Actualidade Parlamentaria do Parlamento de Galicia
Noticias do Parlamento de Galicia
2019-10-19T05:49:21Z http://www.parlamentodegalicia.gal/sitios/web/Contenidogal/rss/AnunciosRss.aspx Copyright (c) Parlamento de Galicia Sharepoint generator Parlamento de Galicia webmaster@parlamentodegalicia.gal O presidente do Parlamento contacta coas entidades galegas de Cataluña para interesarse pola situación dos socios

 

Santiago, 18 de setembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, contactou durante a xornada deste venres con diferentes entidades galegas de Cataluña para interesarse pola situación da colonia galega asentada nesta Comunidade.
 
Nas diferentes conversas, Santalices trasladou aos responsables dos centros o seu apoio e solidariedade.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-18T17:13:00Z 2019-10-18T17:13:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3003/
Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, na reunión celebrada o 18 de outubro de 2019

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 18 de outubro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

Procedementos de elección, designación e proposta  nomeamento

Elección membros da Mesa

Elección de secretario/secretaria

- 56470 (10/CEEM-000048)

Comisión 4ª, Educación e Cultura

Elección de Secretario/Secretaria da Mesa da Comisión

Dona María de los Ángeles Cuña Bóveda, do G.P. Grupo Común da Esquerda (GCE)

 

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2019

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-18T13:37:00Z 2019-10-18T13:46:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3002/
Acordos da Comisión 2ª. Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 17 de outubro de 2019


A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 17 de outubro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de natureza normativa
 
Proxecto de lei
 
Designación da Ponencia
 
- 52558 (10/PL-000017)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario
BOPG n.º 507, do 18.07.2019
 
G.P. Popular de Galicia (P):
D. Gonzalo Trenor López (titular)
D. Martín Fernández Prado (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia(S):
D. Luis Manuel Álvarez Martínez (titular)
D.ª Patricia Vilán Lorenzo (suplente)
 
G.P. Grupo Común da Esquerda (CGE):
D. Marcos Cal Ogando (titular)
D. Antón Sáchez García(suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG):
D. Xosé Luis Bará Torres(titular)
D.ª Montserrat Prado Cores (suplente)
 
G.P. Mixto (M):
D. David Rodríguez Estévez (titular)
D. Luis Villares Naveira (suplente)

Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 52004 (10/PNC-004157)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a actualización e o desenvolvemento normativo da Lei 10/2003, do 26 de decembro, sobre o acceso ao contorno das persoas con discapacidade acompañadas de cans de asistencia
BOPG n.º 498, do 04.07.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Proceder, antes do remate da lexislatura, ao desenvolvemento normativo en materia de acceso á contorna das persoas con discapacidade acompañadas de cans de asistencia, abrindo ao efecto un procedemento participativo de cara a ese desenvolvemento.
 
2.- Promover campañas informativas, divulgativas e educativas relacionadas cos beneficios, dereitos e obrigas no uso de cans de asistencia e dirixidas especialmente aos centros de ensino e a sectores como hostalería, comercio, transporte e servizos públicos".
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 55693 (10/PNC-004429)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa peaxe da A-9 en Redondela, así como as obras compensatorias acordadas entre o Ministerio de Fomento e o Concello
BOPG n.º 538, do 27.09.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España solicitando a eliminación inmediata da peaxe de Redondela, dando cumprimento ao acordo unánime tomado polo pleno do Parlamento de Galicia e ao compromiso asumido polo Goberno de Mariano Rajoy, así como a execución das obras compensatorias acordadas entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Redondela".

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-17T16:09:00Z 2019-10-18T12:02:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3001/
Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior. celebrada o 16 de outubro de 2019

 
A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 16 de outubro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 53820 (10/PNC-004287)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Parlamento de Galicia para solicitar do Goberno do Estado as modificacións lexislativas necesarias para potenciar o papel do procurador como colaborador da Administración de xustiza
BOPG n.º 522, do 30.08.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 8 votos a favor, 0 votos en contra e 4 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado a levar a cabo as modificacións lexislativas necesarias para potenciar o papel do procurador como colaborador da Administración de xustiza, tamén na fase de execución das resolución xudiciais, coa realización de actos de cooperación acorde coas fórmulas empregadas no Dereito Europeo e coa finalidade de axilización dos procedementos xudiciais.”

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-16T14:24:00Z 2019-10-16T14:25:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3000/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 22 de outubro de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de outubro de 2019, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de outubro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección de dous membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (doc. núm. 55555)
 
Punto 2. Informe anual do Valedor do Pobo
correspondente ao ano 2018 (doc. núm. 56746, 10/IVAL000003)
 
Punto 3. Textos lexislativos
 
3.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia (doc. núm. 53521, 10/PL-000018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 522, do 30.08.2019
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 537, do 26.09.2019
 
3.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa popular, de medidas para a nova xestión dos saltos e aproveitamentos hidroeléctricos na Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 40064, 10/PPLI-000004)
 Publicación da Proposición de lei, BOPG n.º 405, do 03.01.2019
 
3.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Grupo Común da Esquerda, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (doc. núm. 50476, 10/PPL-000041)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 482, do 04.06.2019
 
3.4 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Mixto, de reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia (doc. núm. 52134, 10/PPLR-000004)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 511, do 26.07.2019
 Publicación da corrección de erros, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
Punto 4. Comparecencia
 

 57553 (10/CPP-000111)
 Da Sra. conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, por petición propia, para informar do inicio do curso 2019-2020 no ensino non universitario de Galicia
 
Punto 5. Mocións
 
5.1 57470 (10/MOC-000158)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Torregrosa Sañudo, Julia e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en materia de emprego. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 52893, publicada no BOPG n.º 512, do 29.07.2019, e debatida na sesión plenaria do 08.10.2019)
 
5.2 57471 (10/MOC-000159)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar as actuais condicións laborais no sector do telemarketing, así como para evitar a deslocalización e a perda de postos de traballo. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 52802, publicada no BOPG n.º 512, do 29.07.2019, e debatida na sesión plenaria do 08.10.2019)
 
5.3 57484 (10/MOC-000160)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir unha atención sanitaria de calidade á poboación adscrita a Povisa. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 52785, publicada no BOPG n.º 512, do 29.07.2019, e debatida na sesión plenaria do 08.10.2019)
 
5.4 57485 (10/MOC-000161)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa oferta de solo empresarial e a implantación e fixación de empresas en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 49605, publicada no BOPG n.º 476, do 14.05.2019, e debatida na sesión plenaria do 08.10.2019)
 
Punto 6. Proposicións non de lei
 
6.1 31104 (10/PNP-002308)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Lago Peñas, José Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación co déficit que presentan as contas da Seguridade Social desde o ano 2011 entre os ingresos por cotizacións e o pagamento de pensións e outras prestacións ao seu cargo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 309, do 23.05.2018
 
6.2 46906 (10/PNP-003523)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 7 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas peaxes e as obras executadas e comprometidas na autoestrada AP-9, así como a súa conexión coa Vía Ártabra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
 
6.3 53890 (10/PNP-003992)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para elaborar un plan sectorial eólico e as medidas que debe adoptar ata o momento no que se aprobe
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
6.4 54399 (10/PNP-004024)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa débeda contraída con Galicia, a normativa sobre estabilidade financeira e a reforma constitucional do ano 2011 que a sustenta, así como a negociación dun novo modelo de financiamento autonómico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 524, do 04.09.2019
 
6.5 56424 (10/PNP-004169)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Casal Vidal, Francisco e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o desenvolvemento do Mapa de transición sostible de Galicia (CLEW-Galicia)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 540, do 02.10.2019
 
6.6 56842 (10/PNP-004199)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
 Sobre a activación pola Xunta de Galicia, en coordinación co Goberno central, dos plans de continxencia para o Brexit nos ámbitos da súa competencia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
6.7 56882 (10/PNP-004202)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa decisión de Endesa de impulsar a descontinuidade da produción na central térmica das Pontes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
6.8 56912 (10/PNP-004205)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa declaración de emerxencia cinexética respecto do xabaril, anunciada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en trinta e tres concellos de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
6.9 57089 (10/PNP-004219)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 14 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa política enerxética que está a seguir, a adopción de medidas para garantir o funcionamento da central térmica das Pontes de García Rodríguez ata o ano 2045 e a posta en marcha da Estratexia de transición xusta de Galicia.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
Punto 7. Interpelacións

 
7.1 55463 (10/INT-001860)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Vázquez Verao, Paula e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co gasto orzamentario en servizos públicos fundamentais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
7.2 56887 (10/INT-001915)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa crise climática
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
7.3 56972 (10/INT-001923)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Santos Queiruga, Carmen e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co déficit de socorristas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
Punto 8. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
8.1 57563 (10/POPX-000167)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para resolver os graves problemas que afronta Galicia
 
8.2 57583 (10/POPX-000168)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para a rectificación dos recortes e privatizacións que están a afectar a vida e a saúde das persoas
 
8.3 57584 (10/POPX-000169)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para poder situarse na centralidade política á que fai referencia nos seus discursos
 
Punto 9. Preguntas ao Goberno

 
9.1 57571 (10/PUP-000272)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 7 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego da negativa do Goberno central a transferir a totalidade dos 700 millón de euros que adebeda a Galicia
 
9.2 57547 (10/PUP-000270)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Jove González, Xan Xosé
 Sobre as razóns da demora da Xunta de Galicia na resolución dos expedientes para a declaración como espazo natural de interese local as illas de San Pedro e o contorno da Torre de Hércules
 
9.3 54848 (10/PUP-000262)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vega Pérez, Daniel e 7 máis
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia diante do Goberno central para o mantemento da actividade da industria electrointensiva, en especial, a da planta de Alcoa en San Cibrao
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 524, do 04.09.2019
 
9.4 55814 (10/POP-006616)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máis
 Sobre a avaliación que fai a Xunta de Galicia respecto da venda da sociedade Ferroatlántica SAU
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 538, do 27.09.2019
 
9.5 56723 (10/PUP-000267)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Casal Vidal, Francisco e 3 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da posta en marcha dun grupo de traballo para o desenvolvemento do Mapa de transición sostible de Galicia (CLEW-Galicia), e a súa aplicación concreta na hipercomarca das Pontes-Ferrolterra-Eume-Ortegal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 540, do 02.10.2019 
 
9.6 56927 (10/POP-006742)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da suficiencia das súas actuacións respecto da crise xerada nas Pontes polo anuncio de peche anticipado da central térmica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
9.7 57550 (10/PUP-000271)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da situación actual do estaleiro Barreras de Vigo
 
9.8 54101 (10/POP-006430)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a situación do persoal traballador da cociña do Complexo Hospitalario de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
9.9 56758 (10/POP-006721)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
 Sobre a oferta de prazas MIR para o ano 2020 en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
9.10 52278 (10/POP-006098)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Quinteiro Araújo, Paula e Solla Fernández, Eva
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto das ratios de persoal existentes nas residencias de persoas maiores
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 509, do 22.07.2019
 
9.11 56000 (10/POP-006633)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Rodríguez Estévez, David e 3 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da adopción de medidas para mellorar as cotas de participación feminina nas organizacións agrarias e gandeiras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 538, do 27.09.2019
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 22 de outubro  de 2019
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-15T18:38:00Z 2019-10-15T18:39:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2999/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 11 de outubro de 2019

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 11 de outubro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 49352 (10/PNC-003996)
Grupo Parlamentario de En Marea
Miranda Pena, Flora María e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da modificación do acordo de pesca entre España en Portugal, co fin de prohibir a actividade das frotas española e portuguesa en augas de ambos os dous países nas fins de semana
BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para demandar una modificación do acordo sobre condicións do exercicio da actividade das frotas española e portuguesa nas augas de ambos países entre o Reino de España e a República Portuguesa, de forma que se prohiba a pesca en fin de semana para todas as artes e modalidades afectadas polo acordo."
 
- 55226 (10/PNC-004388)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa determinación para o ano 2019 dos topes de captura da anchoa para as zonas VIIIc e IXa
BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
Sométese a votación separada por puntos da iniciativa e resulta aprobada sen modificacións:
 
Punto primeiro,  aprobado por 8 votos a favor, 2 en contra e 1 abstención
Punto segundo, aprobado por 7 votos a favor, 2 en contra e 2 abstencións
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno central que:
1. Considere a petición dunha posible separación do stock sur da anchoa na zona IXa
2. Demande a determinación dunha flexibilidade, canto menos do 25% nas zonas de confluencia entre a zona VIIIc e IXa."

- 55312 (10/PNC-004396)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co ditame emitido polo Consello Galego de Pesca en relación coa Proposta de regulamento do Parlamento e do Consello Europeo para o novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dinfundir e defender o ditame aprobado no Consello Galego de Pesca en relación coa "Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e polo que se derroga o Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello", sí como facer partícipe del ao Goberno central, para que os seus representantes poidan facer valer os argumentos sinalados polo sector pesqueiro galego."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 56325 (10/PNC-004475)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a reapertura do Centro de Formación A Aixola, xestionado polo Centro Tecnolóxico do Mar
BOPG n.º 540, do 02.10.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reabrir o centro de formación Aixola coa oferta formativa axeitada. Para tal fin, continuará a realizar as xestións necesarias para a contratación do persoal docente e para a inscrición das persoas interesadas en facer os cursos, co obxectivo de que se reanuden as actividades o antes posible."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-14T10:46:00Z 2019-10-14T10:48:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2998/
O Parlamento de Galicia incorpora videointerpretación en lingua de signos aos principais contidos da súa web

• A medida responde ás suxestións efectuadas por colectivos de persoas xordas e forma parte da aposta da Cámara pola integración das persoas con discapacidade

Santiago, 12 de outubro de 2019.- O Parlamento de Galicia vén de incorporar á súa páxina web pezas de vídeo con interpretación en lingua de signos para facilitar a difusión dos principais contidos entre as persoas xordas, especialmente aquelas que podan presentar dificultades de comprensión lectora.
 
A decisión responde ás suxestións efectuadas á Presidencia da Cámara por algunas organizacións de persoas xordas e forma parte da aposta da institución por buscar a integración e achegarse ás persoas con algún tipo de discapacidade.
Nos últimos anos, o Parlamento de Galicia efectuou unha convocatoria específica dirixida a persoas con discapacidade intelectual, convocou unha bolsa de formación reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% co fin de contribuír á súa integración laboral e asinou convenios de colaboración con diferentes organizacións que operan neste ámbito para impulsar a inserción e a concienciación social.
 
O Parlamento de Galicia tamén está a ultimar un proxecto para dotar o edificio de sinalética orientada a persoas con trastorno do espectro autista. Ademais, e como o propio presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices, anunciou nunha xornada de sensibilización en materia de barreiras arquitectónicas  impulsada por COGAMI, o Parlamento de Galicia priorizará a mellora da accesibilidade á súa sede no marco do plan director do edificio, que se atopa en fase de redacción.
 
Exemplos de videointerpretación na web do Parlamento de Galicia:
 
http://www.parlamento.gal/Institucion/Sede
 
http://www.parlamento.gal/Institucion/Funcions
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-12T12:26:00Z 2019-10-16T13:37:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2997/
Declaración institucional do Parlamento de Galicia sobre o sistema público de pensións

 
O Parlamento de Galicia considera que o sistema público de pensións é o principal instrumento do benestar e a protección social, tanto en Galicia como no resto do Estado. En primeiro lugar porque dá cobertura, fundamentalmente, ás persoas maiores, aínda que tamén protexe outras continxencias como a incapacidade, a viuvez e a orfandade. En todos os casos, protexe persoas que dificilmente teñen alternativas de ingresos diferentes á pensión; son, polo tanto persoas vulnerables que teñen no sistema público de pensións a garantía de ingresos para levar unha vida digna.
 
En segundo lugar, porque ningún outro sistema de protección dá cobertura a un número tan elevado de persoas, para o que dispón dun orzamento moi superior ao resto de instrumentos de protección social.
 
Xa o é agora e serao máis no futuro inmediato, pois o alongamento da esperanza de vida fai que aumente o número de persoas maiores, especialmente en sociedades como a galega que combinan este proceso cunha regresión demográfica que ten como consecuencia un incremento do peso relativo das persoas maiores.
 
Algunhas cifras o demostran. En Galicia hai 339.459 mulleres e 338.767 homes pensionistas nas diferentes modalidades e réximes. Sumadas, son 678.226 persoas en total, unha cifra que, comparada coa poboación total de Galicia, evidencia a súa extraordinaria relevancia: o 25 % dos 2,7 millóns de persoas que viven no noso país son pensionistas.

Dito doutro xeito, unha de cada catro persoas en Galicia ten na pensión a súa fonte principal de ingresos, de aí o enorme papel de cohesión social que desempeñou o sistema público de pensións na última recesión económica. Un peso económico e social que aínda é maior nas provincias menos desenvolvidas e máis envellecidas, porque en Lugo as persoas pensionistas son o 30 % da poboación total e chegan ata o 31 % en Ourense.
 
O impacto económico das pensións é moi significativo no noso país porque a nómina mensual de pensións en Galicia supera os 637 millóns de euros e, polo tanto, o desembolso do sistema público de pensións é na comunidade autónoma de 9.000 millóns de euros cada ano.
 
O Parlamento de Galicia considera que a defensa do sistema público de pensións ten que ser unha prioridade absoluta para a sociedade galega, coas súas institucións á fronte. Defender o sistema e tamén as persoas, porque coa crise económica se modificaron tanto as condicións de acceso ás pensións como a súa contía.
 
O Parlamento de Galicia estima que o necesario equilibrio financeiro do sistema non pode buscarse reducindo a contía dunhas pensións que, en moitos casos, xa son baixas, especialmente no noso país. En setembro de 2019, a pensión media está en 848 euros ao mes, unha cifra baixa pero que aínda así agocha realidades moi preocupantes, como que a contía da pensión de viuvez sexa de 601 euros ou que a pensión media do réxime de autónomos sexa de 597 euros mensuais.
Son cantidades que non se poden reducir máis, polo que o Parlamento de Galicia opina que o mecanismo de revalorización anual debe garantir que as pensións non perdan poder adquisitivo, tomando o IPC como referencia troncal. Ao tempo que se garante o poder adquisitivo do conxunto do sistema, hai que ir mellorando a contía das pensións mínimas, unha cuestión de especial relevancia para o noso país xa que o 30 % das persoas pensionistas en Galicia cobran complementos de mínimos.
 
O Parlamento de Galicia comparte a idea de que para garantir a sostibilidade do sistema ante os desafíos demográficos é necesario mellorar o seu financiamento a través das cotizacións sociais, pero tamén contando cos orzamentos xerais do Estado.

É fundamental aumentar os ingresos por cotizacións, que son a fonte principal de financiamento do sistema, e para iso cómpre máis e mellor emprego, máis persoas cotizando en empregos estables e con mellores salarios porque así aumentan as bases de cotización e os ingresos da Seguridade Social.
 
O Parlamento de Galicia manifesta o seu compromiso na defensa do sistema público de pensións como principal instrumento para o benestar, a protección e a cohesión social, que debe ser reforzado ante o desafío demográfico ao que se enfronta para poder garantir pensións suficientes que lles aseguren unha vida digna ás persoas que as cobran. 
 
 
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-09T18:13:00Z 2019-10-09T18:14:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2996/
Declaración institucional con motivo do Día Mundial da Arquitectura


 (7 de outubro)

Este ano, no Día Mundial da Arquitectura, o luns 7 de outubro, a Unión Internacional de Arquitectos (UIA), o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia poñen o foco sobre o desafío decisivo que representa a vivenda… para todas e todos.
 
En todo o planeta, máis de mil millóns de persoas viven de xeito precario e sen servizos urbanos e millóns de homes e mulleres, refuxiados e desprazados por conflitos e catástrofes, carecen dun teito de maneira permanente.

En España, a progresiva concentración arredor das grandes cidades e a falla dun parque residencial accesible están encarecendo o prezo da vivenda. Isto dificulta que a xuventude e as familias poidan acceder a unha vivenda que responda ás súas necesidades de forma digna e axeitada, mentres que o mundo rural, tan presente en Galicia, sofre o fenómeno do despoboamento. Os cambios acelerados que vivimos, a urxencia de afrontar a emerxencia climática, reducindo o consumo enerxético dos fogares, e a necesidade de os adecuar aos modos de vida e de traballo actuais e aos requirimentos dunha poboación cada vez máis envellecida, amosan un parque de vivendas que require unha transformación xeneralizada e urxente.
 
Os profesionais da arquitectura dirixen os esforzos a contribuír na resposta colectiva que esixen estes retos:
 
— Fronte ao prezo inalcanzable da vivenda, achegando solucións arquitectónicas eficientes, innovadoras e transversais e estratexias urbanas e territoriais que reequilibren a oferta e a demanda a medio e longo prazo.
 

— Contra o despoboamento, proporcionando planeamento urbano e estratéxico de diferentes escalas e accións de consolidación e renovación urbana en cada concello. E impulsando e contribuíndo á renovación e adecuación do parque de vivendas edificado para garantir a súa calidade e para que atenda unhas necesidades habitacionais actuais e futuras moi diferentes das que existían cando se construíu.
 
Por todo isto, os arquitectos de Galicia creen necesario dar un salto adiante. Un paso que implique todos os axentes involucrados, colexios profesionais, institucións locais, provinciais e   autonómicas, e, por suposto, toda a sociedade galega. Para que entre todos poidamos poñer freo ás situacións coas que moitas veces nos atopamos. Traballando xuntos para garantir o dereito ao acceso a unha vivenda digna para todas as persoas. Uns alertando e informando e os outros, facilitando axudas e asistencia.

Porque son moitas as vivendas que seguen a carecer de auga quente, moitas delas propiedade de persoas maiores e con baixos recursos, outras que carecen de sistema de calefacción ou illamento mínimo e onde residen familias con varios menores a cargo, centos de casuísticas que nos alarman, preocupan e obrigan a comprometernos. Porque non cremos que na sociedade en que vivimos poidamos tolerar que existan tantas vivendas ou construcións que carezan das condicións mínimas de habitabilidade, de seguridade e incluso de estabilidade, infravivendas que no noso territorio son miles.
 
Reduzamos o seu número e garantamos así vivendas dignas e axeitadas, integradas en contornos construídos e medioambientais de calidade, para todas e todos, pero especialmente para as familias e as persoas máis vulnerables de Galicia.
 
Construamos canles coa sociedade.
Construamos dignidade e dereitos.
Construamos vivendas para todas e todos.
 
 
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-09T15:07:00Z 2019-10-09T15:14:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2995/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 9 de outubro de 2019


4.3 52566 (10/PNP-003928)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia destinadas á incorporación no Anteproxecto de lei reguladora dos xogos de Galicia dun artigo no cal se estableza a creación dun observatorio galego de xogos que teña entre as súas funcións elaborar un protocolo de menores en materia de xogo e un informe anual sobre o xogo na comunidade autónoma
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 508, do 19.07.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a adoptar as seguintes medidas:
 
1.- Que no anteproxecto de lei reguladora dos xogos de Galicia se incorpore un artigo no que se estableza a creación dun Observatorio galego de xogos.
 
2.- Que entre as funcións do dito observatorio estean elaborar un protocolo de menores en materia de xogo, así como un informe anual sobre o xogo na nosa Comunidade.
 
3.- Presentar na Cámara, logo dos informes preceptivos, o proxecto de lei do xogo para iniciar o proceso de tramitación parlamentaria da mesma".
 
4.5 55264 (10/PNP-004086)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para garantir a actividade dos centros produtivos e os postos de traballo das factorías de Alcoa en San Cibrao e un marco enerxético estable e competitivo, así como a aprobación dun estatuto de apoio ás empresas electrointensivas.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 528, do 11.09.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a  dirixirse  ao  Goberno de  España para demandarlle:   
 
1º.- Realizar   todas   as   accións   necesarias   encamiñadas   a   garantir   os   centros produtivos e os postos de traballo das factorías de Alcoa en San Cibrao (Cervo). 
 
2º.- Garantir   un   marco   enerxético   estable   e   competitivo   e   aprobar,   de   xeito inmediato,  o  estatuto  de  apoio  ás  empresas  electrointensivas,  no  que  se incorporen  as  alegacións  presentadas  en  conxunto  pola  Xunta  de  Galicia  e  as compañías galegas”.
 
4.6 55437 (10/PNP-004101)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto das supostas irregularidades detectadas pola veciñanza de Sobrado dos Monxes en relación coas balsas de lodos de distinta procedencia existentes nos montes do concello
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:
 
- Proceder á busca, selado e posterior eliminación das balsas clandestinas.
- Transportar os lodos e materiais contidos nas mesmas a unha empresa xestora para o seu tratamento.
 
