Lexisla con Nós

Proposición de lei de modificación da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia

Proposición de lei de modificación da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia. (10/PPL-000026)

Opinións

1 - Escrito por Pedro Alonso Mato o 07/01/2019 17:19

Estas directrices da técnica normativa xorden co gallo de intentar garantir e dar un maior impulso o principio recollido na nosa Carta Magna, que é o principio de seguridade xurídica , desembocando en buscar con todo iso a utilización dunha linguaxe que se dote de rigor e sexa apropiada é unha elaboración sistemática e homoxénea para facilitarlle aos posibles destinatarios un maior grado de comprensión da mesma. O elenco de directrices está recollido no Acordo do Consello de Ministros do 22 de Xullo do 2005 e tamén no acordo do 30 de Outubro de 2014 do Consello da Xunta de Galiza. O análise que se vai a facer de maneira pormenorizada ten por obxecto a proposta de modificación de lei de portos de Galicia, Neste caso sería a lei 6/2017 , é un dos motivos nos que se escudan para levar a cabo a proposta de modificación de dita lei son as elevadas taxas que os concellos están obrigadas a abonar a Portos de Galicia. Por outra banda, cabe destacar que a CA de Galicia adquiriu dita competencia no ano 1981 ao abeiro do disposto no artigo 28 no apartado sexto alude a competencia en materia de portos pesqueiros. da lei 1/1981 do 6 de Abril do Estatuto de Autonomía de Galicia. Centrándonos xa no análise propiamente dito, a Proposta de modificación de lei cumpre cos requisitos establecidos no artigo 122 do Regulamento da cámara. Posteriormente dándolle traslado a Xunta para a emisión dun informe recollido no Decreto lexislativo 2/2015 por medio do cal se aproba texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia. Porén , o primeiro que hai que facer para comezar co análise da técnica normativa e céntranos na súa división e contido, e requisito necesario que toda proposición de lei teña o seguinte contido: titulo da disposición, parte expositiva e parte dispositiva, na cal se atopan os articulado , a parte final e os anexos (no caso de que os haxa), cumprindo pola tanto esta proposición con este criterio , xa que a estrutura da lei comeza co título da proposición, despois viría a parte expositiva , despois a parte dispositiva a cal contén o articulado, neste caso dotase dun artigo único con catro apartados coas modificacións que se propoñen na lei. A continuación estaría a parte final, a cal solo ten unha disposición final derradeira (entrada en vigor), o título forma parte da disposición, e facilita a súa identificación, por tratarse dunha modificación , o nome indica este carácter explicitamente. (proposición de modificación da lei 6/2017 de lei de Portos de Galicia). A continuación xa facendo fincapé na exposición de motivos, no texto aparece en maiúsculas, como EXPOSICIÓN DE MOTIVOS, non é necesario a inserción de ningún título nas proposicións de lei para esta parte tal e como establecen as directrices da técnica normativa, Esta proposta de modificación fai un resumo sobre o contido mínimo da lei , facendo fincapé nas taxas pola realización de actividades lúdicas e de índole festivo, teñen a obriga de sufragar unha serie de taxas. Un dos obxectivos desta lei e a transferencia das zonas portuarias, sempre que os concellos o soliciten.ao final da proposición aparece unha lista dos antecedentes históricos lexislativos, , esta lista sería mellor recollela na parte expositiva. Xa que a función de esta e describir o cometido da norma. No tócante a parte dispositiva da lei, esta proposta de modificación da lei 6/2017 do 12 de Decembro a unidade básica da mesma e o articulado e nesta lei só hai un artigo único con varias propostas de modificación da mesma, as cales versan sobre os seguintes aspectos: -creación dun novo capitulo 1 bis que terá un único artigo 27 cuxo texto reza sobre a creación dun órgano de coordinación portuaria municipal. Dous: o apartado 5 do artigo 56 , o que se modifica e a redacción do mesmo. Terceiro: crease un novo artigo 65 bis, excluíndose polo tanto o eido de aplicación de esta sección Cuarto: creación dunha nova disposición adicional oitava. Xa que se trata dunha nova disposición que se crea por primeira vez, esta debería ir despois da sétima , o titulo da mesma será o Artigo da mesma ca A en maiúscula, e as maiúsculas que deban poñerse por referencia ortográfica, despois o número da disposición adicional , neste caso oitava, escrito en letras , e de seguido a rúbrica da mesma cas maiúsculas que procedan polas normas ortográficas, salvo a letra inicial do título da mesma. Os artigos están escritos en letra , e dicir o número escribe en letras, sen necesidade de escribir o número , a palabra Artigo vai escrita a primeira letra en maiúscula o resto da palabra irá escrito en letra minúscula. , o titulo do artigo debe estar escrito nun tipo de letra cursiva, en minúscula a excepción da primeira letra que se escribirá en maiúscula. O que se pretende evitar e que o texto marco se confunda co contido do texto. A continuación toca analizar a disposición derradeira primeira, (entrada en vigor) , o título forma parte do texto e facilita a identificación da mesma, neste caso non hai que seguir ningún orde xa que esta proposta só consta de unha única disposición derradeira. De acordo ca fórmula da técnica normativa neste caso atopamos un erro na disposición derradeira primeira xa que a mesma di; que a presente lei entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación namentres a fórmula que impón a técnica normativa sería: entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación. Polo tanto o disposto na disposición derradeira non se axusta ao que esixe a técnica normativa. No tócante , ao emprego da linguaxe, utilizase unha linguaxe culta, xa que nos atopamos ante un tema de importancia, pero dito linguaxe non dificulta a cidadanía a súa comprensión da mesma, tamén se pode deber isto a coherencia da que se compón o texto.

Engadir unha opinion

Cubra os campos do formulario e prema no botón enviar.

Os campos con * son obrigatorios.

Últimas opinións