acordo do Consello de Ministros, de 22 de Xullo de 2005 e no Acordo de 30 de Outubro de 2014, do Consello da Xunta de Galicia. O presente análise ten por obxecto o estudo da técnica normativa da Proposición de lei do Imposto sobre bolsas de plástico dun só uso en Galicia. Dita lei sinala que ten por finalidade a protección medioambiental en Galicia que para acadar se proxecta na creación dun novo tributo. Porén cabe analizar a competencia da CA de Galicia en base, por un lado a potestade tributaria da CA e por outro, a capacidade para atender a finalidade de protección medioambiental que con dita lei se persigue. Así pois, a CA de Galicia goza de potestade tributaria que emana dos artigos 133, 156 e 157 da Constitución de 1978 e do artigo 44 do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Potestade tributaria que se exerce a través da creación dun novo tributo de carácter parafiscal gozando do mesmo xeito de competencia en materia de protección do medio ambiente atribuídas polo seu Estatuto de Autonomía. Entrando de cheo a valorar as directrices de técnica normativa, comezamos analizando a estrutura que se divide nas seguintes partes: título da disposición, parte expositiva, parte dispositiva que está composta polo articulado e a parte final, e de existir, os anexos. O obxecto desta lei é a creación dun imposto de bolsas de plástico dun so uso na CA de Galicia. Comezando polo título, este forma parte do texto e permite a súa identificación. Denominase “Proposición de lei” facendo así referencia ao tipo de disposición, acompañado do nome que indica o obxecto da disposición, cumprindo cas esixencias de técnica normativa. En canto a parte expositiva a súa función é a de describir o contido da disposición, indicando o seu obxecto e finalidade. Neste caso concreto denominase “Exposición de motivos”, nas disposicións que non sexan anteproxectos de lei non se titulará a parte expositiva, figurando aquí os seus antecedentes. A parte dispositiva ordenarase adoptando a estrutura de: disposicións xerais, parte substantiva, parte procedemental, parte final e anexos. A unidade básica de toda disposición normativa é o artigo, a presente proposición de lei consta de catorce artigos. En canto a redacción dos artigos, estes son numerados con cardinais arábigos, dende o 1 ata o 14, aparecendo o contido na liña inferior a do seu título, en minúsculas salvo a maiúscula inicial e as que procedan ortograficamente. Recorrese a división do artigo en números en caso de que haxa mais de un parágrafo, que son escritos correctamente en cardinais arábigos, que se empregan para introducir especificacións respecto a idea central. A continuación, realízase unha subdivisión en letras minúsculas ordenadas alfabeticamente e seguidas do signo de paréntese posterior. Polo que os criterios orientadores básicos son respectados cumprindo así cas esixencias de técnica normativa. Sen embargo, cabe facer referencia a expresión “a dita orde poderá establecer” contemplada no artigo 13 apartado 3, xa que o emprego de expresións de posibilidade deberá evitarse debido a que introduce incerteza á hora de interpretar e aplicar a norma en cuestión. A parte final das normas poderá dividirse nas seguintes clases de disposicións: disposicións adicionais, disposicións transitorias, disposicións derrogatorias, disposicións derradeiras. En canto as disposicións adicionais, escribirase o tipo de disposición en minúscula, salvo a primeira en maiúscula, seguido do ordinal en letra, seguido dun punto e un espazo. Despois figurará o título da disposición en cursiva e con minúsculas, salvo a maiúscula inicial e as que procedan ortograficamente, e sen punto ao final. Todos estes aspectos son respectados na proposición de lei a analizar. Cabe sinalar, que a proposición de lei, consta de dúas disposicións adicionais con ordinais femininos en letra co seu correspondente título. En canto as disposición transitoria, estas delimítanse de forma precisa a aplicación temporal e material das disposición. Neste caso concreto delimitase a concretar dende cando e ata cando abarca o período impositivo. Polo que respecta as disposicións derrogatorias, conterán unicamente as cláusulas de derrogación do dereito vixente, dispoñendo así na comentada proposición de lei que quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao previsto nesta lei ou a contradigan. Facendo fincapé agora nas disposicións derradeiras, estas incluirán un conxunto de aspectos, pero cinxíndonos ao análise que corresponde, dita Proposición consta dunha disposición derradeira primeira e dunha disposición derradeira segunda. As disposicións deben seguir un orde que se respecta no caso concreto, incluíndo polo tanto no apartado 1 da disposición derradeira primeira un mandato dirixido ao desenvolvemento regulamentario da aplicación, e no apartado 2, cando se levará a efecto dito desenvolvemento regulamentario citando así “levarase a efecto no prazo máximo de dous meses dende a súa entrada en vigor”, evitando ser xenérica e concretando cando se producirá o desenvolvemento regulamentario ao establecer un prazo máximo. Seguindo o orde establecido para o contido, na disposición derradeira segunda dispón a entrada en vigor da lei. Así cita textualmente “Esta lei entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.” Se acudimos as Directrices de técnica normativa vemos como se di que se fixará por referencia á publicación cando a nova disposición deba entrar en vigor de forma inmediata e a fórmula correcta é «entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación» e non «ao día seguinte da súa publicación». Atendendo aos criterios que se deben seguir para proceder as cita de normas, estas deberán realizarse de forma e modo completa e sinala que se poderá abreviar nas demais ocasións ao longo do articulado. Mais ben na presente análise compre facer referencia ao artigo 5 da proposición de lei que dispón, “o artigo 36 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria”. Respectando neste caso os criterios ortográficos de que a data da disposición como o seu nome deben escribirse entre comas. Seguidamente no artigo 8 cita “no artigo 53 da Lei xeral tributaria” Así se atendemos ao Acordo de 30 de Outubro de 2014 do Consello da Xunta, destaca que se poderá abreviar nas demais ocasións mais compre sinalar o tipo, o número e o ano, se for o caso, e a data. En canto aos erros ortográficos, na disposición no artigo 11 apartado 2, vemos como se incumpre co deber de comezar con letra maiúscula, respectando entre eles a separación con puntos e a parte. Polo que respecta aos criterios lingüísticos, as disposicións deben ser redactadas de modo claro, sinxelo e preciso, empregando un repertorio léxico común. A disposición recolle a definición do que debe entenderse por bolsa de plástico evitando así posteriores aclaración entre parénteses. Non menos importante dentro destas directrices é a esixencia dunha linguaxe non sexista e discriminatoria en cumprimento do previsto no artigo 14 da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e dos artigos 17 e 18 da Lei 7/2004, de 16 de Xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, cumpríndose co principio de igualdade de sexos. Ao longo do análise vemos como se trata dunha disposición que cumpre as esixencias de técnica normativa, mais si que se sinalan cuestións puntuais que sen embargo non afectarían a comprensión por parte da cidadanía nin suporía un quebrantamento do principio de seguridade xurídica.

Engadir unha opinion

Cubra os campos do formulario e prema no botón enviar.

Os campos con * son obrigatorios.

Últimas opinións

saltar ao pe de páxina