- Efectuar as analíticas pertinentes dos solos que estiveron recibindo eses lodos coma fertilizantes para saber o seu estado en canto a metais pesados e outras substancias perigosas posibles.
 
- Efectuar as inspeccións debidas á empresa responsable destes lodos, buscar a trazabilidade dos mesmos e contrastar con analíticas o tratamento que se lles deu antes de apareceren nas xa citadas balsas.
 
- Comprobar se os lodos almacenados estaban  tratados correctamente e se para o seu uso coma fertilizante se seguiron as pautas e protocolos que marca a lei”.

4.8 55466 (10/PNP-004106)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Chao Pérez, Luca e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir a actividade naval e os postos de traballo no estaleiro Vulcano, así como para abordar unha política conxunta para o sector
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia a buscar activamente un inversor que garanta a actividade naval e os  postos de traballo no estaleiro”
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-09T15:03:00Z 2019-10-09T15:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2994/
Cúmprense 30 anos da inauguración do Pazo do Hórreo como sede do Parlamento de Galicia

 
• Coa rehabilitación e posta en servizo do Pazo do Hórreo, remataba unha etapa de provisionalidade que obrigou ao Parlamento a ocupar sedes prestadas durante as dúas primeiras lexislaturas
 
Santiago, 9 de outubro de 2019.- Este xoves, 10 de outubro, cúmprense 30 anos da inauguración do pazo do Hórreo como sede do Parlamento de Galicia, feito que a Cámara lembrará aos seus visitantes coa proxección dun vídeo que fai memoria do proceso de adquisición, rehabilitación e posta en servizo da edificación que fora inicialmente proxectada para albergar unha escola de veterinaria. Tamén se amosa documentación da época, como o contrato de adquisición do edificio ao Ministerio de Defensa, o DOG coa publicación do decreto polo que se afecta ao Patrimonio da Comunidade Autónoma o inmoble do denominado “Cuartel de Veterinaria”, ou o Diario de Sesións do primeiro pleno celebrado no Pazo do Hórreo.
 
O 10 de outubro de 1989 tivo lugar a inauguración oficial do Pazo do Hórreo como sede do Parlamento de Galicia, celebración que se fixo coincidir coa última sesión plenaria da segunda lexislatura. Deputados e funcionarios xa traballaban no Pazo do Hórreo desde o mes de marzo anterior, aínda que coas obras sen rematar. O Pazo do Hórreo estreárase como sede parlamentaria coa celebración do primeiro debate sobre o Estado da Autonomía, que comezou o 14 de marzo de 1989.
 
Co traslado da sede do Parlamento ao Pazo do Hórreo remataba unha etapa de provisionalidade que levou a Cámara galega a ocupar anteriormente dúas sedes prestadas: o Pazo de Xelmírez, no que se celebrou a primeira sesión constitutiva, o 19 de decembro de 1981; e o Pazo de Fonseca, sede provisional entre xuño de 1982 e febreiro de 1989.
 
Os antecedentes do edificio
 
O edificio que alberga o Parlamento de Galicia foi deseñado e construído para albergar unha Escola de Veterinaria, máis entre unha e outra etapa atravesou diferentes vicisitudes. Os terreos sobre os que se construiría a sede da Escola de Veterinaria –estudos que se impartían no Colexio de Fonseca desde 1882- foron mercados polo Concello de Santiago en 1903 e cedidos ao Estado. Sumaban unha superficie de 61.544 metros cadrados, nunha ubicación elixida por ser un lugar ventilado, con vertentes opostas ás da cidade de Santiago, axustándose así ás necesidades pedagóxicas e hixiénicas que se precisaban.
 
A primeira pedra da Escola de Veterinaria  e os seus servizos anexos de estación pecuaria e granxa agrícola de experimentación colocouse o 24 de marzo de 1903, nun acto presidido polo deputado Eugenio Montero Ríos, gran impulsor do proxecto, e as obras non rematarían ata 10 anos despois. O proxecto inicial do edificio é de Antonio Bermejo y Arteaga, daquela arquitecto municipal de Santiago de Compostela, que seguiu modelos de escolas francesas. Falecido este, faise cargo do proxecto o tamén arquitecto Arturo Calvo, que modifica algúns aspectos do mesmo e sería tamén o director das obras. 
 
A maiores, entre 1921 e 1924 compartiu sede coa Misión Biolóxica de Galicia e nos seus predios, da man de Cruz Gallástegui, naceu o primeiro millo híbrido de toda Europa.
Desaparecida a Escola de Veterinaria, no ano 1925 formalízase definitivamente a cesión de todo o edificio ao Exército, que o utilizou ata a segunda metade da década dos oitenta.
 
No ano 1986, a Xunta de Galicia mercou o edificio ao Ministerio de Defensa para convertelo en sede oficial do Parlamento de Galicia.
 
Concurso de arquitectura
 
Unha vez adquirido o cuartel, a Mesa do Parlamento de Galicia, presidida por Tomás Pérez Vidal, convocou en 1987  un concurso de ideas para seleccionar o anteproxecto de rehabilitación e adaptación do edificio como sede da Cámara lexislativa galega. Resultou gañador o arquitecto galego Manuel Andrés Reboredo Santos. As obras executáronse axiña e remataron no ano 1989.
 
Pódese ampliar información sobre este e outros aspectos da historia da Cámara galega no seguinte enlace: http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/Trinta_Anos_do_Parlamento_de_Galicia_Web.pdf)
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-09T12:04:00Z 2019-10-09T12:06:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2993/
Visita institucional do presidente do CES ao Parlamento de Galicia

 
 
Santiago, 7 de outubro de 2019.- O presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, efectuou este mediodía unha visita institucional ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, no marco da rolda de encontros protocolarios posteriores á súa toma de posesión.
 
Santalices Vieira felicitou a Agustín Hernández polas novas responsabilidades que acaba de asumir e desexoulle unha xestión exitosa.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-07T12:50:00Z 2019-10-07T12:51:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2992/
O presidente do TSXG efectúa unha visita protocolaria ao Parlamento de Galicia

 
Santiago, 7 de outubro de 2019.- O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, efectuou esta mañá unha visita protocolaria ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo titular do Lexislativo, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
A visita institucional enmárcase na rolda de contactos posteriores á súa toma de posesión como presidente do TSXG. Santalices Vieira trasladoulle os seus desexos de éxito á fronte do alto tribunal galego.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-07T10:20:00Z 2019-10-07T10:40:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2991/
Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 4 de outubro de 2019

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 4 de outubro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 53976 (10/PNC-004297)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre as xestións que debe realizar a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, para avanzar decididamente en todo o relativo á constitución e funcionamento dos montes de varas, así como a regulación do rexistro público correspondente
BOPG n.º 522, do 30.08.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia para que, a través da Consellería de Medio Rural, e antes e que remate o ano 2019, proceda a realizar as xestións oportunas para avanzar decididamente en todo o relativo a constitución e funcionamento dos montes de varas, así como a regulación do rexistro público correspondente”.
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 53044 (10/PNC-004221)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre a modificación dos prazos establecidos nas bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados ás fragas por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal
BOPG n.º 517, do 05.08.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a
 
1.- Promover as modificacións necesarias na Orde de 19 de decembro de 2018 pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados ás fragas por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020 coa finalidade de aprobar as prórrogas daqueles expedientes que o solicitaran ata o día 7 de outubro ou que, por informes complementarios necesarios doutros organismos, aínda non fosen aprobados.
 
2.- Que as próximas convocatorias de ordes de axudas se publiquen como anticipado de gasto e que, co obxectivo de axilizar os diferentes trámites administrativos, se habiliten as fórmulas necesarias para que estean dispoñibles antes do período de alto risco”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-04T14:06:00Z 2019-10-04T14:07:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2990/
Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 4 de outubro de 2019

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 4 de outubro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 54425 (10/PNC-004330)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 6 máis
Sobre a execución pola Xunta de Galicia da reforma integral do CEIP Gregorio Sanz, de Ribadeo
BOPG n.º 524, do 04.09.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a acometer a reforma integral do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-04T13:52:00Z 2019-10-04T13:54:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2989/
Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 2 de outubro de 2019

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 2 de outubro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
- 53086 (10/PNC-004228)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis
Sobre a adopción polo Goberno de Estado das medidas necesarias para impulsar e promover a industria da automoción
BOPG n.º 522, do 30.08.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para:
 
1.-Impulsar,  a  través  da  colaboración  público-privada,  a  execución  da  axenda sectorial da industria da automoción que ten como obxectivo promover un sector competitivo, sustentable e que desenvolva tecnoloxías de propulsión baixas en emisións e vehículos propulsados con enerxías alternativas, en liña co seu compromiso coa mobilidade sustentable, así como o avance cara ao vehículo autónomo e conectado que permita unha condución máis segura e eficiente. Nesta execución Galicia debe ter unha participación, como mínimo, nunha porcentaxe similar á súa contribución á capacidade produtiva do Estado.
 
2.-    Que non se restrinxa ningunha tecnoloxía, de modo directo ou indirecto, especialmente as relacionadas co diésel nin se xere incerteza innecesaria na cidadanía, porque afecta negativamente o mercado, aos investimentos, ao emprego directo e indirecto do sector e xera inseguridade e perda de valor aos compradores recentes de vehículos diésel, a pesar que as evidencias científicas e técnicas demostran que os novos motores diésel producen menos emisións contaminantes e son máis eficientes en termos de emisións de CO2, que vehículos propulsados por outro tipo de combustibles.
 
3.-      Incentivar a substitución de vehículos de máis de dez anos, fomentando o seu cambio por vehículos novos de baixas emisións.
 
4.-    Non incrementar a fiscalidade sobre o diésel en tanto que estamos nun momento de desaceleración na compra de vehículos e polo especial impacto que tería o anuncio feito polo Goberno central na economía de familias e a competitividade das empresas galegas”.

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 54027 (10/PNC-004302)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación coa problemática das traballadoras e traballadores afectados pola deslocalización de servizos de provisión e xestión de rede das empresas de telefonía R Cable e Euskaltel
BOPG n.º 522, do 30.08.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego acorda:
 
1. Expresar, por resolución, o seu apoio ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores das empresas auxiliares que prestan servizos de operación e mantemento de rede e atención ao cliente de R Cable, para que estes servizos continúen a ser prestados desde territorio galego, garantindo ademais que a atención ao cliente se siga dando en galego.
 
2. Instar ao goberno da Xunta de Galicia a dirixirse a R Cable e Euskaltel para que se senten a negociar coas traballadoras e traballadores afectados e se reverta a situación, e, se estas se negasen, revisar a situación destas empresas como provedoras de servizos para a Xunta de Galicia así como asegurar o dereito dos consumidores a ser atendidos en idioma galego.”

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-02T14:26:00Z 2019-10-02T14:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2988/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 8 de outubro de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 8 de outubro de 2019, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 1 de outubro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto lexislativo
 
Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario (doc. núm. 52558, 10/PL-000017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 507, do 18.07.2019
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 536, do 24.09.2019
 
 Punto 1 bis
 
Debate e votación do límite máximo de gasto non financeiro dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, de conformidade co establecido no artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (doc. núm. 56745 e 56976, 10/LGNF-000004)
Publicación no BOPG núm. 542, do 04.10.2019)

 
Punto 2. Comparecencia
 
 56743 (10/CPP-000110)
 Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición propia, para dar conta da grave situación xerada en Galicia ante as políticas do Goberno central que están a provocar o peche das centrais térmicas das Pontes de Meirama e a necesidade dunha transición enerxética xusta
 
Punto 3. Moción
 

 55719 (10/MOC-000157)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a mellora continua do sistema educativo galego. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 53912, publicada no BOPG nº 521, do 29.8.2019, e debatida na sesión plenaria do 10.9.2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 33899 (10/PNP-002566)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre o Plan de normalización da lingua galega na mocidade e as medidas que debe adoptar o Goberno galego en materia de política lingüística entre a poboación infantil
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018

4.2 52240 (10/PNP-003907)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Rodríguez Estévez, David
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa xestión dos xurros e residuos procedentes das explotacións de gandería intensiva que se esta a levar a cabo na comarca da Limia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 502, do 10.07.2019
 
4.3 52566 (10/PNP-003928)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 8 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia destinadas á incorporación no Anteproxecto de lei reguladora dos xogos de Galicia dun artigo no cal se estableza a creación dun observatorio galego de xogos que teña entre as súas funcións elaborar un protocolo de menores en materia de xogo e un informe anual sobre o xogo na comunidade autónoma
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 508, do 19.07.2019
 
4.4 54445 (10/PNP-004031)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María e Porritt Lueiro, María Teresa
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa evolución que presentan os desequilibrios territoriais en Galicia e o despoboamento dalgunhas comarcas, así como a garantía do acceso aos servizos básicos ao conxunto da poboación na totalidade do territorio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 524, do 04.09.2019
 
4.5 55264 (10/PNP-004086)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vega Pérez, Daniel e 13 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para garantir a actividade dos centros produtivos e os postos de traballo das factorías de Alcoa en San Cibrao e un marco enerxético estable e competitivo, así como a aprobación dun estatuto de apoio ás empresas electrointensivas.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 528, do 11.09.2019
 
4.6 55437 (10/PNP-004101)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto das supostas irregularidades detectadas pola veciñanza de Sobrado dos Monxes en relación coas balsas de lodos de distinta procedencia existentes nos montes do concello
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
4.7 55452 (10/PNP-004104)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co custo económico que supón para as familias o inicio do curso escolar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
4.8 55466 (10/PNP-004106)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Chao Pérez, Luca e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir a actividade naval e os postos de traballo no estaleiro Vulcano, así como para abordar unha política conxunta para o sector
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
4.9 55584 (10/PNP-004113)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas prazas de médicos internos residentes habilitadas polo Goberno central para o ano 2020
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 49605 (10/INT-001661)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa oferta de solo empresarial e a implantación e fixación de empresas en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
5.2 52785 (10/INT-001749)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar o Servizo Galego de Saúde en relación co concerto asinado con Povisa para garantir unha atención sanitaria de calidade á poboación que ten adscrita
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 512, do 29.07.2019
 
5.3 52802 (10/INT-001751)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar as actuais condicións laborais no sector do telemarketing, así como para evitar a deslocalización e a perda de postos de traballo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 512, do 29.07.2019
 
5.4 52893 (10/INT-001758)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Torregrosa Sañudo, Julia e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as políticas de emprego que vai poñer en marcha o Goberno galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 512, do 29.07.2019
 
5.5 56086 (10/INT-001882)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co recoñecemento de universidades privadas dentro do Sistema universitario de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 538, do 27.09.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 56658 (10/POPX-000164)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón
 Sobre a política industrial do Goberno galego
 
6.2 56741 (10/POPX-000165)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a resposta que está a dar o Goberno galego á crise industrial que vive Galicia
 
6.3 56742 (10/POPX-000166)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre a autocrítica que fai o Goberno galego da súa xestión para rectificar o rumbo político da Xunta de Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 56049 (10/POP-006639)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 4 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da cobertura informativa dada pola CRTVG sobre a morte en Valga de tres mulleres vítimas da violencia machista
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 538, do 27.09.2019
 
7.2 53538 (10/POP-006315)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego en relación co trazado da Vía Ártabra para conectar os polígonos de Espíritu Santo (Cambre) e Bergondo coa A-6
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.3 54851 (10/PUP-000263)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Lago Peñas, José Manuel e Torregrosa Sañudo, Julia
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego dos datos do investimento estranxeiro en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 524, do 04.09.2019
 
7.4 52365 (10/POP-006105)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia diante da diminución da actividade da central térmica das Pontes e das súas repercusións no sector auxiliar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 509, do 22.07.2019
 
7.5 54031 (10/POP-006414)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións que vai levar a cabo o Goberno galego para evitar os efectos en Galicia da deslocalización de servizos de provisión e xestión de rede da empresa de telefonía R Cable
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.6 54848 (10/PUP-000262)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vega Pérez, Daniel e 7 máis
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia diante do Goberno central para o mantemento da actividade da industria electrointensiva, en especial, a da planta de Alcoa en San Cibrao
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 524, do 04.09.2019
 
7.7 56668 (10/PUP-000265)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as medidas que vai desenvolver a Xunta de Galicia para afrontar a crise da empresa Barreras na comarca de Vigo
 
7.8 56723 (10/PUP-000267)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Casal Vidal, Francisco e 3 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da posta e marcha dun grupo de traballo para o desenvolvemento do Mapa de transición sostible de Galicia (CLEW-Galicia) e a súa aplicación concreta na hipercomarca das Pontes-Ferrolterra-Eume-Ortegal
 
7.9 52620 (10/POP-006131)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rey Varela, José Manuel e 10 máis
 Sobre a situación en que se atopa o expediente e os prazos que manexa a Consellería de Sanidade para comezar as obras de remodelación do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 513, do 30.07.2019
 
7.10 53097 (10/POP-006237)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a valoración por parte da Xunta de Galicia da actual situación no funcionamento de Povisa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.11 56703 (10/PUP-000266)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a garantía polo Goberno galego do mantemento da calidade asistencial esixible e o emprego no Hospital Povisa de Vigo
 
7.12 56735 (10/PUP-000268)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 7 máis
 Sobre a información da Consellería de Sanidade referida á posible venda do Hospital Povisa de Vigo e, se é o caso, as medidas previstas ao respecto 
7.13  55266 (10/POP-006562)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Oubiña Solla, Rosa e 6 máis
Sobre os obxectivos fundamentais da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 1 de outubro  de 2019
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-01T17:21:00Z 2019-10-04T12:51:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2987/
A valedora do Pobo entrega ao presidente do Parlamento o Informe Ordinario de 2018

 

Santiago, 1 de outubro de 2019.- A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Informe Ordinario elaborado por esta institución correspondente ao exercicio de 2018.
 
Coa entrega do Informe do Valedor do Pobo ao Parlamento de Galicia. Ano 2018, comeza a tramitación parlamentaria do documento, que será cualificado pola Mesa da Cámara que se celebra esta mesma mañá, continuará cunha comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións e rematará cunha comparacencia da valedora ante o Pleno do Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-10-01T10:23:00Z 2019-10-01T10:28:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2986/
Santalices reclama “respecto escrupuloso ás regras de xogo”, base do bo goberno e a pluralidade parlamentaria

 
• O presidente do Parlamento de Galicia moderou en Segovia unha mesa redonda sobre “O bo goberno ante a pluralidade parlamentaria”, no marco dun encontro de parlamentarios de sanidade
 
• Anima a emular aos políticos da transición para tecer consensos entre as distintas forzas políticas

Santiago, 27 de setembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, moderou esta tarde en Segovia unha mesa redonda sobre “O bo goberno ante a pluralidade parlamentaria”, no marco do X Encontro global de parlamentarios/as da sanidade, organizado polo grupo  Sanitaria 2000.
 
Na presentación da mesa redonda, que contou cao participación de deputados e deputadas das comisións de sanidade de diferentes cámaras autonómicas, Santalices Vieira amosouse convencido de que o bo goberno non é posible sen pluralidade parlamentaria xa que tanto esta como o respecto aos dereitos de todas as opcións “constitúe unha das esencias da democracia”.
 
A xuízo do titular do Lexislativo galego, “nin bo goberno nin pluralidade son posibles sen observar un respecto escrupuloso ás regras de xogo” articuladas na Constitución,
os estatutos de autonomía, os regulamentos das cámaras e demais normas que configuran o ordenamento xurídico.
 
Escoitar aos servizos xurídicos
 
Argumentou que “o conflito territorial que todos coñecementos non se tería producido se os responsables políticos tivesen escoitado o parecer dos seus servizos xurídicos”. Recordou, ademais, que respectar o marco normativo, reduce a litixiosidade, “freando a denominada xudicialización da política, que unha inmensa maioría social rexeita, e con razón”.
 
Necesidade de tecer consensos
 
Na súa intervención introdutoria, o presidente do Parlamento de Galicia insistiu na necesidade de recuperar as boas formas no exercicio da política , e tamén na de tecer consensos. 
 
“Dise con frecuencia que os políticos da transición eran mellores que os actuais, que actuaban con sentido de Estado. Non sei se eran mellores ou peores, pero tiñan unha predisposición para o diálogo, para buscar puntos de encontro cos contrincantes que fariamos ben en emular nos nosos días”, afirmou.
 
Para Santalices, bo goberno implica tamén maior transparencia e métodos de control. Puxo como exemplo as modificacións lexislativas impulsadas en Galicia para dotar ao Consello de Contas de competencias no ámbito da prevención da corrupción  e para converter ao Valedor do Pobo en comisionado da transparencia.
 
Apuntou tamén que o bo goberno obriga a “incrementar a capacidade de escoita das institucións e potenciar a participación cidadá”, como fixo Galicia, ademais de promover a apertura das institucións á sociedade.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-27T22:01:00Z 2019-09-27T22:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2985/
Resolucións aprobadas no Debate de política xeral de 2019

O Pleno do Parlamento de Galicia, na sesión do día 25 de setembro de 2019 aprobou, no punto único da orde do día (Debate anual de política xeral: doc. núm. 55751, 10/DEBA-000003), as seguintes resolucións:

1.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver, en colaboración co Goberno do Estado, un Plan de Mobilidade Sostible.
-Cun renovado FEVE que unise Ferrol e Ribadeo como tren de cercanías.
-Cercanías entre Ferrol e Coruña.
-Tren que vertebre o eixo Coruña-Lugo-Ourense-Santiago como o que hai entre a cidade herculina e Vigo”.
Aprobada por unanimidade de 74 deputados e deputadas.
(Resolución resultante da transacción entre o G.P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Mixto verbo da proposta de resolución núm. 8 do G.P. Mixto)
 
2.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reforzar, cun substancial aumento de persoal e medios a reflectir de xeito concreto nos orzamentos de 2020, os instrumentos autonómicos para a mobilización de terras, incluíndo a intermediación para a compravenda de explotacións enteiras, que poida actuar para a mobilización produtiva dos montes veciñais en man común abandonados (sempre co beneplácito das/os comuneiros/as titulares), que contemple o apoio específico a aqueles proxectos solventes que necesitan terras e non as teñan e que poda xestionar fincas privadas abandonadas”.
Aprobada por 67 votos a favor, ningún en contra e 6 abstencións.
(Resolución resultante da transacción entre o G.P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Mixto verbo da proposta de resolución núm. 33 do G.P. dos Socialistas de Galicia)
 
3.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a garantir que calquera incorporación de novas universidades ao Sistema universitario de Galicia evite efectos negativos ás existentes e produza complementariedade e non reiteración coa oferta de titulacións destas”.
Aprobada por 54 votos a favor, 20 en contra e ningunha abstención.
(Resolución resultante da transacción entre o G.P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución núm. 5 do G.P. dos Socialistas de Galicia)

4.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a, en coordinación coas deputacións provinciais e os concellos de Galicia, continuar traballando na creación do Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia e a formulación do Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos de Galicia para que sexa aprobado canto antes”.
Aprobada por unanimidade de 74 deputados e deputadas.
(Resolución resultante da transacción entre o G.P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 31 do G.P. dos Socialistas de Galicia.)
 
5.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar apoiando os traballos da Mesa de política pesqueira ante o brexit constituída en Galicia, con participación de todos os axentes implicados co obxecto de analizar e facer fronte ás consecuencias derivadas para este sector do brexit, especialmente en termos operativos e loxísticos, así como a apoiar a demanda recollida no ditame que o Comité das Rexións aprobou de forma unánime por proposta de Galicia para que a Unión Europea habilite, de ser preciso, un fondo específico  de axudas urxentes con dotación orzamentaria suficiente para paliar os efectos do brexit sobre a economía dos sector marítimo-pesqueiro e da cadea mar-industria das rexións europeas, especialmente de Galicia”.
Aprobada por unanimidade de 74 deputados e deputadas.
(Resolución resultante da transacción entre o G.P. dos Socialistas de Galicia, o G.P.  Mixto e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 29  do G.P. dos Socialistas de Galicia e 39 do G.P. Mixto)
 
6.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Mobilizar no Banco de Terras 170.000 hectáreas necesarias para dotar as explotacións agrogandeiras de base territorial e para a incorporación de mozas e mozos emprendedores que reactiven a economía rural primando tamén o aspecto transformador dos produtos agrogandeiros.
2. Demandar do Goberno do Estado medidas urxentes que garantan unha remuneración xusta polo litro de leite que cubra os custos de producción”.

