Declaración institucional do Parlamento de Galicia en defensa do ceo nocturno


O Parlamento de Galicia asume na súa integridade a Declaración sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito á luz das estrelas (Declaración de La Palma, 2007), e de maneira explícita recolle algunhas das súas ideas fundamentais:
 
1. O dereito a un ceo nocturno non contaminado que permita gozar da contemplación do firmamento debe considerarse un dereito inalienable da Humanidade, equiparable ao resto dos dereitos ambientais, sociais e culturais.
 
2. A difusión da astronomía e dos valores científicos e culturais asociados deberán considerarse contidos básicos a tratar na actividade educativa.
 
3. É imprescindible o control da contaminación luminosa en todo o territorio galego dado o impacto que xera sobre moitas especies, hábitats, ecosistemas e paisaxes. Deberá promoverse e exixirse o uso racional da iluminación artificial para minimizar o resplandor que provoca no ceo e evitar a nociva intrusión de luz sobre os seres humanos e o medio natural.
 
4. Os lugares que presenten condicións excepcionais para a contemplación do ceo, e en particular aqueles máis aptos para a observación con fins científicos, serán obxecto dunha protección especial.
 
5. Deberá fomentarse o turismo responsable e sustentable que faga da paisaxe nocturna un recurso que debemos protexer e poñer en valor.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MÉRCORES 28
xuño de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
<< maio| xullo >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 28/06/2017

  • 10:30Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas
    Orde do día Documentación
  • 11:00Mesa da Comisión 4.ª, Educación e Cultura
    Orde do día
  • 11:15Mesa da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
    Orde do día
  • 11:30Mesa da Comisión non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade e elaboración de novas propostas a prol da integración das persoas con discapacidade
    Orde do día
  • 12:00Mesa da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes
    Orde do día

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408