saltar ao contido

Visitas guiadas

Video en lingua de signos de visitas guiadas

Visitar o Parlamento de Galicia é o mellor xeito de coñecer o labor que desempeñan as deputadas e deputados como representantes do pobo galego.

Durante este percorrido de 1 hora de duración, os grupos aprenderán sobre as funcións, a organización e a historia da institución da man dos nosos guías; accederán ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis ou o hemiciclo; visitarán as salas onde acontece a actividade institucional diaria e, os días de sesión plenaria, poderán asistir a parte desta desde a tribuna do público.

Ademais, co obxectivo de facilitar o traslado ata Santiago de Compostela, Renfe e o Parlamento de Galicia ofrecen descontos do 40 % a grupos organizados que viaxen en tren para visitaren a sede lexislativa galega.

Poden consultar a operativa aplicable no seguinte enlace:

Cubre o seguinte formulario, concerta a túa visita e ven visitarnos.

Solicitude de visita

DATOS DA ENTIDADE
DATOS DOS PARTICIPANTES
Nivel do grupo

*Visitas individuais ou en grupos de conviventes de ata 4 persoas.

*Se algún participante presenta necesidades específicas de apoio, indíqueo no campo Observacións. En caso afirmativo, o Parlamento de Galicia poñerase en contacto co centro para ofrecer as medidas dispoñibles para facilitar a accesibilidade aos participantes.

DATOS DOS/AS RESPONSABLES DO GRUPO OU PROFESORES NO CASO DE COLEXIOS
DATAS DE PREFERENCIA PARA AS VISITAS GUIADAS

Debe cumprimentar as 3 datas obrigatoriamente, ou o formulario non será enviado.

OBSERVACIÓNS
saltar ao pe de páxina