Aprobada por 64 votos a favor, 10 en contra e ningunha abstención.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. do Bloque Nacionalista Galego e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 17 do G.P. Bloque Nacionalista Galego)
 
7.ª  Resolución
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que se cumpran os prazos comprometidos de xeito que o AVE de conexión coa Meseta e o resto de capitais españolas estea en probas antes de que remate este ano e que en 2020 estea funcionando con todas as garantías de seguridade e poidan mercarse os billetes; así como a solicitar do Goberno central unha planificación dos investimentos necesarios para a renovación das conexións ferroviarias de Galicia aproveitando a chegada do novo ramal do Corredor Atlántico que conectará o noroeste peninsular, particularmente o treito ferroviario Ponferrada-Monforte, a conexión Monforte-Ourense-Vigo, a conexión A Coruña-Lugo-Monforte, a conexión A Coruña-Ferrol, Ferrol-Ribadeo, a saída sur de Vigo e conexión con Porto e as conexións coas principais plataformas loxísticas e cos portos de interese xeral do Estado; así como a mellora dos servizos de viaxeiros nestas liñas e a mellora da política tarifaria a través do abaratamento do prezo dos billetes e flexibilización do sistema de bonos.»
Aprobada por unanimidade de 74 deputados e deputadas.
(Resolución resultante da transacción entre o entre o G. P. do Bloque Nacionalista Galego e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 25 do G.P. Bloque Nacionalista Galego)
 
8.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a combater con todos os medios a sinistralidade e a violencia viaria poñendo en marcha as seguintes actuacións:
1. Crear unha mesa institucional e social para a elaboración do Plan de seguranza viaria de Galicia 2021-2025 que sexa un gran acordo de país arredor desta materia, coa participación das administracións, das organizacións sindicais, das entidades sociais e de todos os sectores relacionados coa mobilidade.
2. Destinar todos os recursos orzamentarios necesarios para continuar desenvolvendo actuacións específicas na rede viaria de competencia autonómica dirixidas a eliminar os puntos negros e os treitos de concentración de accidentes, mellorar a seguranza nas travesías urbanas e, nomeadamente, protexer as persoas que se desprazan a pé e en bici.
3. Impulsar as actuacións previstas en materia de mobilidade, nomeadamente a construción de variantes e circunvalacións de núcleos urbanos.
4. Xestión polo Goberno galego das competencias relacionadas co tráfico e a seguranza viaria”.
Aprobada por unanimidade de 73 deputados e deputadas.
(Resolución resultante da transacción entre o  G. P. do Bloque Nacionalista Galego e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 27 do G.P. Bloque Nacionalista Galego)
 
9.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno central a convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira para aprobar un mecanismo  de transferencia inmediata dos 700 millóns de euros retidos polo Ministerio de Facenda e que debe a Galicia, ao tempo que se inicie o procedemento para o establecemento dun mecanismo automático de actualización do sistema e de liquidación das entregas á conta, non dependente da vontade do Goberno central. Este debe ser  o primeiro paso da modificación urxente do vixente sistema de financiamento autonómico, reclamando un novo sistema que garanta a suficiencia financeira de Galicia, un maior grao de autonomía financeira, maior capacidade normativa sobre os tributos cedidos e o cumprimento do principio de lealdade institucional”.
Aprobada por 55 votos a favor,  ningún en contra e 19 abstencións.
(Resolución resultante da transacción entre o G.P. Grupo Común da Esquerda e o G.P. Popular de Galicia verbo da proposta de resolución número 4 do G.P. Grupo Común da Esquerda)
 
10.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver un novo Plan de fomento das exportacións, sobre todo en mercados alleos á UE, para reducir a dependencia excesiva deste mercado e a dependencia tamén excesiva dos sectores téxtil e automobilístico. Con actuacións ante as pemes co obxectivo de incrementar o número de empresas exportadoras, sobre todo nos sectores presentes na transición ecolóxica e na industria agroalimentaria e pesqueira”.
Aprobada por 58 votos a favor e 10 en contra e 6 abstencións.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. Mixto e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 31 do G.P. Mixto)
 
11.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a programar ao longo do vindeiro ano 2020 un abandono progresivo do uso de herbicidas no control da vexetación das marxes das estradas autonómicas, primando sempre a seguranza viaria dos usuarios. Do mesmo xeito, a solicitar ao Ministerio de Fomento que realice unha programación análoga para o abandono deste tipo de produtos”.
Aprobada pola unanimidade de 74 deputados e deputadas.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. Mixto e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 23 do G.P. Mixto)
 
12.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver un Plan galego de rehabilitación enerxética dos edificios centrado en tres eixes:
• Vivendas vulnerables ou con alto grao de deterioración.
• Edificios privados de residentes non vulnerables.
• Edificios de nova construción. Edificios de consumo case nulo (nZEB)”.
 Aprobada por 58 votos a favor e 10 en contra e 6 abstencións.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. Mixto e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 33 do G.P. Mixto)
 
13.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a instar ao Goberno do Estado a aprobación inmediata do estatuto das industrias electrointensivas tendo en conta todas as alegacións presentadas polos traballadores, as empresas e a Xunta de Galicia e o cambio da regulación do sector eléctrico para baixar o recibo aos fogares e ás empresas”.
Aprobada por 64 votos a favor, ningún en contra e 10 abstencións.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. Mixto e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 35 do G.P. Mixto)
 
14.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a traballar xunto coas entidades sociais e a Federación Galega de Municipios e Provincias para acadar un consenso que leve á actualización e ampliación da Axenda Social Única durante o primeiro semestre de 2020, de tal maneira que se concreten indicadores claros en cada unha das áreas: pobreza infantil, emprego, vivenda, dependencia e inclusión social, de acordo cos obxectivos da Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable”.
Aprobada por 60 votos a favor, 4 en contra e 10 abstencións.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 13 do G.P. Popular de Galicia)

15.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver un novo paquete de impulso fiscal ao rural nos tributos que dependen de Galicia co obxectivo de incentivar os arrendamentos pactados a través do Banco de Terras, a mobilización de parcelas que se integran nun polígono agroforestal, a participación de proxectos de investidores no rural ou o uso de instrumentos de xestión conxunta da terra; ao tempo que dá cumprimento íntegro ás propostas do ditame da Comisión de estudo sobre política forestal relativas á recuperación de terras agroforestais, nomeadamente dando pulo ao programa de recuperación de aldeas modelo e aos proxectos de recuperación de grandes áreas que comezaron no 2017, así como a desenvolver un plan efectivo de instauración de zonas de pastoreo como aproveitamento forestal.
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reforzar, cun substancial aumento de persoal e medios a reflectir de xeito concreto nos orzamentos de 2020, os instrumentos autonómicos para a mobilización de terras, incluíndo a intermediación para a compravenda de explotacións enteiras,  que poida actuar para a mobilización produtiva dos montes veciñais en man común abandonados, que contemple o apoio específico a aqueles proxectos solventes que necesitan terras e non as teñan e que poida xestionar predios privados abandonados”.
Aprobada por 64 votos a favor, 4 en contra e 6 abstencións.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 11 do G.P. Popular de Galicia)
 
16.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a estender á totalidade dos xulgados galegos o modelo de salas de vistas integramente dixitais, dotadas co equipamento necesario para permitir a celebración da vista nun contexto de expediente dixital electrónico; ao tempo que aborda, tamén, a dotación tecnolóxica nas salas de declaración tipo Gesell (salas habilitadas para tomarlles declaracións aos menores) que se demandan nas principais sedes xudiciais; ao tempo que a dirixirse ao Goberno do Estado para que dote Galicia das unidades xudiciais que precisa e reforce os órganos xudiciais nas xurisdicións necesitadas de apoio, para o que deberá considerar prioritaria a proposta de novos xulgados para Galicia que realice a Comisión Mixta formada por Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fundamentalmente para a creación de prazas dun novo maxistrado nas Salas da Audiencia Provincial de Lugo e de Pontevedra en Vigo e dun novo Xulgado do Social en Lugo”.
Aprobada por 70 votos a favor, 4 en contra e ningunha abstención.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 32 do G.P. Popular de Galicia)

17.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar unha atención especial e redobrada aos aspectos sociais do eido marítimo-pesqueiro, con atención senlleira á consecución dunha remuda xeracional na pesca, executando na súa totalidade as partidas orzamentarias destinadas a garantir esta remuda xeracional. En particular, demandarase da Unión Europea o apoio económico para aquelas melloras a bordo que teñan que ver con avances en habitabilidade, seguranza (especialmente sistemas para manter as embarcacións a flote no caso de accidentes ou sistemas individuais de localización) e conectividade, empregando estes fondos europeos  coa máxima eficiencia nas distintas liñas de axudas, evitando que ao remate do programa se teñan que devolver fondos á Unión Europea. Ademais, renovarase e adecuarase o apoio social no caso de accidentes mediante a prestación de axudas específicas e disporanse medidas conducentes a evitar as perdas de ingresos por posibles disfuncións no sistema de control de biotoxinas”.
Aprobada por 64 votos a favor, 10 en contra e ningunha abstención.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 23 do G.P. Popular de Galicia)
 
18.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reforzar as medidas de prevención contra os lumes forestais a través da actualización da planificación de distrito referente aos incendios, incorporando os novos plans municipais nun prazo de dous anos, así como a promover actuacións en perímetros de alto risco naquelas zonas onde este risco, combinado co estado de abandono, as fagan urxentes, cumprindo así a totalidade das recomendacións do informe do Grupo de Expertos de apoio á Comisión do Parlamento de Galicia sobre incendios forestais, antes de que remate esta lexislatura, para aplicalas na campaña 2020-2021”.
Aprobada por 58 votos a favor, 10 en contra e 6 abstencións.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 31 do G.P. Popular de Galicia)
 
19.ª Resolución
“O Parlamento de Galicia reitera a súa solidariedade co pobo de Venezuela, ante a grave crise económica, política e social que derivaron na peor crise humanitaria da súa historia, e en especial coas persoas galegas residentes nese país, ás que apoiamos na defensa dos seus dereitos fundamentais, que se ven conculcados de xeito cotián.  Así mesmo, insta a Xunta de Galicia para que reclame ao Goberno do Estado que actúe no ámbito das súas competencias de xeito directo ou ante o Goberno de Venezuela, segundo proceda, para facer posible a súa garantía. Así mesmo, no ámbito das súas competencias, a Xunta de Galicia porá en marcha un programa de atención específico para a atención ás persoas galegas residentes en Venezuela, singularmente facilitando as mellores condicións para a instalación en Galicia no momento do seu retorno”.
Aprobada por 58 votos a favor, 16 en contra e ningunha abstención.
(Resolución resultante da transacción entre o G. P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da Proposta de Resolución número 33 do G.P. Popular de Galicia)
 
20.ª Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir traballando pola consecución real e efectiva da igualdade, impulsando a elaboración do VIII Plan Estratéxico de Galicia para a Igualdade 2021-2024, e a través da posta en marcha de medidas de carácter transversal e interseccionais encamiñadas a conseguir unha maior sensibilización social, con especial atención á prevención mediante a aplicación de protocolos de detección nas áreas de educación e sanidade, aplicación da perspectiva de xénero na elaboración e definición das políticas públicas, fomento dunha cultura igualitaria e inclusiva, consecución e apoio da igualdade real no deporte, uso de redes sociais para a divulgación de campañas e fomento de programas ou medidas que promocionen a igualdade, con especial atención entre a xuventude e o eido educativo, implicación dos medios de comunicación para a erradicación de todo tipo de linguaxe non inclusiva, publicidades ou comentarios de carácter sexista e promovendo así mesmo a empregabilidade feminina en sectores que contan cunha importante demanda de profesionais, impulsando programas formativos que faciliten a incorporación de mulleres a ámbitos profesionais masculinizados, fundamentalmente na industria.
 
Especial atención merecen as mulleres do rural, e a Xunta de Galicia propiciará accións para o recoñecemento e visibilización das mulleres que viven no rural, favorecendo o seu apoderamento ante calquera situación e en calquera ámbito, e seguirá impulsando políticas activas, arbitrando medidas para compaxinar a vida laboral no campo coa actividade familiar e para mellorar as cotas femininas nas organizacións agrarias e gandeiras, como medio para lograr un trato equilibrado e igualitario no sector.
 
Igualmente, procederá á aprobación e aplicación do I Plan de Igualdade da Administración Xeral da Xunta de Galicia, actualmente en fase de elaboración”. 
Aprobada por 58 votos a favor, ningunha en contra e 16 abstencións.
(Resolución resultante da transacción entre o G.P. Popular de Galicia e o G. P. Mixto verbo da Proposta de Resolución número 38 do G.P. Popular de Galicia e a 28 do G.P. Mixto)
 
21.ª Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a non permitir a utilización de cultivos enerxéticos para a produción de biomasa, ao cumprimento da Lei de Montes de Galicia, Lei de Incendios forestais de Galicia e Lei de Conservación da Natureza para limitar a plantación de eucaliptos en zonas de protección medioambiental, terreos agrícolas ou faixas de protección, erradicando esta especie  nas  zonas  ocupadas,  a  implementar  medidas  para  a  promoción  de bosques autóctonos ou madeiras nobres autóctonas que poidas servir para a fabricación de taboleiros de madeira, a deixar a 0 o incremento que inclúe o borrador da superficie de eucaliptos do 8, 12%, isto é, de 25.000 hectáreas, así como o incremento de masas mixtas, a garantir a recuperación de terreos forestados ilegalmente, e a garantirse unha xestión sustentable do monte, dende o punto de vista social, ambiental e económico, así como blindar a paisaxe de mosaico tan característica do noso país”.
Aprobada por 61 votos a favor, ningún en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 24 do G.P. Mixto)
 
22.ª Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a facilitar o acceso a terra para a produción de alimento e garantir unha Superficie Agraria Útil (SAU) suficiente para as granxas galegas e a aposta polos usos gandeiros, sobre todo en extensivo e de pasto, e agrícolas recuperando e aumentando terreos aptos para estes usos”.
Aprobada pola unanimidade de 74 deputados e deputadas.
(Proposta de resolución núm. 25 do G.P. Mixto).
 
23.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a instar ao Goberno do Estado o  remate das conexións dos portos principais coa rede Europea de transporte de mercancías”.
Aprobada pola unanimidade de 74 deputados e deputadas.
(Proposta de resolución núm. 32 do G.P. Mixto).
 
24.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que adopte, con carácter urxente, medidas concretas para paliar os efectos sobre a actividade económica, o emprego e os dereitos dos galegos e galegas residentes no Reino Unido diante dunha posible saída  da Unión Europea sen acordo.
Entre as  medidas  que se deberán contemplar, están todas aquelas encamiñadas a facilitar o retorno e a ocupación dos traballadores e traballadoras galegos que teñan   que   abandonar   o   Reino   Unido   como   consecuencia   do   Brexit,   o asesoramento especializado para as persoas que se vexan afectadas nos seus dereitos de residencia ou cidadanía, o apoio aos sectores económicos que se vexan máis afectados para a procura de novos mercados e as xestións necesarias perante o Goberno do Estado e a Comisión Europea para garantir a continuidade da actividade da flota galega nas augas territoriais do Reino Unido”.
Aprobada pola unanimidade de 74 deputados e deputadas.
(Proposta de resolución núm. 5 do G.P. Grupo Común da Esquerda).
 
25.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a urxir do Goberno central que transfira de inmediato á Comunidade Autónoma de Galicia os 700 millóns de euros comprometidos para 2019 e que aínda debe, polos conceptos de actualización das entregas á conta do exercicio do ano 2019 (330 millóns de euros), devolución da mensualidade do IVE do exercicio de 2017 (200 millóns de euros) e incentivos por cumprir todos os parámetros de estabilidade orzamentaria en 2017 e 2018 (170 millóns de euros), xunto co financiamento dos compromisos adquiridos con Galicia noutras materias como as infraestruturas ou a atención á dependencia”.
Aprobada por 51 votos a favor, ningún en contra e 23 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 1 do G.P. Popular de Galicia).
 
26.ª Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover unha dotación de servizos máis ampla en todos os concellos do rural galego a través de medidas como: o desenvolvemento de novas medidas para a mellora de cobertura de telefonía móbil; a garantía, en colaboración coa FEGAMP, do acceso a servizos financeiros; o incremento de recursos de igualdade; o favorecemento de recursos de conciliación para a atención á infancia e a persoas maiores ou a extensión do autobús de coidados porta a porta aos 200 concellos de menos de 5.000 habitantes; todo isto ao tempo que reclama do Goberno central a aprobación definitiva da Estratexia nacional fronte ao reto demográfico”.
Aprobada por 54 votos a favor, 20 en contra e ningunha abstención.
(Proposta de resolución núm. 2 do G.P. Popular de Galicia).
 
27.ª Resolución
“O Parlamento de Galicia condena de forma rotunda todo tipo de violencia contra a muller, declarando ademais a necesidade de que a loita contra a violencia de xénero teña un tratamento específico e diferenciado por responder a condicións sociais distintas do resto das violencias, en particular a existencia dun substrato machista na sociedade contra o que cómpre loitar mediante políticas públicas con perspectiva feminista. Nese sentido, o Parlamento de Galicia condena explicitamente os posicionamentos negacionistas que pretende desvirtuar a dura realidade das vítimas da violencia de xénero así como os intentos de patrimonialización partidista dos avances na loita contra ela, e aposta por combatela dende o consenso, polo que insta a Xunta de Galicia a seguir avanzando ata desenvolver completamente o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero aprobado con amplo consenso polas Cortes Xerais, e comprométese a rematar nesta lexislatura un Pacto galego sobre a violencia de xénero”.
Aprobada por 41 votos a favor, 4 en contra e 29 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 12 do G.P. Popular de Galicia).
 
28.ª  Resolución
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a aprobar un Plan de Eficiencia Enerxética 2020-2024 dirixido ás familias, con axudas para redución do consumo enerxético, entre as que se inclúa a creación dun programa de axudas co obxectivo de renovar os electrodomésticos dos fogares cara a máquinas máis eficientes, contribuíndo á redución da factura eléctrica, o consumo de enerxía e das emisións de CO2”.
Aprobada por 51 votos a favor, 4 en contra e 19 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 16 do G.P. Popular de Galicia).
 
29.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a cumprir cos obxectivos, o cronograma de implantación e a execución dos 102 millóns de euros previstos para desenvolver o Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021; ao desenvolvemento do Plan galego de hospitalización a domicilio para a súa extensión a toda a superficie de Galicia os 365 días do ano; e á presentación, antes do remate de 2019, dun Plan estratéxico de saúde mental e, antes de finais da lexislatura, dun Plan oncolóxico”.
Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 10  do G.P. Popular de Galicia).

30.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a exixir do Goberno de España que reconduza as súas relacións coa Xunta de Galicia baixo o principio da lealdade institucional de xeito que non se tomen decisións unilaterais que afecten de xeito negativo o exercicio das competencias de cadaquén”.
Aprobada por 41 votos a favor, 26 en contra e 6 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 28 do G.P. Popular de Galicia).

31.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar a colaboración de todas as institucións para reivindicar o centenario da Xeración Nós e a continuar impulsando medidas que fomenten a transmisión da lingua galega no seo das familias, así como ao desenvolvemento do Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade de Galicia para fomentar a creación de espazos de socialización en galego.”
Aprobada por 41 votos a favor, 10 en contra e 23 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 24 do G.P. Popular de Galicia).

32.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver o marco normativo e os sistemas necesarios para o establecemento dun sistema integrado, coordinado e homoxéneo de xestión de dexeccións gandeiras en Galicia, que incorpore: a regulación da autoaplicación de dexeccións por parte das explotacións; a implantación de centros de xestión de dexeccións gandeiras; a acreditación e control de todas as operacións de xestión de dexeccións gandeiras que supoñan a súa aplicación como fertilizantes ou emendas agrícolas; o aproveitamento dos sistemas de información xeográfica na xestión das axudas á PAC e a valorización das fraccións que constitúan residuos de natureza orgánica.”
Aprobada por 44 votos a favor, 10 en contra e 19 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 20 do G.P. Popular de Galicia).

33.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que inicie a planificación de novos ámbitos de solo residencial destinados á construción de vivendas protexidas nas cidades galegas nas que se prevé unha demanda deles nos próximos anos.”
Aprobada por 45 votos a favor, 16 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 26 do G.P. Popular de Galicia).

34.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a trasladar ao Goberno de España e aos grupos políticos representados no Congreso e no Senado o apoio deste Parlamento para impulsar, dentro do marco constitucional e por consenso, unha reforma da Lei orgánica do réxime electoral xeral encamiñada a dotar de maior estabilidade as institucións a través de mecanismos que garantan o acceso aos gobernos daquelas candidaturas que acaden un maior apoio popular nos distintos procesos electivos, así como para que os españois residentes no exterior poidan exercer o seu dereito a voto coas mesmas garantías que os residentes no territorio español, eliminando a solicitude (rogo) do voto, combinando todas as posibilidades de participación electoral que sexan posibles e simplificando o procedemento en beneficio da eficiencia e a axilidade.”
Aprobada por 41 votos a favor, 33 en contra e ningunha abstención.
(Proposta de resolución núm. 39 do G.P. Popular de Galicia).

35.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que se cumpran os prazos comprometidos de xeito que o AVE de conexión coa Meseta e resto de capitais españolas estea en probas antes de que remate este ano e que en 2020 estea funcionando con todas as garantías de seguridade e poidan mercarse os billetes; así como a solicitar do Goberno central unha planificación dos investimentos necesarios para a renovación das conexións ferroviarias de mercancías de Galicia aproveitando a chegada do novo ramal do Corredor Atlántico que conectará o noroeste peninsular, particularmente o treito ferroviario Ponferrada-Monforte, a conexión Monforte-Ourense-Vigo, a conexión A Coruña-Lugo-Monforte, a conexión A Coruña-Ferrol, a saída sur de Vigo e conexión con Porto e as conexións coas principais plataformas loxísticas e cos portos de interese xeral do Estado.”
Aprobada por 60 votos a favor, 4 en contra e 10 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 34 do G.P. Popular de Galicia).

36.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia declara o seu apoio aos sectores industriais de Galicia como peza fundamental da nosa economía e ao emprego que xeran, para o que insta a Xunta de Galicia a completar o desenvolvemento da Axenda Industria 4.0 e do Plan Galicia Innova 2020, así como a dirixirse ao Goberno central para que acometa as medidas necesarias para preservar o emprego e potenciar sectores produtivos como o da automoción, o naval, o forestal, a minaría ou a produción de enerxía en todas as súas variantes, nomeadamente con medidas que garantan a continuidade do emprego nas centrais térmicas das Pontes e Meirama, así como na factoría de Alcoa en San Cibrao, de Parter na Coruña, MEGASA, Ferroatlántica e a totalidade de empresas electrointensivas de Galicia.”
Aprobada por 54 votos a favor, 14 en contra e 6 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 30 do G.P. Popular de Galicia).

37.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia condena o uso da violencia terrorista como vehículo para alcanzar calquera obxectivo político, así como todos aqueles pronunciamentos que dende os ámbitos institucionais, políticos ou sociais intenten lexitimar, xustificar, relativizar ou minimizar o terrorismo. Así mesmo, o Parlamento de Galicia traslada a súa felicitación e agradecemento ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado polas actuacións que ao longo do presente ano permitiron a desarticulación de grupos terroristas vinculados ao xihadismo e ao secesionismo galego e catalán.”
Aprobada por 53 votos a favor, 10 en contra e 10 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 40 do G.P. Popular de Galicia).

38.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver o Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, impulsando unha programación de calidade durante os anos 2019 e 2020, e deixando ao remate da lexislatura un gran proxecto sustentable e participativo, preparado para desenvolverse con éxito durante o ano 2021 e que busque a descentralización dos beneficios do Xacobeo a través do impulso de accións singulares nas grandes cidades, dunha liña que promova a chegada de peregrinos a través dos peiraos galegos executando unha liña de melloras neles e demandando ao Goberno central, no ámbito da súa achega para o Xacobeo 2021, o financiamento do Plan de BIC nos Camiños de Santiago.”
Aprobada por 54 votos a favor, 20 en contra e ningunha abstención.
(Proposta de resolución núm. 4 do G.P. Popular de Galicia).

39.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en marcha a recentemente aprobada Estratexia da Cultura Galega, desenvolvendo as súas 100 primeiras medidas no primeiro semestre do ano próximo, colaborando cos todos os axentes implicados e da man dos sectores e industrias culturais, ao tempo que convoca novas liñas de axudas para dixitalizar o fondo patrimonial galego, custodiado por institucións non dependentes da Administración autonómica, para incorporalo á Memoria Dixital de Galicia e facilitar a súa preservación e o seu acceso universal a través da canle de difusión Galiciana.”
Aprobada por 54 votos a favor, 20 en contra e ningunha abstención.
(Proposta de resolución núm. 25 do G.P. Popular de Galicia).

