O presidente do Parlamento agradece a sinatura do Pacto Galego pola Infancia que busca converter os dereitos dos nenos nun obxectivo prioritario

Pacto 08/04/2019

• Os catro grupos parlamentarios da Cámara galega e UNICEF Comité Galicia asinaron este mediodía o Pacto Galego pola Infancia
 
Santiago, 8  de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía a sinatura do Pacto Galego pola Infancia, rubricado polo catro grupos políticos con representación parlamentaria e UNICEF Comité Galicia. 
Na clausura do acto, o presidente do Parlamento agradeceu a UNICEF Comité Galicia e catro grupos parlamentarios a súa implicación para conseguir rubricar o documento e converter os dereitos da infancia nun obxectivo prioritario. Vinculou tamén a sinatura deste acordo coa aposta por un “Parlamento máis aberto” que está a impulsar desde a a Presidencia da Cámara.
O titular do Executivo galego apuntou que actos deste tipo resultan reconfortantes porque evidencian a capacidade dos grupos parlamentarios para acadar consensos en asuntos tan ambiciosos como os intereses da infancia.  Amosouse convencido de que “a moita xente lle gustaría” que se podan repetir fotos deste tipo no futuro e fixo votos para que se poda formalizar un Pacto de Estado pola Infancia.
 

Participación infantil
 
Entre os obxectivos recollidos no Pacto Galego pola Infancia asinado hoxe figura o exercicio da participación infantil, obxectivo co que o Parlamento de Galicia leva anos implicado e materializa a través de sesións plenarias infantís de carácter periódico e organizadas coa colaboración de UNICEF Comité Galicia e de outras entidades que traballan no ámbito da infancia e a adolescencia en Galicia. Santalices valorou que un dos obxectivos do pacto pase por reducir a obesidade e o sobrepeso infantil na Comunidade.
 

Imaxes relacionadas