40.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a deseñar un programa que potencie o turismo interno, especialmente en temporada baixa, desenvolvendo un sistema de estadías que axuden a manter a estrutura produtiva e turística do país durante todo o ano, fomentando o orgullo e o coñecemento do propio e impulsando o emprego.”
Aprobada por 45 votos a favor, 16 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 21 do G.P. Popular de Galicia).

41.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia expresa o seu compromiso co avance do proceso de construción europea e insta a Xunta de Galicia a demandar o reforzo da participación rexional nas institucións europeas así como a utilizar a súa propia participación para avanzar nos obxectivos de paliar as consecuencias da saída do Reino Unido da Unión Europea e de enfocar a evolución do proxecto europeo sobre un impulso das políticas comúns fiscais e de cohesión.”
Aprobada por 45 votos a favor, 16 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 29 do G.P. Popular de Galicia).

42.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que solicite ao Goberno de España que, como complemento á execución das políticas de fomento do retorno emprendidas polo Goberno galego, tome as medidas necesarias para favorecer a integración familiar e persoal das persoas retornadas, particularmente a axilización da homologación de títulos académicos das persoas retornadas e dos membros da súa familia e a redución dos trámites e axilización da concesión dos permisos de residencia e traballos dos cónxuxes e descendentes, sen nacionalidade española, dos galegos retornados.”
Aprobada por 47 votos a favor, 14 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 27 do G.P. Popular de Galicia).

43.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a mellorar as condicións de traballo das persoas empregadas públicas do sector público autonómico a través de medidas como a aprobación dunha normativa singular de acceso á función pública para as persoas con discapacidade, a extensión da flexibilidade horaria (a vítimas de violencia de xénero ou persoas que atendan familiares con discapacidade) ou a mellora dos contornos de traballo con proxectos de aforro, eficiencia enerxética e mellora arquitectónica dos edificios administrativos xunto co incremento do número de prazas de escola infantil neles.”
Aprobada por 47 votos a favor, 14 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 37 do G.P. Popular de Galicia).

44.ª Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a ampliar a Tarxeta Benvida para as familias que teñan un terceiro fillo e para as familias que vivan en concellos de menos de 5.000 habitantes, así como a garantir a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos para todas as familias a partir do segundo fillo, e a negociar co Goberno central unha proposta de cofinanciamento para acadar esta gratuidade desde o primeiro fillo.”
Aprobada por 41 votos a favor, 14 en contra e 19 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 3 do G.P. Popular de Galicia).

45.ª Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir reforzando a atención ás persoas maiores no seu contorno, prioritariamente a aquelas que viven soas, a través dun protocolo de atención específico, do servizo de axuda no fogar, da teleasistencia avanzada e doutras prestacións e servizos, ao tempo que insta o Goberno central a que se comprometa coa Lei de dependencia e incremente a súa cota de financiamento destes fondos, desde o 24 % actual ata a contorna do 50 %.”
Aprobada por 41 votos a favor, 14 en contra e 19 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 6 do G.P. Popular de Galicia).

46.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a declarar o estado de emerxencia climática en Galicia, co obxectivo primordial de comprometer as políticas do Goberno galego en facer fronte á emerxencia e acadar a neutralidade climática antes do ano 2050, para o que cómpre activar coa máxima urxencia as medidas da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía e fomentar a adhesión de todos os concellos de Galicia ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía ofrecéndolles asesoramento personalizado para mellorar a súa eficiencia enerxética e a súa resiliencia fronte ao cambio climático. Ao tempo, o Parlamento insta a Xunta de Galicia a que a atención a esta emerxencia climática se acompase coas necesidades do emprego e a industria en Galicia, solicitando do Goberno de España un proceso de transición enerxética máis ordenado e xusto, con investimento innovador en tecnoloxías de redución de emisións e con accións compensatorias para as comarcas nas que os obxectivos climáticos para 2050 supoñan impactos significativos para a súa economía e emprego.”
Aprobada por 41 votos a favor, 14 en contra e 19 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 7 do G.P. Popular de Galicia).

47.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a aprobar no primeiro semestre de 2020 o Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030, cos retos e as liñas estratéxicas para a Galicia da vindeira década, logo dun proceso participativo e tras o seu debate na Cámara.”
Aprobada por 41 votos a favor, 14 en contra e 19 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 8  do G.P. Popular de Galicia).

48.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar ao próximo Goberno de España a aprobación na primeira parte da próxima lexislatura de mecanismos que garantan a viabilidade do financiamento da sanidade pública, así como a mellora da rede nacional e as sinerxías no estudo das novas enfermidades e desafíos sanitarios, así como que dea cumprimento ás medidas acordadas no Consello Interterritorial de Saúde de abril de 2018 e que elimine do ordenamento legal as restricións impostas ás comunidades autónomas mediante as limitacións ás taxas de reposición de prazas no Sistema Nacional de Saúde cando estas afecten postos de traballo de carácter estable, asunto que este Parlamento xa reclamou por unanimidade en marzo de 2017.”
Aprobada por 41 votos a favor, 14 en contra e 19 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 18 do G.P. Popular de Galicia).

49.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a continuar coa modernización e racionalización das titulacións universitarias atendendo a evolución de perfís profesionais no horizonte de 2030 e, para facilitar o acceso e a permanencia dos estudantes nos estudos universitarios, a crear de xeito progresivo graos abertos polos que o alumnado pode elixir durante ano e medio materias de varias carreiras antes de decidirse definitivamente por unha delas.”
Aprobada por 41 votos a favor, 14 en contra e 19 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 22 do G.P. Popular de Galicia).

50.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a complementar os programas e as estratexias que están a permitir a mellora do ensino galego desde a aposta polos idiomas, as tecnoloxías e a innovación educativa, coa aprobación dun novo plan contra o acoso escolar dentro da Estratexia Galega de Convivencia-Educonvives, e dun plan de orientación profesional nos centros educativos galegos; así como coa progresiva dotación dun segundo orientador nos centros con máis alumnado.”
Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 5 do G.P. Popular de Galicia).

51.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a avanzar no aproveitamento do potencial innovador de Galicia a través dunha nova estratexia de innovación para as pemes para estender o uso da innovación e da creatividade como recurso competitivo do tecido produtivo, así como dunha estratexia de intelixencia artificial, da creación da rede de nodos de especialización tecnolóxica e do desenvolvemento da Estratexia Dixital Galicia 2030 a través do impulso da dixitalización de fogares e estradas.”
Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 9 do G.P. Popular de Galicia).

52.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a avanzar na definición dun sistema de colaboración cos concellos e deputacións de Galicia que facilite a xestión do ciclo integral da auga (abastecemento, saneamento e depuración) en condicións de eficiencia e calidade ambiental, con especial atención á axeitada explotación das infraestruturas hidráulicas.”
Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 14 do G.P. Popular de Galicia).

53.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a afrontar o deseño e definición dunha Estratexia Galega de FP 2020-30 para mellorar as competencias profesionais e emprendedoras en Galicia, que inclúa medidas normativas e actuacións formativas e de relación coas empresas; así como un pulo da cooperación público-privada, da FP Dual e da innovación.”
Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 15 do G.P. Popular de Galicia).

54.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir reforzando os recursos da sanidade pública, mantendo o compromiso pola estabilización do persoal e as súas condicións laborais, as convocatorias anuais de ofertas públicas de emprego, o desenvolvemento da carreira profesional e as medidas de conciliación; e a continuar coa mellora das infraestruturas sanitarias, tanto dos hospitais e centros de saúde como dos seus equipamentos.”
Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 17 do G.P. Popular de Galicia).

55.ª  Resolución
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a continuar facilitando a mobilidade en Galicia: no transporte público, a través das medidas do Plan de Transporte Público de Galicia, que recolle melloras no servizo como o transporte compartido, transporte a demanda, paradas seguras para colectivos de risco ou a extensión da tarxeta Xente Nova aos menores de 21 anos, ao tempo que abordando conxuntamente co sector do taxi medidas de dinamización que faciliten unha adaptación e modernización do sector que promova e apoie cuestións como a progresiva substitución do parque por vehículos híbridos ou eléctricos ou un cambio normativo que favoreza unha maior flexibilidade para o establecemento de tarifas máis competitivas; no transporte privado, a través da ampliación das bonificacións nas peaxes das autoestradas autonómicas estendéndoas ás familias numerosas e solicitando do Goberno do Estado a aplicación de descontos análogos nas autoestradas galegas dependentes del.”
Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 19 do G.P. Popular de Galicia).

56.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver unha atención especial dedicada á detección da presenza, influencia biolóxica e impacto sobre especies pesqueiras, marisqueiras e acuícolas dos plásticos e microplásticos, levando a cabo accións de minoración da súa presenza no medio mariño e campañas de concienciación destinadas á prevención do seu vertido, especialmente entre os máis novos. Amais, continuarase coa liña de saneamento integral das rías e espazos costeiros, de forma que se amplíe a mellora da calidade das augas nestas áreas.”
Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 35 do G.P. Popular de Galicia).

57.ª  Resolución
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Estado as actuacións encamiñadas a consensuar e facilitar a coordinación entre as distintas administracións —local, provincial, autonómica e estatal— das diferentes accións a levar a cabo en materia de memoria histórica, no marco das competencias que lle correspondan a cada unha delas.”
Aprobada por 41 votos a favor, 20 en contra e 13 abstencións.
(Proposta de resolución núm. 36 do G.P. Popular de Galicia).
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 
 
 
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-27T20:15:00Z 2019-09-27T20:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2984/
O presidente do Parlamento participa na conmemoración do Día Europeo das Linguas coa lectura do Romance de Don Gaiferos

 

Santiago, 26 de setembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta mañá en Santiago no acto organizado con motivo do Día Europeo das Linguas, no transcurso do cal deu lectura ao Romance de Don Gaiferos.
 
Este romance popular glosa a peregrinación a Santiago de Guillerme X de Poitou, Duque de Aquitania e Conde de Vienne, falecido –segundo a tradición- ante o altar maior da basílica compostelana o venres santo de 1137, nos derradeiros anos do Arcebispo Xelmírez. A peza foi musicada por Faustino Santalices.
 
A conmemoración institucional do Día Europeo das Linguas, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística xa Xunta, tivo lugar nos soportais do Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela. A pegada xacobea do entorno no que se celebrou o acto foi a razón que animou a Santalices Vieira a elixir o Romance de Don Gaiferos para a súa lectura.
 
O Día Europeo das Linguas celébrase por iniciativa do Consello de Europa desde 2001 e busca poñer en valor a diversidade lingüística da UE e promover a aprendizaxe de idiomas

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-26T14:14:00Z 2019-09-26T14:15:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2983/
O embaixador de Alemania visita o Parlamento de Galicia

 

Santiago, 25 de setembro de 2019.- O embaixador de Alemania en España, Wolfgang Dold, efectuou este mediodía unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que o convidou a asinar no libro de ouro da institución.
 
Na entrevista, Santalices interesouse polas relacións económicas entre Galicia e Alemania e recordou a importancia da colonia galega asentada neste país europeo.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-25T14:15:00Z 2019-09-25T14:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2982/
Óscar Vilar Chento toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia

 
 
Santiago, 25 de outubro de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu, esta mañá, a toma de posesión de Óscar Vilar Chento (Touro, 1974) como deputado do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia pola circunscrición de A Coruña, en substitución de Mª Dolores Toja Suárez.
 
Vilar Chento vive actualmente no Pino. De mozo estudou no IES de Arzúa a especialidade de técnico especialista administrativo (FPII), equivalencia actual: técnico superior en Administración e Finanzas. Actualmente está a piques de rematar unha nova etapa de estudos na USC: grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos (tan só pendente o TFG).
 
Comezou a súa traxectoria profesional como técnico na Rede de Transporte Sanitario Urxente (061), base de Arzúa, aínda que estes últimos 18 anos desenvolveu o seu labor no sector da seguridade privada.
 
No eido político é concelleiro do Grupo Municipal PSdeG-PSOE do Pino dende o ano 2014, actual voceiro, e, tamén, secretario xeral da Agrupación Socialista local.
 
Foi un dos socios fundadores do Club Ciclista MontaeVai BTT O Pino, e ata hai pouco o seu presidente. Durante o seu mandato o club consegue ser asembleísta da Federación Galega e Española de Ciclismo.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-25T10:27:00Z 2019-09-25T11:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2981/
Santalices representa ao Parlamento na toma de posesión do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Santiago, 20 de setembro de 2019.- O titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu este mediodía na Coruña á toma de posesión do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia José María Gómez y Díaz-Castroverde.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-20T16:22:00Z 2019-09-20T16:23:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2980/
Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 19 de setembro de 2019


A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 19 de setembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 49878 (10/PNC-004039)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para construír un novo centro de saúde no concello de Caldas de Reis no ano 2020, así como para mellorar a asistencia sanitaria que se está a prestar no centro actual e no punto de atención continuada
BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 
Sométese a votación separada por puntos:
 
Punto 1: (texto transaccionado coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 55988), resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
Punto 2: resulta rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a que a Consellería de Sanidade se comprometa a iniciar os trámites para a construción do centro de saúde de Caldas de Reis, tan pronto como o concello ceda os terreos necesarios."
 
- 55133 (10/PNC-004378)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación laboral do persoal dos centros residenciais dependentes da Consellería de Política Social e a suspensión do artigo 19 do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
BOPG n.º 528, do 11.09.2019

Sométese a votación separada por puntos:
 
Punto 1: resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
Puntos 2, 3 e 4: resultan rexeitados  por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que os máximos responsábeis da Consellería de Política Social, a empezar pola conselleira, comparezan no Parlamento galego para dar explicacións sobre a situación do persoal que presta servizos nas residencias dependentes da Consellería."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-20T09:19:00Z 2019-09-20T09:25:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2979/
Santalices: “Blindar o noso sistema sanitario público é e será unha obriga ineludible”

 
• O presidente do Parlamento inaugurou esta tarde en Santiago o I Encontro Mundial de Médicos Galegos
 
• Destaca a capacidade dos médicos galegos para compatibilizar coñecementos científicos e avances tecnolóxicos coa visión integral da persoa, “unha das esencias da medicina”
 
Santiago, 19 de setembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, inaugurou esta tarde en Santiago o I Encontro Mundial de Médicos Galegos, organizado por ASOMEGA, e que conta coa participación de facultativos asentados en diferentes lugares de España e do mundo.
 
Santalices aproveitou a ocasión para recordar que mentres que os integrantes de ASOMEGA (Asociación de Médicos Galegos) “forman parte da elite médica, científica e académica, a práctica totalidade dos  galegos e galegas que outrora tomaban o camiño da emigración, o facían con tanta necesidade económica como escasa ou nula formación regrada”.
 
Agregou que “por fortuna, as circunstancias mudaron radicalmente, e para mellor, nas últimas décadas”, como o demostra o feito de que un crecente volume de galegas e galegos titulados universitarios desempeñan postos de responsabilidade fóra da Galicia territorial.
 
Santalices relacionou esta realidade coa extensión do sistema de benestar, no que Sanidade  e Educación “son piares determinantes”.
 
Para o presidente do Parlamento, “blindar o noso sistema sanitario público, universal e gratuíto é e será  unha obriga ineludible para calquera responsable público”. “En Galicia estamos profundamente comprometidos con este obxectivo”, subliñou.
 
Santalices Vieira gabou o traballo que ASOMEGA vén desenvolvendo desde a súa fundación, hai xa un cuarto de século, no seu afán por aglutinar a médicos e outros sanitarios galegos (ben por nacemento, ben por formación). Trátase de “facultativos que traballan en ámbitos punteiros, que atesouran un enorme caudal de coñecementos, de prestixio e de capacidade de proxección que en non poucas ocasións poñen ao servizo de Galicia, exercendo como excepcionais embaixadores deste terra”.
 
Visión integral da persoa
 
Con todo, o presidente do Parlamento destacou que máis aló dos coñecementos científicos e dos avances tecnolóxicos, os médicos galegos “souberon preservar unha das esencias da medicina: a visión integral da persoa e a capacidade para conectar co enfermo, sempre co obxectivo último de tratar e confortar á persoa, non só a enfermidade”.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-19T19:38:00Z 2019-09-19T19:40:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2978/
Santalices anima a explotar todo o potencial terapéutico e económico do termalismo

 
• O presidente do Parlamento de Galicia inaugurou en Ourense a 19 edición de TERMATALIA, Feira Internacional de Turismo Termal Saúde e Benestar
 
Santiago, 19 de setembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recordou este mediodía que Ourense é a “primeira potencia termal de España e capital do termalismo”, recordando que se trata dun recurso non contaminante e sostible; sempre fonte de saúde e benestar. Santalices inaugurou este mediodía en Ourense a 19 edición de TERMATALIA, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, na que participan profesionais dunha trintena de países.
 
O titular do Lexislativo galego insistiu no “enorme potencial terapéutico do termalismo” e animou a traballar para lograr a súa inclusión co catálogo de prestacións do Sistema Nacional de Saúde, dado que ofrece propiedades estudadas desde o punto de vista científico. Recordou, neste sentido, a figura do Dr. Luis Rodríguez Míguez, considerado o pai do termalismo galego e un dos grandes expertos na materia, impulsor tamén da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC.
 
Insistiu nas enormes posibilidades de negocio que o termalismo ofrece para Galicia, e que se incrementan progresivamente coa mellora das comunicacións.
 
Santalices referiuse, ademais, ao feito de que Brasil sexa o país convidado nesta edición de TERMATALIA e lembrou a presenza galega naquel territorio de ultramar. “Brasil é tamén para nós –agregou- un universo lingüístico afín no ámbito da lusofonía, coa que estamos especialmente vinculados e comprometidos”.
 
Sinalou como exemplo a Lei de iniciativa popular Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía, aprobada por unanimidade na Cámara autonómica en 2014, e que, entre outras cuestións, abriga aos poderes públicos galegos a promover as relacións a todos os niveis cos países de lingua oficial portuguesa.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-19T16:28:00Z 2019-09-19T16:29:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2977/
Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 18 de setembro de 2019

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 18 de setembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 52563 (10/PNC-004192)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre as actuacións da Xunta de Galicia relacionadas coa prohibición da publicidade do xogo en liña e do xogo presencial de competencia autonómica dos establecementos de xogo da comunidade autónoma na Radio e na Televisión de Galicia, independentemente do horario ou da programación de que se trate
BOPG n.º 508, do 19.07.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a prohibir totalmente a publicidade do xogo on line e do xogo presencial de competencia autonómica dos establecementos de xogo da CCAA de Galicia na radio e a televisión de Galicia, independentemente do horario ou a concreta programación de que se trate e a dirixirse ao goberno do Estado a que faga o mesmo no ámbito da súa competencia."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 53226 (10/PNC-004233)
Grupo Parlamentario Mixto
Villares Naveira, Luis e Vázquez Verao, Paula
Sobre a demanda ao Ministerio de Xustiza en relación co aumento de recursos humanos e materiais para a Oficina Fiscal en Galicia, co obxectivo de converxer coa media recomendada polo Consello de Europa, e a creación dunha fiscalía contra a corrupción e a criminalidade organizada en Galicia
BOPG n.º 522, do 30.08.2019
 
Sométese a votación separada:
 
- Do texto orixinal e da letra a) da emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia: resultan rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0  abstencións.
 
- Das letras b) e c) da emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia: resultan aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
a) Que proceda ao total desenvolvemento do novo proxecto denominado Fiscalía Dixital antes de que remate o ano 2019.
b) Que cumpra o Decreto 124/2014, do 11 de setembro respecto do número de oficinas e á ratio ideal por Fiscalía."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-19T09:24:00Z 2019-09-19T09:35:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2976/
Santalices felicita aos promotores da mostra de artistas Galicia-Baviera porque “mellora o coñecemento entre os pobos e afianza a nosa vocación e o compromiso europeísta”

 
• O presidente do Parlamento inaugurou en Marín a exposición integrada por obras de artistas dos dous territorios, nun acto que tamén rendeu homenaxe a José Teijeira, inspirador da iniciativa
 
Santiago, 17 de setembro de 2019.-  “Nestes tempos de localismos e individualismos exarcerbados, proxectos como esta exposición xurdida do traballo conxunto de artistas galegos e bávaros cobran un valor especial porque contribúen a mellorar o coñecemento entre os nosos pobos e afianzan a nosa vocación e o decidido compromiso europeísta”. Así o manifestou o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, esta tarde en Marín, na inauguración da exposición Galicia-Baviera, comisariada por Antón Sobral.
 
A mostra enmárcase nun intercambio no que, desde hai 23 anos, participan artistas galegos e bávaros e que, nesta edición, contou coa respaldo do Parlamento de Galicia, “porque conecta coa vocación europea de Galicia” e tamén cos sensibilidade artística da Cámara autonómica que, como lembrou Santalices, alberga unha valiosa e extensa colección de arte galega contemporánea que animou a coñecer.
 
Homenaxe a José Teijeira
 
Santalices Vieira aproveitou a súa participación para sumarse á homenaxe que no acto inaugural se tributou á figura de D. José Teijeira, “artífice destacado de infinidade de iniciativas culturais, educativas e de outro tipo”, entre as que destacou a denominada Universidade de Passau en Marín. Desde comezos dos oitenta, e durante tres décadas, esta iniciativa fixo posible que centos de alumnos alemáns das universidades de Passau e Ratisbona acudisen a Marín cada verán. “A José Teijeira debemos moitas iniciativas pioneiras e el ten moito que ver coas orixes desta mostra Galicia-Baviera”, recordou Santalices.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-18T10:17:00Z 2019-09-18T10:20:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2975/
Parlamento, Xunta e Foro Enrique Peinador convocan a XXVI Edición dos Premios de Publicidade en Galego

  • Miguel Santalices, Valentín García, e Xosé González reuníronse na Cámara Galega para pechar as bases da convocatoria dos galardóns, que convocan conxuntamente as tres entidades, para o ano 2019

 

  • Os premios recoñecen traballos que inciden na promoción do uso do galego no ámbito da publicidade desde cinco categorías: radio, televisión, internet, prensa escrita e proxectos elaborados en centros de formación de futuros profesionais do ámbito

Santiago, 17 de setembro de 2019.- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador convocan conxuntamente a XXVI edición dos Premios de Publicidade en Galego. Os responsables das tres entidades convocantes, Valentín García, Miguel Ángel Santalices e Xosé González, reuníronse hoxe ao mediodía para pechar os detalles desta edición 2019 dos coñecidos galardóns, que recoñecen traballos feitos ao longo do ano, con especial incidencia na promoción do uso do galego desde o ámbito da publicidade.
 
Fano desde cinco categorías: radio, televisión, internet, prensa escrita e centros de formación de futuros profesionais do ámbito. O prazo de inscrición ábrese mañá, 18 de setembro, e péchase o vindeiro 18 de outubro.
 
Promover o idioma propio de Galicia desde a publicidade
 
Os Premios de Publicidade en Galego, impulsados ata o ano 2016 polo Consello Asesor de RTVE-G e pola Corporación RTVG, convócanos conxuntamente a Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador e recoñecen na súa convocatoria 2019 accións publicitarias difundidas ou transmitidas integramente en galego entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.
 
O prazo de inscrición neles, que deben formalizar empresas anunciantes e axencias de publicidade, no caso das catro primeiras categorías, e os centros de ensino, no caso da quinta, está aberto durante un mes (do 18 de setembro ao 18 de outubro). O acto de entrega de premios celebrarase no mes de novembro, no marco da conmemoración do Día da Galeguidade Empresarial.
 
Na pasada edición, resultaron premiados o proxecto “Tarxeta PassVigo” (encargado por Viguesa de Transportes-VITRASA á axencia Ecovigo Publicidade S.l.) e as campañas de dinamización comercial Compostela Monumental 2017 (impulsadas pola Asociación Compostela Monumental e realizadas por Fancylooks).
 
As bases da convocatoria poden consultarse no seguinte enlace: http://tinyurl.com/y3ps9gz2.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-17T14:22:00Z 2019-09-17T14:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2974/
Convocatoria do Debate anual sobre política xeral

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 25 de setembro de 2019, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 17 de setembro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto único. Debate anual sobre política xeral: Comparecencia do Sr. presidente da Xunta de Galicia, para informar e debater respecto da situación política da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 55751,  10/DEBA-00003)
 
 
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-17T13:04:00Z 2019-09-17T13:09:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2973/
O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio contra a violencia machista e en memoria das vítimas de Valga

 
 
Santiago, 17 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio para expresar a súa repulsa contra a violencia machista e en memoria das vítimas asasinadas onte en Valga.
 
A concentración, celebrada ás portas do Pazo do Hórreo, estivo encabezada polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado por membros da Mesa, portavoces, deputados e deputadas e persoal da institución. Tamén se sumou a valedora do pobo e o equipo deste alto comisionado.
 
En declaracións aos medios, unha vez rematada a concentración, Santalices fixo un chamamento ao conxunto da sociedade a manter unha actitude vixiante fronte a calquera indicio que poda apuntar a un hipotético caso de violencia machista e anumiu a denuncialo.
 
Onte luns, logo de ter coñecemento do suceso, o presidente do Parlamento amosouse “consternado” e confesou que “non hai palabras abondo para condenar tanta barbarie”, ao tempo que trasladou a súa condolencia e afecto á familias das vítimas.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-17T12:32:00Z 2019-09-17T12:33:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2972/
Acordos da Comisión 2ª. Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 13 de setembro de 2019


A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 13 de setembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 52223 (10/PNC-004168)
Grupo Parlamentario Mixto
Rodríguez Estévez, David
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa práctica da aplicación de herbicidas nas marxes das estradas de titularidade autonómica para a eliminación de mato
BOPG n.º 502, do 10.07.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Avaliar alternativas medioambientalmente sostibles que permitan reducir progresivamente o uso de herbicidas no control da vexetación das marxes das estradas da súa rede viaria para que, no caso de que sexa viable, se restrinxa a súa utilización a aquelas zonas onde sexa necesario para garantir a visibilidade da estrada e, polo tanto, de acordo a criterios de seguridade viaria.
 
2.- De xeito análogo, solicitar ao Ministerio de Fomento e ás Deputacións Provinciais, así como aos Concellos, que avalíen alternativas que permitan reducir progresivamente o uso de herbicidas no control da vexetación das marxes das estradas da rede viaria da súa competencia, de acordo a criterios de seguridade viaria.

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 53339 (10/PNC-004253)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a demanda ao Ministerio de Fomento para que axilice a licitación das obras do enlace orbital de Santiago de Compostela
BOPG n.º 522, do 30.08.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a dirixirse ao Ministerio de Fomento para que axilice a licitación das obras do Enlace Orbital de Santiago de Compostela, que xa foi autorizada polo Consello de Ministros o pasado 12 de abril, ao obxecto de que a posta en servizo desta infraestrutura estratéxica para Santiago poida estar operativa no ano 2021.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-13T16:04:00Z 2019-09-13T16:16:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2971/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 12 de setembro de 2019

 
A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 12 de setembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 23018 (10/PNC-001839)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre a solicitude polo Goberno galego ao Goberno central da garantía da seguridade das frotas galegas que desenvolven a súa actividade en augas internacionais, en especial diante da decisión do Reino Unido de endurecer a vixilancia nas súas augas
BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 6 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia pide a Xunta de Galicia a que solicite do Goberno central, no ámbito das súas competencias, que garante a seguridade das nosas flotas en augas internacionais, especialmente ante a decisión de Reino Unido de endurecer a vixilancia nas súas augas."

- 36690 (10/PNC-002943)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para que informe dos movementos que se poidan producir do actual modelo de xestión do caladoiro Cantábrico noroeste
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 6 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a pedir ao novo Goberno de Madrid que se informe de calquera movemento ou cambio que se poida producir do actual modelo de xestión do caladoiro Cantábrico noroeste, ao mesmo tempo que solicita que se respecte este modelo, que tan bos resultados están dando para o sector pesqueiro galego."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

- 37845 (10/PNC-003037)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a realización por parte do Goberno galego das xestións precisas para a posta en marcha do plan de sinalización de bateas antes do remate do ano 2018
BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a levar a cabo as xestións precisas para que o Plan de sinalización de bateas pendente desde 2015, poida ser una realidade antes de que remate a lexislatura una vez recibidas as autorizacións do Estado."
 
- 38608 (10/PNC-003084)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da modificación da taxa de axudas á navegación, de xeito que se insiran exencións ao seu pagamento para a pesca artesanal e o marisqueo a flote
BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno central a inmediata modificación da Taxa de Axudas á Navegación de xeito que se inclúan exencións ao pago da taxa para a pesca artesanal e o marisque a frote e igualmente proceda a una revisión das taxas autonómicas vixentes para o mesmo sector, tal que se estude o establecemento de posibles exencións ou bonificacións tendentes á redución dos seus importes cara ao ano 2020."
 
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 49626 (10/PNC-004014)
Grupo Parlamentario de En Marea
Miranda Pena, Flora María e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central de adopción das medidas oportunas para garantir a participación dos traballadores e traballadoras galegas embarcados en augas alleas ao Estado español en todos os procesos electorais
BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a esixir do Estado español a adopción das medidas oportunas, que garantan a participación dos traballadores e traballadoras galegas embarcados en augas alleas ao Estado en todos os procesos electorais."
 
- 52165 (10/PNC-004164)
Grupo Parlamentario Mixto
Vázquez Verao, Paula
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para a presentación no Parlamento de Galicia dun proxecto dirixido á mellora integral do Porto Chico de Foz
BOPG n.º 502, do 10.07.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a entrevistarse cos colectivos profesionais, recreativos e culturais afectados polo estado do Porto Chico de Foz e, de acordo cos mesmos, presentar ante o Parlamento un proxecto, acompañado de cronograma e partidas orzamentarias, para acometer una mellora integral do Porto Chico de Foz, que contemple a mellora das condicións de abrigo do mesmo e una mellora na seguridade, así como o aumento de prazas de atraque."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-12T16:03:00Z 2019-09-12T16:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2970/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 11 de setembro de 2019


 
4.4 53132 (10/PNP-003960)
Grupo Parlamentario Mixto
Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis
Sobre a elaboración por parte da Xunta de Galicia, antes do primeiro trimestre de 2020, dun protocolo específico de atención ás persoas maiores que viven soas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Elaborar  en 2020  un  Protocolo  específico  de Atención ás persoas maiores que viven soas que coordine as actuacións de todos os    servizos    públicos    e    institucións    implicadas    na    materia,    contando especialmente cos Servizos Sociais Comunitarios, no marco da Estratexia galega de Atención a este fenómero da soidade non desexada.
 
2.  Estender  de  xeito  eficaz  o  servizo  de  HADO  de  xeito  que  se  garanta  a cobertura en todo o territorio, tamén no medio rural, coordinándose coa Atención Primaria.
 
3.  Aumentar os orzamentos para o Plan Concertado para garantir o Servizo de Axuda no Fogar de xeito que se garanta a cobertura en todo o territorio e o aumento do tempo de atención a cada persoa usuaria
 
4.   Prestar   apoio   técnico   aos   Concellos   para   a   elaboración   de   protocolos sociosanitarios municipais de atención ás persoas maiores que viven soas, no marco da Estratexia Galega de Atención a este fenómeno de socidade non desexada.
 
5.- Axilizar o estudo e censo de persoas maiores que viven soas, acordado polo Parlamento de Galicia o 26 de xuño de 2019.
 
6. Sensibilizar á cidadanía e formar ás e aos profesionais sobre o illamento social e as súas consecuencias”.

4.5 53868 (10/PNP-003989)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 14 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para solicitar do Goberno do Estado a adopción de varias medidas no eido da transición enerxética que permitan o mantemento da actividade e o emprego vinculado á central térmica das Pontes
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“ O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno  do  Estado para solicitar:
 
1º.-   A  supresión  do  céntimo  verde  para  o  carbón,  ao  igual  que  se  ten  realizado  para outras  tecnoloxías,  como  é  o  caso  do  gas,  garantindo  deste  xeito  a  neutralidade tecnolóxica.
 
2º.-   A  adopción  dun  mecanismo  de  compensación  de  pagos  por  capacidade pola dispoñibilidade para cubrir a demanda en horas punta do sistema eléctrico.
 
3º.-  O establecemento dunha exención das medidas fiscais preventivas na Lei 15/2012, do 27 de decembro, de medidas fiscais para a sustentabilidade enerxética, ás centrais térmicas de carbón de importación que estean en proceso de adaptación á Directiva de Emisións Industriais.
 
4º.-   A  fixación  dunha  retribución  específica  nos  casos  en  que  se  estea  utilizando,  por exemplo, biomasa forestal para o funcionamento destas centrais térmicas.
 
5º.-   A  súa  participación  na  iniciativa  conxunta  que  a  Xunta  de  Galicia  está  a  impulsar con  sindicatos  e  axentes  sociais  e  económicos  na  defensa  dos  intereses  do  emprego directo  e  indirecto  vinculado  á  central  térmica  das Pontes,  apostando  así  por  unha transición enerxética xusta e ordenada”.
 
4.8 54185 (10/PNP-004018)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 17 máis
Sobre o mantemento por parte da Xunta de Galicia da defensa diante da Unesco dunha candidatura para a declaración como patrimonio da humanidade da totalidade do actual territorio do Parque Nacional da Illas Atlánticas de Galicia e que non exclúa os arquipélagos de Ons e Sálvora nin a illa de Cortegada.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG
n.º 521, do 29.08.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a manter a súa defensa ante a UNESCO dunha candidatura a Patrimonio da Humanidade que abarque a totalidade do territorio do actual Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e que, por tanto, non exclúa aos arquipélagos de Ons e Sálvora nin a illa de Cortegada”.

4.9 54188 (10/PNP-004019)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para a activación das cubas, así como para o mantemento do emprego e da actividade industrial, na factoría de Alcoa en San Cibrao, e as demandas que debe realizar ao Goberno central para paliar a crise da industria electrointensiva galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento Galego acorda instar á Xunta de Galicia a:
 
1. Constituír  unha  mesa  de  negociación  con Alcoa  e  o  Comité  de  Empresa  de San Cibrao para demandar a activación das cubas en suspenso e velar polo mantemento do  emprego  e  da  actividade  industrial  en  tanto  se mantén a  actual  situación  de  declive industrial e inestabilidade nos prezos da enerxía.
 
2. Demandar do Goberno central medidas urxentes respecto do marco enerxético co fin de  paliar a crise da industria electrointensiva galega:
 
a) aprobación  inmediata  do  estatuto  de  electrointensivas  tendo  en  conta  as achegas  do  sector  galego,  coa inclusión  dun  paquete  de medidas  compensatorias  polos atrasos antes do final de 2019.
 
b)  planificación  da  substitución  do  sistema  de  poxa  de  interrumpibilidade  por unha regulación estable que permita prezos competitivos no sector con compromisos no mantemento do emprego.
 
c) consideración, no futuro sistema enerxético, do papel de produtor de Galicia, que deberá ser beneficiada polos custes ambientais e sociais de soportar a xeración.”
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-11T15:20:00Z 2019-09-11T15:29:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2969/
Toma de posesión de Xan Xosé Jove González como deputado do Grupo Común da Esquerda

 
 
Santiago, 10 de setembro de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Xan Xosé Jove González como deputado do Grupo Parlamentario Común da Esquerda, en substitución de Flora Miranda Pérez.
 
Jove González  naceu en Viveiro en 1977. Con formación en Traballo Social (grao), é traballador público de Correos SAE, onde foi presidente do comité de empresa da provincia da Coruña ata o 2019. Músico de diferentes formacións en Galicia e Barcelona, levou a música galega por toda Europa e acadou diferentes premios. Militante do ambientalismo e da cultura desde os anos 90, con especial implicación activa no antimilitarismo, o Nunca Máis e o 15M, entre outros movementos sociais. Logo de 15 anos emigrado en Barcelona e en Menorca, retorna en 2013 para participar, entre outros movementos, nas Marchas da Dignidade, e foi fundador da Marea Atlántica, colectivo onde leva a cabo principalmente a súa actividade política nestes momentos.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-10T14:13:00Z 2019-09-10T14:14:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2968/
Santalices reivindica o sector audiovisual como soporte para a promoción da cultura galega

 
• Clausurou este mediodía o acto de entrega do XXXV Premio Celanova, Casa dos Poetas, entregado nesta edición á actriz Isabel  Blanco
 
• Anima á xente nova a tomar conciencia da “riqueza que supón sermos unha comunidade bilingüe”
 
Santiago, 9 de setembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reivindicou hoxe o crecente protagonismo do sector audiovisual na promoción da lingua e a cultura galega. Fíxoo este mediodía ao clausurar o acto de entrega do XXXV Premio Celanova, Casa dos Poetas, convocado pola Fundación Curros Enríquez e concedido nesta edición á actriz e presentadora Isabel Blanco.
 
Santalices felicitou á galardoada con este premio pola súa “traxectoria artística admirable, que ten aínda diante súa anos apaixonantes nos que terá ocasión de multiplicar o apoio co que o  público galego e non galego responde a cada un dos seus traballos”.
 
Destacou o presidente do Parlamento que Isabel Blanco é unha  “artista polifacética curtida no cine e na televisión, muller cosmopolita e cunha sólida formación académica”, que “exerce e se amosa orgullosa da súa condición de galega, dentro e fóra da nosa xeografía”.
 
Considerou, por iso, que esta “galega de ben” é tamén un “modelo para as xeracións máis novas, que deberían ser conscientes da riqueza que supón o feito de sermos unha comunidade bilingüe; que podemos falar galego e castelán, porque nos abre portas, e tamén aprender outras linguas, cantas máis mellor”.
 
Santalices Vieira felicitouse de que na programación do acto de entrega deste galardón se incluíse unha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, unha semana despois do seu 40 cabodano, e adiantou que o Parlamento de Galicia editará proximamente un volume dedicado a este autor.
 
Recordou tamén que o Parlamento de Galicia recibiu, na edición de 2018, o Premio Celanova, Casa dos Poetas.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-08T16:00:00Z 2019-09-08T16:02:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2967/
Acordo da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 5 de setembro de 2019

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 5 de setembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 50815 (10/PNC-004092)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co concurso de acredores presentado e o posible peche da planta da empresa Poligal en Narón
BOPG n.º 486, do 12.06.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Demandar do administrador concursal flexibilidade nos tempos para incrementar as posibilidades de atopar comprador.
 
2. Intensificar os traballos da Mesa técnica de traballo e a colaboración co Comité de Empresa.
 
3. Esixir una moito e maior implicación do Ministerio de Industria na busca de posibles novos inversores que asuman a xestión desta planta."
 
- 51988 (10/PNC-004154)
Grupo Parlamentario de En Marea
Chao Pérez, Luca
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa presentación dun concurso de acredores e co posible peche da planta de Poligal en Narón, así como as axudas públicas autonómicas recibidas pola empresa
BOPG n.º 498, do 04.07.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Defender ante os propietarios a continuidade da actividade produtiva e o mantemento dos postos de traballo, na planta de Poligal en Narón.
 
2. Demandar do administrador concursal flexibilidade nos tempos para incrementar as posibilidades de atopar comprador.
 
3. Revisar o cumprimento das condicións de concesión de todas as axudas públicas autonómicas recibidas pola empresa Poligal.
 
4. Esixir una moito e maior implicación do Ministerio de Industria na busca de posibles novos inversores que asuman a xestión desta planta".

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-06T08:53:00Z 2019-09-06T09:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2966/
Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do 4 de setembro de 2019

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 4 de setembro de 2019, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 44556 (10/PNC-003574)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Novo Fariña, María Isabel e seis deputados/as máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central co fin de cubrir as vacantes na Unidade de Policía Adscrita a Galicia e de incrementar os seus efectivos ata un mínimo de catrocentos setenta e cinco
BOPG nº 422, do 30.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 1 votos en contra e 1 abstención.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno do Estado que por parte do Ministerio do Interior, a través da Dirección Xeral da Policía, se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar canto menos ata 475 os seus efectivos, de xeito que esta unidade poida cumprir coas función que actualmente está prestando.»

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-05T09:26:00Z 2019-09-05T09:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2965/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 10 de setembro de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 10 de setembro de 2019, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 3 de setembro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto lexislativo
 
 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, de modificación da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia para promover determinadas actuacións para a mellora mediambiental (doc. núm. 39918, 10/PPL-000031)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 384, do 15.11.2018
 
Punto 2. Comparecencias

 
2.1 52099 (10/CPP-000104)
 Do Sr. conselleiro de Cultura e Turismo, por petición propia, para informar sobre o Plan estratéxico do Xacobeo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 498, do 04.07.2019
 
2.2 54374 (10/CPP-000107)
 Da Sra. conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición propia, para informar da situación actual do sistema de acceso á illa de Ons por parte dos veciños e veciñas
 
Acumúlase na anterior a seguinte
2.3 54163 (10/CPP-000106)
 Da Sra. conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición dos GG.PP. de En Marea,  do Bloque Nacionalista Galego e do  Mixto, para dar conta dos criterios establecidos para o acceso de visitantes á illa de Ons, no Parque Nacional das Illas Atlánticas, e as restricións para o acceso das persoas de Ons e outras persoas coas que teñen relación de parentesco ou amizade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 52544 (10/MOC-000155)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa protección das persoas galegas usuarias de produtos financeiros
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 508, do 19.07.2019

3.2 52567 (10/MOC-000156)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre a xestión das subvencións percibidas polo sindicato Xóvenes Agricultores
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 508, do 19.07.2019
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 47097 (10/PNP-003547)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa concreción e deseño de medidas para a mellora da atención primaria no sistema sanitario
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
 
4.2 51576 (10/PNP-003866)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas obras iniciadas na serra do Oribio, supostamente para a construción dun parque eólico nos concellos de Samos e de Triacastela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 493, do 26.06.2019
 
4.3 51911 (10/PNP-003889)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a dotación por parte do Goberno galego ao Sergas dos recursos económicos necesarios para negociar na mesa sectorial un plan de estabilidade laboral que permita convocar as ofertas públicas de emprego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 495, do 01.07.2019
 
4.4 53132 (10/PNP-003960)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis
 Sobre a elaboración por parte da Xunta de Galicia, antes do primeiro trimestre de 2020, dun protocolo específico de atención ás persoas maiores que viven soas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
4.5 53868 (10/PNP-003989)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 14 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para solicitar do Goberno do Estado a adopción de varias medidas no eido da transición enerxética que permitan o mantemento da actividade e o emprego vinculado á central térmica das Pontes
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
4.6 54032 (10/PNP-004003)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e 2 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para mellorar a oferta de estudos de mestrado no noso sistema universitario, así como respecto das axudas para favorecer o acceso a estes estudos en igualdade de condicións
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
4.7 54051 (10/PNP-004005)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central para recuperar os investimentos pendentes en materia de infraestruturas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
4.8 54185 (10/PNP-004018)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Trenor López, Gonzalo e 17 máis
 Sobre o mantemento por parte da Xunta de Galicia da defensa diante da Unesco dunha candidatura para a declaración como patrimonio da humanidade da totalidade do actual territorio do Parque Nacional da Illas Atlánticas de Galicia e que non exclúa os arquipélagos de Ons e Sálvora nin a illa de Cortegada.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
4.9 54188 (10/PNP-004019)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para a activación das cubas, así como para o mantemento do emprego e da actividade industrial, na factoría de Alcoa en San Cibrao, e as demandas que debe realizar ao Goberno central para paliar a crise da industria electrointensiva galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 49605 (10/INT-001661)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa oferta de solo empresarial e a implantación e fixación de empresas en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
5.2 52802 (10/INT-001751)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar as actuais condicións laborais no sector do telemarketing, así como para evitar a deslocalización e a perda de postos de traballo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 512, do 29.07.2019
 
5.3 53912 (10/INT-001786)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación coa mellora continua do sistema educativo galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 54849 (10/POPX-000160)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre a valoración das políticas do Goberno galego en materia de vivenda
 
6.2 54853 (10/POPX-000161)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a xestión que vai levar a cabo o Goberno galego no último ano da X lexislatura
 
6.3 54854 (10/POPX-000162)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Míguez, Gonzalo
 Sobre o plan de acción do Goberno galego para o que queda de lexislatura
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 53685 (10/POP-006334)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre a valoración da actual relación institucional entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.2 54214 (10/POP-006457)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 6 máis
 Sobre os principais beneficios que quere acadar a Xunta de Galicia para os funcionarios públicos e a sociedade galega en xeral mediante a reforma integral do Edificio Administrativo de San Caetano
 
7.3 54031 (10/POP-006414)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións que vai levar a cabo o Goberno galego para evitar os efectos en Galicia da deslocalización de servizos de provisión e xestión de rede da empresa de telefonía R Cable
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.4 54848 (10/PUP-000262)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vega Pérez, Daniel e 7 máis
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia diante do Goberno central para o mantemento da actividade da industria electrointensiva, en especial, a da planta de Alcoa en San Cibrao
 
7.5 54851 (10/PUP-000263)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Lago Peñas, José Manuel e Torregrosa Sañudo, Julia
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego dos datos do investimento estranxeiro en Galicia
 
7.6 51771 (10/POP-006073)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto da reapertura da escola unitaria do Colexio Rural Agrupado de Narón
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 493, do 26.06.2019
 
7.7 53343 (10/POP-006272)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre a valoración por parte do Goberno galego da elevada porcentaxe de prazas que quedaron sen cubrir na oferta pública de emprego para o ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.8 54006 (10/POP-006408)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre o funcionamento das visitas ao pazo de Meirás
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.9 53518 (10/POP-006306)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre a valoración pola Xunta de Galicia das condicións laborais do persoal do Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.10 54182 (10/POP-006451)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre o pechamento de camas hospitalarias durante os meses de verán
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.11 52661 (10/POP-006148)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 8 máis
 Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para seguir ampliando o Programa de acollemento familiar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 513, do 30.07.2019
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-03T19:17:00Z 2019-09-03T19:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2964/
Acordo da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 3 de setembro de 2019


A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 3 de setembro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 32370 (10/PNC-002638)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Rodríguez Estévez, David
Sobre a elaboración polo Goberno galego dun mapa coa clasificación dos solos de Galicia en función das súas aptitudes e que inclúa un catálogo daqueles que teñen alta produtividade agropecuaria
BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a elaborar un Mapa de Solos de Galicia que clasifique os solos en función das súas aptitudes, e que inclúa un Catálogo de Solos de alta produtividade agropecuaria."
 
- 46744 (10/PNC-003762)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas excepcións á prohibición do pastoreo previstas no artigo 43.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia
BOPG n.º 441, do 06.03.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a regular, antes de finalizar o 2019, as excepcións a prohibición que se prevén no apartado 2 do artigo 43 da Lei 3/2007, de prevención e extinción de incendios de Galicia, sempre que se acrediten perdas de difícil reparación pola prohibición do pastoreo ou a inexistencia de alternativas ao pastoreo dentro da mesma comarca”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-09-03T14:22:00Z 2019-09-03T14:23:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2963/
Santalices: “Institucións como o Valedor do Pobo resultan imprescindibles en democracia”

• O Parlamento de Galicia acolleu hoxe o acto de toma de posesión de María Dolores Fernández Galiño como valedora do pobo
 
• O presidente da Cámara celebra o consenso que fixo posible a designación e recorda que “a xente demanda acordos”
 
Santiago, 2 de agosto de 2019.- A valedora do pobo, María Dolores Fernández Galiño, tomou posesión esta mañá no Parlamento de Galicia nun acto que contou coa asistencia das primeiras autoridades da Comunidade Autónoma.
O presidente da Cámara galega, Miguel Ángel Santalices Vieira,  felicitou á nova titular do Valedor do Pobo, alto comisionado do Parlamento para a defensa, no ámbito da Comunidade Autónoma, dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, e amouse convencido de que exercerá esa responsabilidade coa “prudencia, acerto, vocación e rigor” que caracteriza a súa traxectoria. Tivo tamén verbas de agradecemento para a anterior valedora, Milagros Otero Parga.
 
Alicerce do autogoberno
 
Para o presidente do Parlamento, o Valedor do Pobo é unha institución  estatutaria que constitúe “un dos alicerces do noso autogoberno e articúlase como unha peza básica para garantir  o correcto funcionamento dunha democracia avanzada como a nosa, no marco da Constitución e do Estatuto de Autonomía”.
 
A xuízo do titular do Lexislativo galego, “institucións como o Valedor do Pobo resultan imprescindibles nunha democracia como a nosa, que aspira a seguir avanzando na defensa dos intereses da cidadanía”.
 
Consenso
 
Santalices Vieira   amosou a súa satisfacción polo consenso que permitiu a elección da nova valedora do pobo. “Benvido sexa ese consenso –dixo-, que oxalá chegue para quedar, porque esa é unha demanda insistente da cidadanía que fariamos moi mal en ignorar”.  Agregou que “ningún escenario político, ningunha estratexia electoral curtopracista pode interpoñerse entre as demandas sociais e as institucións. Créanme, a xente demanda acordos, demanda consensos nos asuntos importantes”.
 
O presidente do Parlamento apuntou que, “por fortuna”, Galicia se mantivo á marxe do debate que tempo atrás cuestionou a oportunidade de manter institucións como o Valedor do Pobo. Pola contra, a Comunidade “reforzou as competencias destes órganos  nunha aposta  por reforzar os mecanismos de transparencia, como sucedeu ao atribuír ao Valedor do Pobo as funcións de Comisionado de Transparencia; e de prevención da corrupción, no ámbito competencial do Consello de Contas”.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-08-02T11:27:00Z 2019-08-02T13:19:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2962/
O Pleno do Parlamento elixe a María Dolores Fernández Galiño como valedora do pobo


O Pleno do Parlamento elixe a María Dolores Fernández Galiño como valedora do pobo
 

Santiago, 31 de xullo de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta mañá como valedora do pobo a María Dolores Fernández Galiño. A elección produciuse con 51 votos a favor, 18 en branco e 2 nulos.
 
Fernández Galiño tomará posesión como valedora do pobo o vindeiro venres, 2 de agosto, ás 10,00 h. no Parlamento de Galicia.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-31T11:38:00Z 2019-07-31T11:39:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2961/
Gonzalo Caballero e Teresa Porritt toman posesión como deputados do Parlamento de Galicia

 
 
Santiago, 31 de xullo de 2019.- Gonzalo Caballero Míguez e Mª Teresa Porritt Lueiro tomaron posesión esta mañá, no Pleno da Cámara, como deputado e deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia no Parlamento de Galicia.

Gonzalo Caballero Míguez (Ponteareas, 1975) accede á Cámara en substitución de  Abel Fermín Losada Álvarez como deputado pola circunscrición de Pontevedra. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais con Premio Extraordinario ao primeiro da promoción. Doutor en Economía pola Universidade de Vigo e Doutor en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e foi Visiting Scholar na Washington University en St. Louis, na University of California en Santa Barbara e na University of California in Berkeley, entre outras. Ten publicado máis dun centenar de traballos académicos en diversas revistas científicas nacionais e internacionais, e quince obras académicas. A súa última obra editada foi o libro State, Institutions and Democracy (Springer, 2017, editado con Norman Schofield). É secretario xeral do PSdeG, así como membro do Comité Federal e do Consello de Política Federal do PSOE

Teresa Porritt Lueiro (Vigo, 1964) substitúe a Juan Manuel Díaz Villoslada como deputada pola circunscrición da Coruña. É licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1984-1989) e diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo (1990-1992), ten o máster en Tributación e Sistemas Fiscais da Escola de Negocios de Caixanova. Foi profesora asociada na Universidade de Vigo e é funcionaria de carreira do corpo de Xestión de Facenda Pública dende 1997 (especialidades de Xestión, Recadación, Xestión Aduaneira e Inspección auxiliar dende 2003). Desempeñou as súas funcións en Barcelona como xefa de xestión tributaria de IVE e IRPF; en Ribeira, na oficina de recursos e sancións; e en Vigo, na Aduana. Na actualidade, ademais, é presidenta da Comisión de Control Económico do PSdeG.
 
 
 
 
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-31T11:31:00Z 2019-07-31T11:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2960/
Convocatoria Sesión Plenaria para o próximo día 31 de xullo de 2019 as 11 horas

A Presidencia, de conformidade co disposto nos artigos 53 e 98 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión extraordinaria o próximo día 31 de xullo de 2019, ás 11:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 26 de xullo de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección da valedora do pobo, por proposta da Comisión de Peticións
 (doc. núm. 52995; 10/PVAL-000001)
 
Punto 2. Debate e votación do ditame emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos no proxecto de lei do patrimonio natural de Galicia. (doc. núm. 49936; 10/PL-000016) 
 Publicación ditame da comisión e mantemento emendas e votos particulares BOPG n.º 510, do 23.07.2019
 
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-29T13:19:00Z 2019-07-29T13:19:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2959/
O conselleiro maior do Consello de Contas entrega ao presidente do Parlamento de Galicia a memoria anual do ano 2018, os informes de fiscalización xerais referidos a 2017 e os informes específicos

  • O Consello de Contas de Galicia presentou a súa Memoria correspondente ao ano 2018 e 18 informes de fiscalización
  • Estes informes engádense aos 3 presentados en novembro do ano pasado, de forma que ata a data téñense presentado un total de 21
  • A Conta Xeral da Comunidade Autónoma reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2017


Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2019.- O conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, entregou hoxe ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a memoria e as contas correspondentes ao ano 2018, así como diferentes informes de fiscalización, que se atopan na páxina web do Consello de Contas.

Informes xerais:


- Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio 2017, que inclúe a Declaración definitiva sobre o seu exame e comprobación 
- Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2017
- Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2017
- Informe de fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2017
- Informe de fiscalización de Fondos europeos, exercicio 2017
- Informe de fiscalización do FCI, exercicio 2017

Informes específicos:

- Informe de fiscalización do concerto co Hospital Povisa
- Informe sobre os procesos de extinción de entidades dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Exercicios 2010-2016
- Informe de fiscalización sobre o endebedamento das Entidades Locais de Galicia. Exercicio 2016
- Informe de fiscalización da Responsabilidade Patrimonial do Sergas
- Informe de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos expedientes con omisión do trámite de fiscalización previa. Concellos de 10.001 a 20.000 habitantes. Provincia da Coruña. Exercicio 2016
- Informe de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos expedientes con omisión do trámite de fiscalización previa. Concellos de 10.001 a 20.000 habitantes. Provincia de Lugo. Exercicio 2016
- Informe de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos expedientes con omisión do trámite de fiscalización previa. Concellos de 10.001 a 20.000 habitantes. Provincia de Ourense. Exercicio 2016
- Informe de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos expedientes con omisión do trámite de fiscalización previa. Concellos de 10.001 a 20.000 habitantes. Provincia de Pontevedra. Exercicio 2016
- Informe de fiscalización da rendición da Conta Xeral Entidades Locais de Galicia. Exercicio 2017
- Informe de fiscalización selectiva do Concello de Boiro. Exercicios 2015-2016
- Informe de fiscalización de seguimento das recomendacións da contratación administrativa dos exercicios 2010-2011. Exercicio 2016

Esta remisión engádese á realizada o 27 de novembro do ano pasado, na que se presentaran os seguintes informes específicos:

- Informe de fiscalización dos Fondos de Compensación Interterritorial. Exercicio 2016
- Informes de fiscalización dos Concello de Ourense. Exercicio 2016
- Informes de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa. Concellos de 50.000 a 75.000 habitantes e Concello de Ferrol. Exercicio 2016.


Memoria de actividades 2018

A memoria de actividades segue a incluír, por segundo ano consecutivo, a información estatística sobre o seguimento das recomendacións efectuadas ao Sector público autonómico e local.

Así mesmo, recolle por primeira vez as actuacións levadas a cabo pola Sección de Prevención da Corrupción e do Comité de Ética, e a actividade consultiva realizada polo Consello de Contas de Galicia.


Declaración definitiva da Conta Xeral da Comunidade Autónoma 2017

O informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma contén a opinión sobre a representatividade xeral dos estados contables da Administración xeral, o Sergas e as demais entidades instrumentais autonómicas, declarando que dita conta reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2017, presentando determinadas deficiencias e limitacións que se sinalan nos respectivos informes de fiscalización.

Rendición das entidades locais

A data de peche do informe (abril de 2019), do total de entidades locais de Galicia, o 94,46% remitiron as súas contas referidas a 2017 ao Consello de Contas, considerándose rendidas sen defectos o 92%. Das contas rendidas, as correspondentes a 90 entidades foron remitidas fóra de prazo.

Informes específicos

Destacan, entre outros, o informe de responsabilidade patrimonial do Sergas, o informe sobre o endebedamento das entidades locais de Galicia, o informe relativo aos procesos de extinción de determinadas entidades instrumentais autonómicas, e o informe do concerto co Hospital Povisa, no que se analiza a modificación que entrou en vigor en 2019.

 

 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-26T13:48:00Z 2019-07-26T13:57:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2958/
Minuto de silencio no Parlamento de Galicia contra a violencia Machista

Santiago, 22 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia celebrou esta mañá unha concentración de un minuto de silencio como sinal de repulsa contra a violencia machista e en memoria da vítima rexistrada onte en Vilalba.
 
A concentración estivo encabezada polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado por deputadas e deputados, persoal da Cámara e do Valedor do Pobo. Tamén participou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
 
Santalices Vieira afirmou, en declaracións aos medios, que ante casos como o rexistrado onte en Vilalba o invade unha “dor profunda” e animou á sociedade e manter unha actitude vixiante ante calquera actitude que poda resultar sospeitosa.  O de hoxe, afirmou, é “un día triste; reflexionemos sobre que cousas podemos facer” para evitar a violencia machista.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-22T11:17:00Z 2019-07-22T11:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2957/
O presidente do Parlamento pide “que a procura do ben común sexa obxectivo permanente dos servidores públicos”

 
• Santalices Vieira presentou a ofrenda ao Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas, na que fai presentes a Vigo, a Galicia e a España, “para que sempre atopemos espazos de encontro e prosperidade”
 
• “Arroupa, Santísimo Cristo, a esta vila de Bouzas e á súa xente, íntegra, honesta e traballadora”
 
Santiago, 21 de xullo de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, presentou este domingo, a tradicional ofrenda ao Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas, unha cerimonia  na que pediu “que a procura do ben común sexa obxectivo permanente dos servidores públicos para xestionar con acerto e xustiza os seus respectivos ámbitos de decisión”.
 
Santalices tivo presentes aos emigrantes galegos e aos migrantes e fixo votos para que a recuperación económica “chegue a todos”.
 
Recordou o oferente a fasquía mariñeira do santuario de San Miguel de Bouzas, onde rogou pola xente do mar. “Para Bouzas –afirmou o oferente-, o mar foi sempre fonte de vida e de sustento e así che pedimos que continúe acontecendo no futuro”.
 
Neste ámbito, Santalices fixo votos para que o sector teña ao seu dispor “caladoiros abondosos en peixe que abasteza os mercados e, tamén a industria de transformación”. Avogou por  “estaleiros a pleno rendemento que proporcionen postos de traballo, innovación e prosperidade e toda a contorna” e un “bordo litoral propio do século XXI, no que ocio e ecoloxía discorran da man para que uns e outros pidamos desfrutar dun entorno único”.
 
A xente de Bouzas
 
Tivo o oferente verbas de agarimo para a contorna na que se celebra este acto. “Arroupa, Santísimo Cristo,  a cantos integran esta vila de Bouzas, aos que foron, aos que son e aos que serán; aos que teñen aquí as súas raíces, e aos que, tendo nacido fóra, fixeron de Bouzas o seu universo vital. Xente íntegra, honesta e traballadora, que coñece o valor do esforzo, porque elas e eles se esforzan cada día”.
 
Santalices Vieira rematou a ofrenda pedindo “por Vigo, por Galicia e por España, para que sempre atopemos espazos de encontro e de prosperidade”. “Pedímosche por Europa e polo mundo enteiro –agregou-, para que a confrontación, os extremismos e o individualismo abran paso a novas formas de entendemento”.
 
O  presidente do Parlamento de Galicia foi convidado a pronunciar a ofrenda pola Confraría do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-21T16:01:00Z 2019-07-21T16:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2956/
Santalices: “boa parte das arelas polas que traballaron os galeguistas históricos son hoxe unha feliz realidade”

 
 
• O presidente do Parlamento de Galicia clausurou esta tarde en Ourense a mesa redonda “Xocas, no ronsel da Xeración Nós”, para conmemorar o 30º aniversario do pasamento do etnógrafo
 
• “Xocas foi un home íntegro e comprometido que consagrou a súa vida á nosa xente e ao universo vital que nos modela e conforma como galegos”, afirma Santalices

Santiago, 18 de xullo de 2019.- “Boa parte das arelas polas que tanto traballaron os galeguistas históricos, e nomeadamente a Xeración Nós, son hoxe unha feliz realidade”, segundo afirmou esta tarde o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, na clausura dunha mesa redonda titulada Xocas, no ronsel da Xeración Nós, unha actividade celebrada en Ourense para conmemorar o 30º aniversario do pasamento do etnógrafo ourensán.
 
Santalices recordou, nesta liña, que Galicia dispón das súas propias institucións de autogoberno, “a lingua e a cultura galega brillan con luz propia e maniféstanse con plenitude en todos os ámbitos”. Apuntou que “a nosa Comunidade séntese cómoda como parte indisoluble da España democrática e constitucional, a mesma que nos permite desenvolver todos os nosos potenciais”.
 
Para o presidente do Parlamento, “Galicia atópase plenamente inserida en Europa e goza dunha proxección exterior que abre portas e incrementa exponencialmente as posibilidades do país, e todo iso sen deixar de cultivar os vínculos fraternais coa América de alén mar, cos irmáns de Portugal e coa lusofonía no seu conxunto”.
 
Recoñeceu que o Parlamento se suma “encantado” a esta conmemoración, entre outras razóns, polas contribución de Xaquín Lorenzo ao galeguismo e á cultura galega contemporánea, e pola súa entrega á etnografía, que entendía como unha “ferramenta determinante para reafirmar o sentimento colectivo do pobo galego”.
 
Un home íntegro
 
En opinión de Santalices, “Xocas foi un home íntegro e comprometido que consagrou a súa vida á nosa xente e ao universo vital que nos modela e conforma como galegos”.
Santalices agradeceu ao presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, o profesor Justo Beramendi; a Xosé Carlos Sierra Rodríguez, a Alfonso Vázquez Monxardín, a  María Xosé Fernández Cerviño e a Clodio González Pérez a súa participación na mesa redonda.
 
Ademais do presidente do Parlamento, na clausura deste acto tomaron a palabra o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense e o director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta.
 
Placa en Lobeira
 
Previamente, esta mañá, descubriuse na casa familiar de Facós, en Lobeira, na que Xocas faleceu tal día coma hoxe de 1989, unha placa conmemorativa, “en lembranza e homenaxe a un galego bo e xeneroso”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-18T22:05:00Z 2019-07-18T22:09:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2955/
O Parlamento de Galicia súmase á homenaxe a Xaquín Lorenzo, Xocas, no 30º aniversario seu pasamento


• O presidente da Cámara, acompañado por outras autoridades, descubriu esta mañá na casa familiar de Xocas, en Facós, Lobeira, unha placa conmemorativa
 
Santiago, 18 de xullo de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou hoxe en Lobeira no descubrimento dunha placa conmemorativa do 30º aniversario do falecemento do etnógrafo Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas.
 
Santalices Vieira afirmou que “Galicia enteira está en débeda con moitos dos nosos devanceiros, moi particularmente con todos os galeguistas históricos, e dentro destes, cos protagonistas da Xeración Nós, que tivo o seu epicentro en Ourense, e a Xaquín Lorenzo, Xocas, como un dos seus integrantes serodios”.
 
Recordou  os intensos vínculos de Xocas con Lobeira, a terra dos seus devanceiros na que pasou longas tempadas, desde a súa infancia e adolescencia. “En Lobeira –sinalou o presidente do Parlamento-, Xocas observaría a decadencia dun mundo campesiño xa daquela en transformación, e que el se apresurou a estudar a partir dunha capacidade innata para a observación, a descrición e a análise minuciosa”. Na casa familiar de Facós  elaborou Xaquín Lorenzo , cunhas táboas vellas, a súa primeira maqueta dun carro de bois, traballo que completaría máis tarde e que o levaría a ingresar no Instituto de Estudos Galegos, da man de Cuevillas, cando apenas contaba 18 anos.
 
 
Primeiros traballos etnográficos
 
Foi, deste xeito, en Lobeira  onde Xocas comezaría os seus traballos etnográficos “recollendo cantigas, costumes e tantos outros elementos que conforman a nosa cultura e, con ela, a nosa identidade coma galegos”.
 
A homenaxe a Xocas continuará esta tarde en Ourense cunha mesa redonda titulada Xocas, no ronsel da Xeración Nós xa que nesa cidade, en palabras de Santalices, “forxou a súa maduración como intelectual e como galeguista, mais tamén a súa vocación como arqueólogo  e como etnógrafo, vertente na que aínda non foi superado, probablemente, nos nosos días”.
 
A placa, “en lembranza e homenaxe a un galego bo e xeneroso”, quedou colocada na casa familiar de Xocas, en Facós, onde o etnógrafo homenaxeado faleceu na tardiña do 18 de xullo de 1986. Tamén interviñeron no acto o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias; e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.
 
 
 
 
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-18T14:15:00Z 2019-07-18T16:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2954/
Acordo da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 11 de xullo de 2019


A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 11 de xullo de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 43408 (10/PNC-003489)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e sete deputados/as máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno de España en relación coa defensa ante a Unión Europea da pesca da quenlla e da extensión ao resto das frotas mundiais da práctica do "finning", a clarificación desta técnica e o estudo do seu custo para a frota galega
BOPG n.º 418, do 24.01.2019
 
Sométese a votación por puntos cos resultados seguintes:
Punto 1, aprobado por 8 votos a favor, 1 voto en contra e 2 abstencións.
 
Puntos 2 e 3 (coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 52486), aprobados por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto
orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Volver a demandar do Goberno de España que defenda a actividade pesqueira da quenlla, proceda a clarificar técnicamente a interpretación da práctica coñecida como "finning" e demande firmemente da Unión Europea que esta norma sexa estendida ao resto de flotas mundiais e así evitar que existan diferentes condicionantes para esta práctica pesqueira, segundo a frota de cada país.
 
2. Promover un estudo co custe que supón esta práctica para a frota galega e se axunte á demanda realizada ao Goberno de España. Tendo en conta que corresponde á Comisión Europea realizar as xestións oportunas nos foros internacionais para que este aspecto se consiga.
 
3. Realizar un  estudo conxuntamente co sector, sobre a posible conveniencia, para a flota galega, da aplicación da normativa existente noutros países nesta materia. As conclusións do estudo débense trasladar á Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia para o seu coñecemento e debate oportuno."

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-11T14:09:00Z 2019-07-11T16:10:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2953/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 10 de xullo de 2019

 

4.1 44961 (10/PNP-003369)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da transferencia á Xunta de Galicia das competencias en materia de xestión das bolsas de axuda ao estudo, así como dos recursos económicos correspondentes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a reclamar ao Goberno do Estado a transferencia das competencias correspondentes á xestión das bolsas de axuda ao estudo así como os recursos económicos correspondentes a elas.”
 
4.2 49349 (10/PNP-003739)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da programación da carga de traballo necesaria para os estaleiros de Navantia en Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para solicitarlle a programación inmediata de carga de traballo suficiente para os estaleiros de Navantia en Ferrol”.

4.7 51587 (10/PNP-003868)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a adopción por parte do Goberno galego de medidas, incluídas as de formación e de concienciación, para reducir a presenza de residuos nas praias e nos fondos mariños de Galicia co fin de recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 493, do 26.06.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  galego  insta  a  Xunta  de  Galicia  a  adoptar  medidas  inmediatas (incluídas  de  formación  e  concienciación)  para  reducir  a  presenza  de  residuos mariños nas praias e fondos mariños de Galicia, recuperando así a biodiversidade e os ecosistemas mariños”.
 
4.8 51998 (10/PNP-003894)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia dos setecentos millóns de euros comprometidos para o ano.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 495, do 01.07.2019
 
O texto aprobado é o seguinte: 
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia  a  reiterar  ante  o  Goberno  Central que habilite de maneira urxente os mecanismos legais correspondentes para transferir á Comunidade Autónoma de Galicia os 700 millóns de euros comprometidos para 2019 e que aínda adebeda, repartidos do seguinte xeito:
 
- Actualización das entregas a conta do exercicio do ano 2019 por importe de 330 millóns de euros.
 
- Devolución  da  mensualidade  do  IVE  do  exercicio  de  2017  por  importe  de  200 millóns de euros.
 
- E  incentivos  por  cumprir  todos  os  parámetros  de  estabilidade  orzamentaria  en 2017 e 2018, por un importe global de 170 millóns de euros”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-10T14:34:00Z 2019-07-10T14:38:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2952/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 9 de xullo de 2019


3.1 52050 (10/MOC-000152)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre a posición do Parlamento de Galicia e a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de atención á saúde da muller (moción a consecuencia da Interpelación nº 45948, publicada no BOPG nº 434, do 20.2.2019, e debatida na sesión plenaria do 25.6.2019)
 
“1)  O  Parlamento  de  Galicia  manifesta  o  seu  apoio  inequívoco  á  Lei  orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo.
 
2)  O  Parlamento  galego  insta  a  Xunta  de  Galicia  a  desenvolver  as  accións necesarias  para  garantir  o  pleno  cumprimento  da  Lei  orgánica  2/2010,  do  3  de marzo,  de  saúde  sexual  e  reprodutiva  e  de  interrupción  voluntaria  do  embarazo, tendo  en  conta  a  necesaria  dotación  de  medios  materiais  e  humanos  que  fosen necesarios”.
  
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-09T18:20:00Z 2019-07-09T18:20:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2951/
Carmen Rodríguez Dacosta toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia


Santiago, 9 de xullo de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Carmen Rodríguez Dacosta como deputada Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. A nova deputada da circunscrición de Ourense substitúe a Raúl Fernández Fernández, falecido recentemente.
 
Carmen Rodríguez Dacosta (Ourense, 1969) é licenciada en Dereito e técnica en Prevención de Riscos Laborais.
Asesora Xurídica do Sindicato UGT Galicia dende o ano 1996, ocupación que desempeña na actualidade. Formadora en cursos de Administración, Xestión, Documentación de empresas e outros  durante os anos 1994 e 1995. Directora Xeral de Persoal e  Recursos Humanos no  Concello de Ourense dende xullo de 2013 ata marzo do 2015. Delegada de Persoal da  Xunta de Galicia  desde agosto de 2005 a  23 de abril de 2009. Delegada de Persoal e Recursos Humanos no   Concello de Ourense dende maio do 2009 a maio do 2013 (Con delegación competencial). Concelleira no  Concello de Ourense dende maio de 2015 ata maio de 2019.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-09T10:37:00Z 2019-07-09T10:39:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2950/
Santalices homenaxea aos médicos rurais pola súa “entrega absoluta” ao exercicio da medicina

 
• O presidente do Parlamento de Galicia participou esta tarde na inauguración do Museo do Médico Rural, en Maceda, unha iniciativa única en España e en Europa
 
• Convida a reflexionar sobre os avances sanitarios rexistrados en Galicia no último medio século, onde se pasou dos menciñeiros á posibilidade de activar un complexo dispositivo asistencial na porta da casa con só unha chamada ao 061

Santiago, 5 de xullo de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde na inauguración do Museo do Médico Rural, unha novidosa iniciativa, única en España e en Europa polas súas características, que quedará aberta ao público no baixo da casa consistorial de Maceda (Ourense).
 
Que Galicia conte co primeiro museo dedicado aos médicos rurais é, para Santalices, un motivo de orgullo, na medida en que homenaxea a facultativos que “exerceron a medicina con entrega absoluta, suplindo as carencias técnicas cun enxeño e cunha pericia practicamente infinitos, e tamén co exercicio multidisciplinar, xa que a lugares aos que daquela apenas se podía chegar máis que a pé ou a cabalo, dificilmente podía chegar outra asistencia facultativa que non fose a do médico da vila”.
 
Valorar os avances sanitarios
 
Para Santalices, a inauguración deste Museo tamén invita a reflexionar sobre os avances sanitarios rexistrados en Galicia no último medio século. Neste tempo “pasamos –e cómpre lembralo- dunha Galicia de menciñeiros, compoñedores, supersticións e absoluta carencia de recursos de todo tipo, a dispoñer dun sistema sanitario público de vangarda, no que cunha simple chamada telefónica ao 061 podemos activar e situar na porta de calquera galego un complexo e avanzado  dispositivo asistencial, público e de balde. Convén telo presente, insisto, para valorar o que temos, xa que non estou seguro de que sexamos plenamente conscientes do que temos agora e de todo o que careciamos non hai tantas décadas”.
 
Proxección para Maceda
 
O presidente do Parlamento tivo verbas de recoñecemento para o impulsor do Museo do Médico Rural, o Dr. José Manuel Lage Parente, que logo dunha vida de exercicio da medicina rural nas terras de Maceda, “dedicou o seu tempo e o seu talento” a materializar este proxecto museístico.
 
Agradeceu tamén Santalices a colaboración brindada polos doutores Blanco Pérez e Pascual Lage, e a todos os que dun ou doutro xeito contribuíron a facer realidade esta idea. E felicitou ao alcalde de Maceda pola súa implicación. “Podes estar seguro de que este esforzo –afirmou, dirixíndose ao rexedor- se verá recompensado en forma de proxección para Maceda e a súa contorna”.
 
Santalices animou a todos os médicos e demais profesionais sanitarios que colaboraron na posta en marcha do Museo do Médico Rural  a que escriban e publiquen os seus recordos porque “son protagonistas e testemuñas de vivencias que non deberían perderse e son merecedoras de ser compartidas co conxunto da sociedade”.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-05T22:10:00Z 2019-07-05T22:12:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2949/
Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 5 de xullo de 2019

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 5 de xullo de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de natureza normativa
 
Proxecto de lei
 
Designación da Ponencia
 
- 49936 (10/PL-000016)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei do patrimonio natural de Galicia
BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 
G.P. Popular de Galicia
D. Gonzalo Trenor López (titular)
D. Martín Fernández Prado (suplente)
 
G.P. de En Marea
D. Antón Sánchez García (titular)
D. Marcos Cal Ogando (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia
D.ª Patricia Vilán Lorenzo (titular)
D.ª María Luisa Pierres López (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego
D. Xosé Luís Bará Torres (titular)
D. José Luís Rivas Cruz (suplente)
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 49764 (10/PNC-004027)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Grupo Parlamentario de En Marea
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa preocupación amosada polos traballadores do aeroporto de Santiago de Compostela respecto da segregación dos servizos de cafetería e cantina na licitación do servizo de restauración do aeroporto
BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Esixir á dirección de AENA en Santiago de Compostela que reciba á representación sindical dos traballadores e traballadoras para que poidan trasladarlle as súas preocupacións.
 
2.- Solicitar de AENA que introduza nos pregos de licitación do novo servizo de restauración as cláusulas necesarias que garantan, en calquera caso, o mantemento dun servizo de comedor nas condicións vixentes previstas no prego da cantina.
 
3.- Apoiar as reivindicacións do Comité de Centros de aeroporto na reclamacion relativa ao mantemento das condicións do servizo de comedor actualmente existente no aeroporto de Santiago para todos os traballadores e traballadoras."

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento
 
Elección membros da Mesa
 
Elección de vicepresidente
 
- 49764 (10/CEEM-000045)
Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Ser.
Elección da vicepresidencia da Comisión
 
Don Jacobo Moreira Ferro (G. P. Popular de Galicia)

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-05T13:23:00Z 2019-07-05T13:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2948/
O presidente do Parlamento anima a potenciar o consumo de peixe, “un alimento nutritivo e saudable”

 
• Santalices Vieira inaugurou en Vigo a terceira edición do Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest, certame “bo para Vigo e para o conxunto de Galicia”
 
• Recorda que o 90% das enfermidades cardiovasculares prematuras poderían previrse cun estilo de vida axeitado, evitando o tabaco, facendo exercicio físico e levando unha dieta sa, con máis peixe
 
Santiago, 5 de xullo de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, inaugurou esta mañá a terceira edición do Festival ARVI do Peixe, VigoSeafest, unha iniciativa da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo orientada a promocionar a cultura culinaria dos produtos do mar.
 
Santalices felicitou aos promotores deste certame que, na súa opinión,  “é bo para Vigo e para co conxunto de Galicia”, porque atrae visitantes á cidade e porque recorda a transcendencia económica do sector extractivo e de toda a cadea relacionada, da que dependen máis de 30.000 familias na área da cidade olívica.
 
Consumir máis peixe
 
O titular da Cámara galega amosouse preocupado polo “desleixo dunha parte importante da poboación en relación cos hábitos de vida saudable e recordou, a modo de exemplo, que preto do 90% das enfermidades cardiovasculares prematuras poderían previrse cun estilo de vida axeitado, evitando o tabaco, facendo e exercicio e levando unha dieta sa.
 
Trátase, segundo dixo, de “consumir produtos reais, sen procesar ou escasamente procesados, e potenciar o consumo de peixe, especialmente o peixe azul”.
 
Neste contexto considerou “un acerto” o Vigo SeaFest porque contribúe a concienciar á sociedade sobre a ampla oferta de produtos do mar que ten á súa disposición e tamén porque “apoia o consumo e peixe, un alimento nutritivo e saudable que fariamos ben en potenciar no noso día a día”.
 
Referiuse tamén ao “protagonismo” que a pesca, o marisqueo e a acuicultura teñen nos diferentes órganos que configuran o Parlamento de Galicia, “unha realidade acorde coa condición de Galicia como potencia pesqueira indiscutible”.
 
Preservar o medio mariño
 
Canda o apoio para o sector pesqueiro, Santalices Vieira reclamou tamén a implicación da sociedade para a preservación do medio mariño, porque “ningunha persoa sensata pode resignarse ante un mar contaminado” e os recursos naturais “son finitos, aínda que ás veces nos esquezamos diso”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-05T12:33:00Z 2019-07-05T13:31:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2947/
Acordo da Comisión 6ª. Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 4 de xullo de 2019

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 4 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 51757 (10/PNC-004139)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Transición Ecolóxica en relación coa construción dunha nova subestación eléctrica para a conexión do polígono industrial de Balaídos, en Vigo, á rede de transporte de 220 quilovolts
BOPG n.º 493, do 26.06.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio para a Transición Ecolóxica para que cumpra coa planificación vixente 2015-2020 de Rede Eléctrica de España, sometida ao Congreso dos Deputados a aprobada por Acordo do Consello de Ministros do anterior Goberno de Mariano Rajoy, levando a cabo todas as medidas necesarias para desbloquear este investimento e iniciar a construción dunha nova subestación para atender a demanda industrial de Balaídos e conectar a Vigo á rede de transporte de 220 kilovoltios, facilitando unha subministración eléctrica moderna con capacidade de ofrecer estabilidade ao servizo e un abaratamento da factura eléctrica, tal e como estaba previsto”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-04T14:19:00Z 2019-07-04T14:21:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2946/
Acordo da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 4 de xullo de 2019

 
A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 4 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 44499 (10/PNC-003570)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre a realización de xestións por parte do Goberno galego diante do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en relación coa necesidade de protexer o sector produtor alimentario mediante a modificación da Lei da cadea alimentaria
BOPG n.º 422, do 30.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a trasladar ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, a necesidade de protexer ao sector produtor alimentario coa oportuna modificación da Ley de la Cadena Alimentaria, tal e como demandou o dito sector."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-04T14:16:00Z 2019-07-04T14:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2945/
O Parlamento de Galicia organizou medio centenar de charlas divulgativas para o estudantado galego no curso 2018-19

 
• Esta actividade chegou a preto de 3.500 alumnos, malia o parón derivado das dúas convocatorias electorais deste ano
 
Santiago, 4 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia
organizou, durante o curso 2018-2019 un total de 48 charlas divulgativas para alumnado de ESO, Bacharelato, ciclos formativos e ensino universitario, nas que participaron arredor de 3.500 alumnas e alumnos.
 
Esta actividade organízase coa colaboración da Asociación de Ex-deputados/as da Cámara e conta cunha crecente aceptación entre a comunidade educativa.
 
Estas charlas quedan en suspenso cada vez que se produce unha convocatoria electoral, razón que se traduciu nun parón durante o primeiro semestre de 2019, derivado das dúas citas coas urnas, as das eleccións xerais e das municipais.
 
De non ter sido por esa razón, probablemente se tería superado a marca do curso 2017-2018, no que se celebraron 58 charlas.
 
O ciclo de charlas divulgativas sobre o Parlamento de Galicia púxose en marcha no ano 2011 para dar a coñecer a institución ao estudantado de ESO e Bacharelato. Na súa primeira edición participaron 20 centros. As charlas son impartidas por ex-deputados da Cámara desde unha óptica plural na medida en que habitualmente participan representantes de tres formacións políticas diferentes. A actividade comeza coa proxección dun vídeo sobre o Parlamento e, logo da exposición de cada un dos relatores, o alumnado abre unha rolda de preguntas. A boa  aceptación da iniciativa levou ao Parlamento a estender a iniciativa ao ensino universitario.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-04T11:31:00Z 2019-07-04T11:31:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2944/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 9 de xullo de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 9 de xullo de 2019, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de xullo de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto lexislativo
 
 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Proxecto de lei de administración dixital de Galicia (doc. núm. 48795, 10/PL-000014)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 482, do 04.06.2019
 Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 492, do 25.06.2019
 
Punto 2. Comparecencia
 
 52101 (10/CPP-000105)
 do Sra. conselleira do Mar, por petición propia, para dar conta do impacto das estratexias de desenvolvemento local participativo dos GALPs nas zonas pesqueiras de Galicia
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 52050 (10/MOC-000152)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia e a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de atención á saúde da muller (moción a consecuencia da Interpelación nº 45948, publicada no BOPG nº 434, do 20.2.2019, e debatida na sesión plenaria do 25.6.2019)
 
3.2 52051 (10/MOC-000153)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a apertura por parte do Goberno galego dunha mesa de diálogo cos representantes do sector das artes escénicas para tratar e solucionar os problemas do Centro Dramático Galego (moción a consecuencia da Interpelación nº 48741, publicada no BOPG nº 458, do 09.4.2019, e debatida na sesión plenaria do 25.6.2019)
 
3.3 52057 (10/MOC-000154)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de igualdade de trato e de non-discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (moción a consecuencia da Interpelación nº 50774, publicada no BOPG nº 486, do 12.6.2019, e debatida na sesión plenaria do 25.6.2019)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 

4.1 44961 (10/PNP-003369)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da transferencia á Xunta de Galicia das competencias en materia de xestión das bolsas de axuda ao estudo, así como dos recursos económicos correspondentes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
4.2 49349 (10/PNP-003739)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
 Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da programación da carga de traballo necesaria para os estaleiros de Navantia en Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
4.3 50000 (10/PNP-003788)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co pechamento de camas durante os meses de verán nos centros hospitalarios do Sergas e coa derivación de doentes á sanidade privada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 
4.4 51389 (10/PNP-003849)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención das consultas referidas á tramitación de proxectos e cos tempos de tramitación dos expedientes nos servizos provinciais de Patrimonio Cultural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 19.06.2019
 
4.5 51406 (10/PNP-003850)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Torregrosa Sañudo, Julia e 2 máis
 Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co prezo do alugamento da vivenda
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 19.06.2019
 
4.6 51541 (10/PNP-003860)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos convites para a asistencia dos seus membros ás touradas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 19.06.2019
 
4.7 51587 (10/PNP-003868)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre a adopción por parte do Goberno galego de medidas, incluídas as de formación e de concienciación, para reducir a presenza de residuos nas praias e nos fondos mariños de Galicia co fin de recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 493, do 26.06.2019
 
4.8 51998 (10/PNP-003894)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 13 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia dos setecentos millóns de euros comprometidos para o ano.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 495, do 01.07.2019
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 48636 (10/INT-001612)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa prevención do abandono escolar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
5.2 51374 (10/INT-001708)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa protección das persoas galegas usuarias de produtos financeiros
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 19.06.2019
 
5.3 51518 (10/INT-001713)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
 Sobre a xestión de Xóvenes Agricultores
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 19.06.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 52123 (10/POPX-000157)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Lago Peñas, José Manuel
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para evitar a desigualdade económica e social de Galicia
 
6.2 52126 (10/POPX-000158)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a avaliación das políticas do Goberno galego para frear o devalo demográfico de Galicia
 
6.3 52127 (10/POPX-000159)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da incidencia que van ter as novas iniciativas no afrontamento dos problemas demográficos de Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 52120 (10/PUP-000259)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia respecto da situación xerada no encoro da Baxe, en Caldas de Reis, dende a presenza da alga microcistina
 
7.2 52111 (10/PUP-000257)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a necesidade dunha explicación e dunha valoración por parte do Goberno galego respecto das súas relacións con Pemex
 
7.3 52122 (10/PUP-000260)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 8 máis
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego diante do Goberno central para que rectifique a súa decisión de denegar a solicitude de conexión do polígono industrial de Balaídos á rede de 200 quilovoltios
 
7.4 51771 (10/POP-006073)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto da reapertura da escola unitaria do Colexio Rural Agrupado de Narón
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 493, do 26.06.2019
 
7.5 52119 (10/PUP-000258)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as previsións do Goberno galego en relación coa privatización de servizos sanitarios
 
7.6 51422 (10/POP-006030)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da campaña de verán do 2019 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, presentada baixo o lema "O verán que queres vivir"
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 19.06.2019
 
7.7 50958 (10/POP-006005)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pérez Seco, José Manuel e Fernández Fernández, Raúl
 Sobre o motivo polo que a Xunta de Galicia se atrasou nos pagamentos dos fondos para Programas de Desenvolvemento Rural (PDR)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 19.06.2019
 
7.8 51573 (10/POP-006051)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as medidas adoptadas e previstas polo Goberno galego en relación coa incidencia do uso de praguicidas na saúde dos traballadores que os manipulan e nos cultivos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 493, do 26.06.2019
 
7.9 51713 (10/POP-006065)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para o cumprimento do acordo parlamentario referido á modificación polo Goberno central da normativa que regula o IRPF no referido á tributación das axudas para a incorporación de persoas mozas á actividade agraria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 493, do 26.06.2019
 
7.10 50335 (10/POP-005966)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre os principios nos que se basea o Plan de acción do marisqueo Galicia 2030
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 483, do 05.06.2019

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 2 de xullo  de 2019
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-07-02T19:26:00Z 2019-07-02T19:29:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2943/
Santalices reivindica a Lei Paz Andrade como un “paso de xigante” para fortalecer as relacións de Galicia coa lusofonía

 
• O presidente do Parlamento de Galicia participou este mediodía en Cambados na entrega do IV Recoñecemento Fundación Manolo Paz ao arquitecto portugués Álvaro Siza

Santiago, 29 de xuño de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reivindicou hoxe a aposta da Cámara galega por reforzar os vínculos con Portugal a través de iniciativas como a Lei de iniciativa lexislativa popular Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía, aprobada por unanimidade en marzo de 2014.
Trátase, a xuízo de Santalices, dun “paso modesto, mais un paso de xigante para que Galicia poida formar parte por dereito propio, sen renuncias nin complexos de inferioridade, da gran Commonwealth cultural que é a lusofonía”.
 
O titular do lexislativo galego compartiu estas reflexións este mediodía en Cambados, onde participou no acto de entrega do IV Recoñecemento Fundación Manolo Paz de Arte Contemporánea ao arquitecto luso Álvaro Siza.
Siza, “un de nós”
 
Santalices Vieira felicitou á Fundación Manolo Paz polo acerto de outorgar a súa distinción anual a Álvaro Siza, “un dos grandes arquitectos contemporáneos de todo o mundo” ao que, na súa opinión, “podemos considerar medio galego, un de nós”, en referencia aos vínculos históricos xeográficos e culturais que comparten Galicia e Portugal.
 
Subliñou tamén os vínculos profesionais de Siza coa Comunidade, xa que é autor de “proxectos que deixaron fonda pegada en Galicia”, como o Centro Galego de Arte Contemporánea, ademais de académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes.
 
O presidente do Parlamento tivo verbas de recoñecemento para o equipo da Fundación polo éxito das súas xornadas artísticas, que este ano acadan a súa cuarta edición, e para o propio Manolo Paz, “un dos escultores galegos e españois máis reputados, dentro e fóra das nosas fronteiras”.
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-29T16:39:00Z 2019-06-29T16:43:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2942/
Acordo da Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebradao 28-06-2019

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 28 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento

Elección membros da Mesa
 
Elección de presidente
 
-  (10/CEEM-000044)
Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
Elección presidente da Comisión
 
Don José Manuel Rey Varela (P)

 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 31341 (10/PNC-002532)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa localización, exhumación e identificación dos restos das persoas desaparecidas de xeito forzoso e involuntario, así como das fosas onde se atopan
BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que:
 
1º Garanta no ámbito das súas competencias que as exhumacións sexan recoñecidas dentro do marco dos dereitos humanos, e non como “achados” ou  “restos”  arqueolóxicos, tal e como vén sucedendo na actualidade, e que se realicen de acordo ao protocolo de exhumación aprobado polo Goberno do Estado.
 
2º Se aplique a Lei da memoria histórica, no seu artigo 12.2, en canto fai referencia expresa á identificación das fosas. As fosas ou os lugares onde se atopan, deben estar preservadas para evitar a súa deterioración ou a súa destrución ante calquera tipo de inxerencia ou proceder urbanístico.
 
3º Os familiares e/ou as asociacións correspondentes poidan recibir apoio institucional para a localización, exhumación e identificación das vítimas. Algo que, na actualidade, non sempre está a ocorrer.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-28T14:25:00Z 2019-06-28T14:38:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2941/
A Mesa do Parlamento aborda a constitución do Grupo Mixto


Santiago, 28 de xuño de 2019.- A Mesa do Parlamento de Galicia cualificou este venres o escrito no que o Grupo Mixto designa ao seu voceiro, trámite co que se constitúe formalmente o Grupo Mixto, ademais de abordar, de xeito preliminar, as restantes medidas a adoptar en relación con este asunto.
 
O presidente do Parlamento explicou que traballa co obxectivo de que a conformación do Grupo Mixto se faga cumprindo os trámites regulamentarios, por acordo unánime e evitando un incremento do gasto público.
A adopción dos acordos da Mesa en relación co funcionamento da Cámara producirase logo de escoitar a Xunta de Portavoces, polo que as decisións estarán condicionadas polo posicionamento dos grupos parlamentarios.
 
O presidente da Cámara trasladou aos restantes membros da Mesa unha proposta encamiñada a habilitar un espazo específico para o Grupo Mixto na planta baixa das  dependencias que ata o de agora viña utilizando o Grupo de En Marea, seguindo criterios de proporcionalidade.
 
Os traballos necesarios para separar ese espazo desenvolveranse durante o verán e, ademais de procurar que teñan o menor custe posible, evitarase que afecten á estrutura do edificio e os seus usuarios.
 
Minimizar o impacto sobre as arcas públicas
 
Respecto ao réxime económico, Santalices explicou que está a traballar en diferentes escenarios, con dous condicionantes: respectar os dereitos regulamentarios do Grupo Mixto e procurar o menor impacto posible sobre as arcas públicas. O presidente da Cámara trasladará estas propostas á Mesa e Xunta de Portavoces coa intención de que a decisión definitiva sexa acordada por unanimidade.
 
Deste xeito, o Grupo Mixto comeza a súa incorporación progresiva  á vida parlamentaria ao tempo que amplía dereitos a medida que avanza o tempo. Unha vez constituído, poderá rexistrar iniciativas que estarán en disposición de ser incorporadas a orde do días dos diferentes órganos unha vez transcorridos os prazos regulamentarios establecidos.
 
A Mesa e Xunta de Portavoces do vindeiro 2 de xullo poderá acordar, previsiblemente, a composición das comisións, a composición da Deputación Permanente e os cupos de iniciativas que lle correspondan ao Grupo Mixto.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-28T13:22:00Z 2019-06-28T13:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2940/
Santalices reitera a “intensa vocación social” do Parlamento de Galicia


• Participou esta mañá nunha xornada organizada por EAPN-Rede Contra a Pobreza na que se presentou unha campaña contra a aporofobia

Santiago, 28 de xuño de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reiterou hoxe a “intensa vocación social da Cámara galega, sempre comprometida cos máis vulnerables, especialmente coas persoas con discapacidade, física ou mental, coas minorías ou colectivos en risco de exclusión”.
 
Santalices pronunciouse deste xeito no transcurso do XIII Encontro Estatal de Participación, organizado por EAPN-Rede contra a Pobreza no que se presentou a campaña Aporofobia, rumores e estereotipos invisibles na inserción. Tamén participaron a conselleira de Política Social da Xunta, o director xeral de Servizos para as Familias e a Infancia do Ministerio de Sanidade e o presidente de EAPN para Europa e España.
 
Recordou o presidente do Parlamento que o Lexislativo galego leva moito tempo chamando a atención sobre os problemas derivados da pobreza e o risco de exclusión social que esta implica. Apuntou que xa no ano 2010, o Parlamento de Galicia adoptou unha declaración institucional de todos os grupos parlamentarios coincidindo co Día Internacional para a erradicación da pobreza, declaración ampliada que volveu adoptar en 2017.
 
Unanimidade
 
“Subliño a unanimidade acadada neste asunto –afirmou Santalices Veira-, pese a que na política actual o desencontro xere máis titulares que o acordo”. “Unha vez máis, as deputadas e deputados  do Parlamento de Galicia teñen demostrado  a súa capacidade e a súa disposición para aparcar diferenzas ideolóxicas na busca do consenso en asuntos de vital importancia”.
 
Recordou que o Parlamento de Galicia ten acollido diferentes iniciativas de concienciación impulsadas por EAPN Galicia e apuntou tamén que a Administración parlamentaria asinou diferentes convenios de colaboración con entidades e organizacións que traballan no ámbito dos colectivos vulnerables, e mesmo aposta pola integración laboral de persoas con discapacidade.
 
Para Santalices, a estratexia do Parlamento para reforzar a súa proxección social inclúe a posibilidade de “utilizar o pazo do Hórreo como caixa de resonancia para causas nobles,  como acontece coas sucesivas actividades impulsadas coa colaboración de EAPN Galicia e de tantas outras organizacións de diferente índole”.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-28T12:50:00Z 2019-06-28T12:54:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2939/
Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada o 27 de xuño de 2019

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 27 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 47944 (10/PNC-003878)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre a dotación por parte da Xunta de Galicia á Oficina Agraria Comarcal de Lugo do persoal necesario reflectido na relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural
BOPG n.º 450, do 27.03.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Levar a cabo unha análise completa da situación actual das Oficinas Agrarias Comarcais existentes en Galicia no presente ano 2019.
 
2. Antes de rematar a lexislatura, realizar unha planificación das Oficinas Agrarias Comarcais consecuente coa realidade da actividade agrogandeira galega, garantindo que as oficinas agrarias comarcais manteñan as súas funcións de dinamización e de asesoramento aos gandeiros e agricultores das zonas correspondentes, dotándoas dos medios materiais e humanos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 43167 (10/PNC-003476)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central, así como a actuación que debe levar a cabo, en relación coa venda fraudulenta de produtos agroalimentarios con referencias xeográficas non acreditadas por algún selo de calidade diferencial
BOPG n.º 418, do 24.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia:
 
1.- A que solicite ao Ministerio o aumento dos controis sobre a venda fraudulenta de produtos agroalimentarios con referencias xeográficas non acreditadas por algún selo de calidade diferencial.
 
2.- A  que  dentro  da  área  de  promoción  da  calidade  impulse  os  mecanismos adecuados de control para a protección e comercialización dos produtos agroalimentarios galegos con selos de calidade diferenciada".

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-27T14:20:00Z 2019-06-27T14:25:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2938/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de xuño de 2019

 

4.1 36111 (10/PNP-002682)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Castiñeira Broz, Jaime e 6 máis
Sobre o fomento por parte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fegamp, da constitución de parques públicos de vivenda en alugueiro social nos concellos de menos de vinte mil habitantes, co emprego simultáneo das liñas de axuda destinadas á rehabilitación de vivendas de titularidade municipal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia:
 
-  A fomentar, en colaboración  coa Fegamp,  a  constitución  de  parques  públicos  de  vivenda  en  alugueiro  social  nos concellos de menos de 20.000 habitantes, co emprego simultáneo das liñas de axudas de  que  dispón  a  Xunta  de  Galicia  para  a  rehabilitación  de  vivendas  de  titularidade municipal.
 
- A aumentar, en colaboración con todos os concellos de Galicia, o parque público de vivenda en alugueiro social facendo uso de todas as liñas de axudas ao investimento destinadas a vivenda  de promoción pública, tanto para nova creación como para rehabilitación de vivenda de titularidade municipal, así como posta a disposición de vivendas por parte de particulares  a través dos programas pertinentes”.

4.2 46284 (10/PNP-003465)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da Proposición de lei orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, presentada no Congreso dos Deputados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 434, do 20.02.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“1.- O Parlamento de Galicia manifesta o seu firme apoio á Proposición de Lei Orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas  e  cousas  nas  comunidades  de  propietarios,  rexistrada  no  Congreso  dos Deputados o 31 de xaneiro.
 
2.- O Parlamento   de   Galicia   reclama   das   forzas   políticas   con   representación parlamentaria  que  dean  a  súa  aprobación  a  esta  iniciativa  normativa    antiokupa, pioneira  en  España,  por  ser  de  interese  xeral  e  necesaria  para  corrixir  un  grave problema  social  e  de  convivencia  xerado  por  mor  destas  actividades  ilegais  contrarias ao dereito á propiedade e á seguridade das persoas e as cousas”.
 
4.5 50311 (10/PNP-003812)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 2 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun procedemento para a valoración da calidade arquitectónica das edificacións afectadas polos artigos 24 e 39 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, que queiran obter a excepcionalidade do cumprimento das condicións especiais xenéricas que lles son aplicables
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 483, do 05.06.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que se dirixa, a través da FEGAMP, a todos os concellos de Galicia co fin de facilitar, a través dos mecanismos que estimen oportunos, a aplicación efectiva do contido dos artigos 24.7a e 39c da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia, no referente ás propostas que se xustifiquen pola súa calidade arquitectónica en canto ó cumprimento das condicións de edificación”.

4.7 50678 (10/PNP-003829)
Grupo Parlamentario de En Marea
Miranda Pena, Flora María e 2 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dunha proposta alternativa e sustentable para o depósito dos lodos procedentes da dragaxe do río Lérez
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 12.06.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento Galego acorda demandar da Xunta de Galicia a elaboración, conforme á normativa vixente e ás directrices existentes a respecto deste tipo de actuacións, dunha proposta  alternativa  e  sustentable  para  o  depósito  dos  lodos  procedentes  do dragado do Lérez, de tal forma que se garanta que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, nomeadamente a ría de Arousa”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-26T18:22:00Z 2019-06-26T18:24:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2937/
Campaña de prevención do melanoma no Parlamento de Galicia

• A iniciativa enmárcase na campaña Euromelanoma, implantada en 33 países
 
Santiago, 26 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia acolleu este mércores unha xornada orientada a concienciar á sociedade sobre a importancia da detección precoz do melanoma, un cancro cutáneo potencialmente moi agresivo cando non se detecta nas súas fases iniciais.
 
A xornada foi coordinada polo polo Dr. Hugo Alberto Vázquez Veiga, xefe do Servizo de Dermatoloxía da EOXI de Santiago. A iniciativa enmárcase na campaña Euromelanoma, impulsada por unha rede de dermatólogos europeos, iniciada en Bélxica en 1999 e impulsada entre outras sociedades científicas pola Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxia e as súas seccións  autonómicas e rexionais. Na actualidade está activa en 33 países para promover a prevención, diagnóstico precoz e tratamento do cancro cutáneo. Engloba actividades orientadas ao público en xeral, á comunidade científica e aos responsables políticos.
 
Deputadas e deputados, persoal da Cámara e xornalistas tiveron ocasión de someterse a unha revisión cutánea dentro do marco de prevención secundaria do melanoma e recibiron consellos relacionados coa prevención primaria deste cancro de pel, a fotoprotección, a principal ferramenta de protección fronte a gran maioría dos cancros de pel, dos que todos días morren dúas persoas en España.
 
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, e polo  conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitaron aos participantes nesta iniciativa.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-26T12:15:00Z 2019-06-26T12:16:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2936/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de xuño de 2019

3.3 51582 (10/MOC-000151)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co fenómeno social da soidade non desexada. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 48288, publicada no BOPG nº 455, do 03.04.2019, e debatida na sesión plenaria do 11.06.2019)
 
O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
Elaborar, durante a X lexislatura e en colaboración coa Fegamp, un informe que permita dimensionar o impacto do fenómeno da soidade en Galicia.
 
a) Dito  documento  conterá  un  censo  de  persoas  maiores  que  viven  soas  en Galicia.
 
b) Tendo en conta os resultados deste informe, e en colaboración coa Fegamp, o Goberno  de  España,  e  a  participación  do  terceiro  sector,  elaborar  de  maneira urxente  unha  Estratexia  de  prevención  e  atención  á  soidade  non  desexada  en Galicia, que aborde de forma integral este fenómeno”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-25T15:19:00Z 2019-06-25T15:19:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2935/
Jackeline Elizabeth Fernández Macías toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia


Santiago, 25 de xuño de 2019.- Jackeline Elizabeth Fernández Macías tomou posesión esta mañá, ao inicio do Pleno do Parlamento, como deputada do PPdeG pola circunscrición de Ourense.
 
A nova deputada naceu en Venezuela en 1986 e accede ao Parlamento de Galicia en substitución de César Manuel Fernández Gil, elixido alcalde de Ribadavia.
 
Fernandez Macías é licenciada en Administración e Dirección de Empresas e diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo; e máster en Dirección e Planificación de Turismo de Interior e de Saúde pola Universidade de Vigo.
 
Foi presidenta da Novas Xeracións de Ourense de 2010 ata o 2016. Na actualidade é membro do Comité de Dirección e Xunta Directiva do PP de Ourense.  Foi deputada na IX Lexislatura no Parlamento de Galicia, formando parte das Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos; Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes; e da Comisión de Asuntos Europeos.
 
O Pleno da Cámara comezou gardando un minuto de silencio en memoria do deputado Raúl Fernández Fernández, falecido a semana pasada.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-25T12:09:00Z 2019-07-09T09:31:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2934/
O Parlamento de Galicia elixe aos senadores autonómicos para a XIII Lexislatura do Senado


Santiago, 25 de xuño de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta mañá, nunha sesión específica a/os senadora/es representantes da Comunidade Autónoma de Galicia para a XIII Lexislatura do Senado.

Resultaron elixidos Elena Muñoz Fonteriz e Jesús Vázquez Abad, propostos polo Grupo Parlamentario Popular de Galicia; e José Manuel Sande García, proposto polo Grupo Parlamentario de En Marea.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-25T11:02:00Z 2019-06-25T11:02:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2933/
O Parlamento de Galicia impulsará a participación dos centros especiais de emprego nos seus concursos públicos

• O Pazo do Hórreo alberga desde hoxe a exposición fotográfica Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas, para dar a coñecer a realidade dos centros especiais de emprego
 
• Santalices reitera o “especial compromiso da Cámara coas persoas e colectivos  vulnerables”
 
Santiago, 24 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia inaugurou este mediodía a exposición fotográfica Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas, impulsada pola Asociación de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro para dar a coñecer a realidade destes centros.
No acto inaugural, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, deu a benvida a esta mostra que “encaixa á perfección na aposta de apertura desta institución á sociedade, pero tamén no especial compromiso da Cámara coas persoas e colectivos vulnerables, como acontece neste caso coas persoas con capacidades diferentes”.
 
Obriga de concienciación
 
Apuntou que os poderes públicos “temos unha obriga especial en materia de concienciación”, ámbito no que enmarcou os convenios de colaboración asinados pola Cámara coa práctica totalidade das entidades  que operan no ámbito da discapacidade “porque queremos contar con eles na nosa xestión cotiá”.
 
Santalices Vieira sinalou que  do mesmo xeito que o Parlamento introduciu cambios na súa política de recursos humanos para facilitar a incorporación de persoas con capacidades diferentes, “agardamos, nun futuro próximo, poder abrir determinados concursos públicos da institución aos centros especiais de emprego, como os que protagonizan a exposición que hoxe abre as súas portas”.

O titular do Parlamento de Galicia foi precedido polas intervencións da conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García; e polo presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez.

A mostra inaugurada hoxe no Parlamento de Galicia permanecerá aberta ata  o 3 de xullo e está integrada por imaxes do fotógrafo coruñés Diego Silva, que durante dous anos e medio acudiu a once centros especiais de emprego para plasmar a actividade diarias destes profesionais.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-24T14:29:00Z 2019-06-24T14:31:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2932/
O Parlamento de Galicia custodia a biblioteca e o arquivo persoal de Carballo Calero

 
• O presidente da Cámara felicítase pola elección de Carballo Calero como figura homenaxeada no ano 2020 e reitera que os fondos depositados no Parlamento están a disposición de estudosos e investigadores

Santiago, 23 de xuño de 2019.- A biblioteca persoal e o fondo documental atesourado por Ricardo Carballo Calero durante toda a súa vida está depositado no Parlamento de Galicia, institución que adquiriu este material en 1997 e que, unha vez catalogado, pon a disposición dos investigadores e persoas interesadas na súa consulta.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, felicítase pola decisión da Real Academia Galega de homenaxear a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910/ Santiago de Compostela, 1990) e reitera a dispoñibilidade absoluta do Lexislativo galego para facilitar o acceso aos fondos bibliográficos e documentais para facilitar o coñecemento desta figura clave na historia da lingua e a cultura galegas.
 
Fondos
 
A que no seu momento fora biblioteca persoal de Ricardo Carballo Calero está catalogada desde o ano 2012 e integrada por 4.872 volumes e 197 titulos de revistas. A maioría dos libros gardan relación coa literatura e a lingüística, disciplinas nas que se centrou o labor profesional de Carballo Calero, que foi o primeiro catedrático de lingua e literatura galega da Universidade de Santiago;  conta, ademais, con obras de historia ou filosofía.
 
Esta biblioteca pode resultar especialmente interesante para os investigadores que traballen no eido da lingüística e a literatura galegas. Inclúe unha moi completa colección de obras de autores galegos desde o séxulo XIX ata a década dos 80 do século pasado,  entre as que se atopan gran cantidade de primeiras edicións, coleccións completas e  obras de edicións esgotadas que no seu momento tiveran edicións de moi pequena tirada. Destacan tamén primeiras edicións de autores da xeración do 27.
 
O Parlamento de Galicia custodia tamén o arquivo persoal de Carballo Calero, descrito en preto de 3.500 entradas catalográficas.  Polo de agora, a visualización e descarga deste material está reservada á Intranet do Parlamento, pero é intención da Cámara facilitar o acceso universal e aberto aos diferentes materiais a medida que se dispoña de autorizacións ou que os documentos pasen a ser de dominio público, o que non impide a súa consulta na sede parlamentaria.
 
Cartas e manuscritos
 
Este fondo documental está integrado por material diverso no que se inclúen manuscritos do propio autor e preto de 4.000 cartas, entre as que se atopan escritos de Fernández del Riego, Montero Díaz, Parga Pondal, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Tomás Barros, Álvarez Blázquez, Rodrígues Lapa ou Sebastián Martínez Risco.
 
O Parlamento de Galicia cuestodia tamén a biblioteca dos irmáns Antón e Ramón Villar Ponte (os dous foron escritores e xornalistas) e a da escritora Elena Quiroga e o marido desta, Dalmiro de la Válgoma.
 
O catálogo desta colección, ao igual que o catálogo xeral da biblioteca do Parlamento, pode consultarse a través da web da institución.
 
Os investigadores e outras persoas interesadas en consultar o material deben desprazarse fisicamente á sede da Cámara, previa autorización de acceso á Biblioteca da institución.
O exhaustivo labor de catalogación destes arquivos e bibliotecas e a dixitalización dos arquivos implicou un intenso traballo. O labor foi dirixido polos servizos do Parlamento de Galicia e contou coa participación activa dos bolseiros seleccionados ao abeiro da convocatoria do Parlamento de Galicia para a formación  práctica de arquiveiros, bibliotecarios e documentalistas.
 
Previamente fixérase unha primeira clasificación e descrición xeral da documentación e material bibliográfico que integra estas coleccións.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-23T13:10:00Z 2019-06-23T13:12:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2931/
A Mesa do Parlamento admite a trámite as propostas de senadores autonómicos que se votarán no Pleno do martes

Santiago,  21 de xuño de 2019.- A Mesa do Parlamento de Galicia acordou, na reunión celebrada este mediodía, admitir a trámite os escritos presentados polo grupos parlamentarios Popular e de En Marea coas súas respectivas candidaturas para a elección dos senadores que representarán á Comunidade Autónoma de Galicia no Senado.
 
Unha vez efectuado este trámite, a votación das propostas terá lugar nun pleno específico convocado para as 10h. do vindeiro martes, 25 de xuño.
 
A tramitación da proposta para a elección dos senadores autonómicos toma como referencia a configuración da Cámara no momento no que se deu inicio ao procedemento, na Mesa e Xunta de Portavoces do pasado 18 de xuño. A tramitación e votación continuará o seu curso con independencia dos acontecementos internos que se poidan producir a partir da data de inicio do procedemento para salvagardar a seguridade xurídica.
 
A medida foi adoptada seguindo o criterio indicado polos Servizos Xurídicos do Parlamento de Galicia.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-21T14:24:00Z 2019-06-21T14:24:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2930/
Santalices agradece a contribución do profesor González Juanatey ao avance da sanidade pública

• O titular do Parlamento de Galicia preside o acto de entrega do Premio Nóvoa Santos 2019 outorgado por ASOMEGA ao xefe de Cardioloxía do CHUS e catedrático da USC

Santiago, 20 de xuño de 2019.- O titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, presidiu esta tarde en Ourense o acto de entrega da XXI Edición do Premio Nóvoa Santos, outorgado pola Asociación de Médicos  Galegos (ASOMEGA) ao  Dr. José Ramón González Juanatey, xefe de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e catedrático de Medicina do CHUS.
 
Na súa intervención, Santalices Vieira, recordou que esta edición do Premio Nóvoa Santos recoñece a extensa e traxectoria profesional –docente, investigadora e asistencial- do Dr. González Juanatey ao Servizo da Cardioloxía, ao tempo que agradeceu que este traballo intenso teña estado sempre vinculado ao sector público.
 
Destacou que unha das preocupacións do Dr. González Juanatey pasa por mellorar a atención cardiolóxica na Comunidade Autónoma e que grazas ao seu traballo, o Servizo de Cardioloxía do CHUS se converteu nun referente de ámbito estatal.
 
O presidente do Parlamento, compañeiro de promoción do galardoado, apuntou que o Dr. González Juanatey foi sempre un alumno brillante que, co paso do tempo, se converteu nun dos profesores mellor valorados polo alumnado de Medicina da USC, e que  se esforza cada día por situar a esta Facultade compostelá entre as máis prestixiosas de España.
 
O acto de entrega do XXI Premio Nóvoa Santos celebrouse no salón de actos do Grupo Coren. Santalices foi precedido no uso da palabra polo conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña; e polo presidente de ASOMEGA, Julio Ancoechea Bermúdez. O saúdo inicial correu a cargo do presidente de Coren, Manuel Gómez Franqueira; ao que seguiu  a laudatio do galardoado, pronunciada polo profesor Xosé Luis Labandeira García, catedrático de Anatomía Humana da USC. O profesor González Juanatey pronunciou unha conferencia sobre “Saúde cardiovascular e dieta”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-21T10:06:00Z 2019-06-21T10:10:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2929/
O Parlamento de Galicia declara loito oficial polo falecemento do deputado Raúl Fernández Fernández

 
• Santalices lamenta o pasamento do deputado, do que destaca o seu compromiso e coherencia política

Santiago, 20 de xuño de 2019- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, manifesta o seu pesar polo falecemento do deputado Raúl Fernández Fernández.
 
O titular do Lexislativo galego expresa o seu pésame á familia do deputado falecido e ponse á súa disposición.
 
Santalices Vieira destaca o compromiso e coherencia política dos que sempre fixo gala o deputado falecido, unha “persoa tolerante, sempre aberta ao diálogo, coa que era imposible levarse mal”.
 
O Parlamento de Galicia declarou loito oficial polo falecemento do deputado. Desde esta tarde, as bandeiras ondean a media hasta no Pazo do Hórreo en sinal de pesar.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-20T19:24:00Z 2019-06-20T19:37:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2928/
Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 20-6-2019

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 20 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 48153 (10/PNC-003894)
Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para evitar a incidencia que está a ter para as persoas usuarias da estrada OU-636, entre A Pobra de Trives e Freixido, a desaparición, co novo pintado, das zonas de adiantamento que había nas rectas
BOPG n.º 455, do 03.04.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incluír na obra de mellora do trazado e o deseño da estrada que a Xunta de Galicia ten para a OU-636 o repintado da mesma valorando a modificación da sinalización horizontal que permita o adiantamento, sempre e cando se garanta o cumprimento das normas que regulan a distancia de visibilidade mínima necesaria en función da velocidade máxima permitida, co fin de priorizar, en todo caso, a seguridade viaria."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 49864 (10/PNC-004038)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Ministerio de Fomento en relación co estudo técnico referido á viabilidade da execución dunha nova conexión desde a autovía da Costa da Morte ata o parque empresarial de Vimianzo
BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Tan pronto teña aprobado definitivamente o proxecto de prolongación da Autovía da Costa da Morte, remitir ao Ministerio de Fomento o estudo técnico que se ten realizado sobre a viabilidade da execución dunha nova conexión desde esta vía de altas prestacións ata o parque empresarial de Vimianzo.
 
2. Dirixirse ao Ministerio de Fomento para solicitarlle a execución desta nova conexión co polígono de Vimianzo, como é o seu deber e responsabilidade, ao tratarse dun parque empresarial dependente de Suelo Empresarial del Atlántico, sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Fomento, ao obxecto de incrementar o seu potencial e a súa competitividade”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-20T13:42:00Z 2019-06-20T13:43:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2927/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 18 de xuño de 2019


A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 18 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 43891 (10/PNC-003509)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre a demanda ao Goberno central para levar a cabo as medidas necesarias destinadas a mellorar  a regulación dos intercambios de cota no sector pesqueiro galego
BOPG n.º 418, do 24.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por: 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que teña en conta os aspectos formulados polo sector pesqueiro galego, con especial incidencia en:
 
1. Mellora da regulación dos intercambios de cota de forma que permitan un mellor aproveitamento das posibilidades de pesca ao tempo que non se prexudique ao sector de artes menores.
 
2. Mellora da cota de anchoa na zona IXa para a flota de cerco do Cantábrico e Noroeste.
 
3. Revisión e adecuación da asignación por frotas de especies coma o ollomol e alfonsinos.
 
4. Atención da demanda do sector de arrastre litoral para dispoñer de posibilidades de pesca e acceso a augas de Portugal en virtude do acordo recíproco de pesca subscrito entre ambos países.
 
5. Mellora da asignación de especies con presencia como pesca accidental e alto aproveitamento comercial, caso do atún vermello e o peixe espada."
 
- 45096 (10/PNC-003634)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre o traslado pola Xunta de Galicia ao Goberno central e á Comisión Europea do quebranto que supón para a frota palangreira galega a inclusión do marraxo na listaxe de especies migratorias de especial protección e conservación
BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada, sen modificacións, por: 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en coñecemento do Goberno central e da Comisión Europea o quebranto que supón para a frota galega o feito de que se inclúa ao marraxo entre as novas especies coas que se busca reforzar a protección e conservación de especies migratorias."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 50343 (10/PNC-004077)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co conflito laboral existente na empresa Babcock MCS, concesionaria de servizos da Xunta de Galicia
BOPG n.º 483, do 05.06.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a realizar as accións de mediación precisas entre a empresa Babcock MCS, concesionaria de servizos por parte da Xunta de Galicia e as/os traballadores/as para solucionar o conflito laboral de xeito que se garantan os seus dereitos laborais e evitar a repercusión na calidade do servizo que teñen que prestar.
 
Igualmente, insta o Goberno galego a realizar as accións para que o Goberno do Estado inicie as medidas de mediación precisas entre a empresa Babcock MCS, concesionaria de servizos por parte da Xunta de Galicia e de SASEMAR, e os/as traballadores/as para solucionar o conflito laboral de xeito que se garantan os seus dereitos laboráis e evitar repercusión na calidade do servizo que teñen que prestar."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-19T09:44:00Z 2019-06-19T09:45:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2926/
Orde do día do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 25 de xuño de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 25 de xuño de 2019, ao remate da sesión plenaria específica prevista nesa mesma data, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de xuño de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei do patrimonio natural de Galicia (doc. núm. 49936, 10/PL-000016)  
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 487, do 14.06.2019
 
1.2 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre o Proxecto de lei de ordenación farmacéutica de Galicia (doc. núm. 47930, 10/PL-000013)
 Publicación ditame da Comisión, BOPG n.º 488, do 17.06.2019
 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 488, do 17.06.2019
 
Punto 2. Comparecencia
 
 51608 (10/CPP-000102)
 Da Sra. conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, por petición propia, para informar sobre a situación do ensino e da universidade de Galicia ao remate do curso 2018-2019
 
Punto 3. Mocións

 
3.1 51558 (10/MOC-000149)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva e Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas listas de espera non estruturais do Sergas e coa política de persoal da Consellería de Sanidade. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 8786, publicada no BOPG nº 115, do 18.05.2017, e debatida na sesión plenaria do 11.06.2019)
 
3.2 51562 (10/MOC-000150)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de seguridade viaria. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 43360, publicada no BOPG nº 417, do 23.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 11.06.2019)
 
3.3 51582 (10/MOC-000151)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co fenómeno social da soidade non desexada. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 48288, publicada no BOPG nº 455, do 03.04.2019, e debatida na sesión plenaria do 11.06.2019)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 

4.1 36111 (10/PNP-002682)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Castiñeira Broz, Jaime e 6 máis
 Sobre o fomento por parte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fegamp, da constitución de parques públicos de vivenda en alugueiro social nos concellos de menos de vinte mil habitantes, co emprego simultáneo das liñas de axuda destinadas á rehabilitación de vivendas de titularidade municipal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
4.2 46284 (10/PNP-003465)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 8 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da Proposición de lei orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, presentada no Congreso dos Deputados
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 434, do 20.02.2019
 
4.3 47507 (10/PNP-003592)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 7 máis
 Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia, coa participación das organizacións sindicais máis representativas, dunha proposta para a implantación de servizos de escolas infantís para o persoal funcionario da Administración autonómica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 21.03.2019
 
4.4 49953 (10/PNP-003781)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos títulos expedidos pola Escola de Canteiros de Poio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 
4.5 50311 (10/PNP-003812)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 2 máis
 Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun procedemento para a valoración da calidade arquitectónica das edificacións afectadas polos artigos 24 e 39 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, que queiran obter a excepcionalidade do cumprimento das condicións especiais xenéricas que lles son aplicables
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 483, do 05.06.2019
 
4.6 50426 (10/PNP-003820)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos pregos de condicións para a concesión do servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada e a elaboración dun novo plan de transporte público por estrada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 12.06.2019
 
4.7 50678 (10/PNP-003829)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Miranda Pena, Flora María e 2 máis
 Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dunha proposta alternativa e sustentable para o depósito dos lodos procedentes da dragaxe do río Lérez
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 12.06.2019
 
4.8 50691 (10/PNP-003830)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre o desenvolvemento e aplicación polo Goberno galego, de xeito real e efectivo, da Lei 2/2014, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, así como as actuacións que debe levar a cabo ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 12.06.2019
 
Punto 5. Interpelacións
 

5.1 45948 (10/INT-001520)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa atención á saúde da muller
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 434, do 20.02.2019
 
5.2 48741 (10/INT-001623)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre a política do Goberno galego en relación co sector das artes escénicas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
5.3 50774 (10/INT-001694)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e Cal Ogando, Marcos
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 12.06.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

 
6.1 51628 (10/POPX-000154)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto do crecemento da economía galega dende o ano 2009 e as súas consecuencias
 
6.2 51639 (10/POPX-000155)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre o nivel de confianza da cidadanía diante dos continuos cambios de criterio do Goberno galego
 
6.3 51640 (10/POPX-000156)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre o balance global dos máis de dez anos de exercicio da Presidencia da Xunta de Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 

7.1  43509 (10/POP-005159)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do rescate do carácter público dos medios de emerxencias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
7.2 43933 (10/POP-005254)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Míguez, María Ángeles e 7 máis
 Sobre o balance por parte do Goberno galego das actuacións desenvolvidas pola Unidade de Policía Adscrita en materia de protección das vítimas de violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019 

 
7.3 51623 (10/PUP-000256)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da consideración, na información emitida pola CRTVG o día 12 de xuño, da proba de galego como un elemento discriminatorio para o alumnado que se presenta ás probas de selectividade en Galicia
 
7.4 49849 (10/POP-005924)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre a existencia dalgún risco de perda dos fondos Feder asignados para o proxecto de saneamento da ría de Viveiro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 
7.5 51609 (10/PUP-000254)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da existencia dun depósito de residuos sen control na bocana da ría de Arousa
 
7.6 49414 (10/POP-005888)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto dos beneficios que lle vai reportar á veciñanza a implantación dos parques eólicos de Bustelo, Monte Toural e Campelo, nos concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
7.7 50480 (10/POP-005980)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto do impacto que está a ter en Galicia a actuación do Goberno central en relación coa continuidade de Alcoa na Coruña e o futuro da industria electrointensiva
 
7.8 50786 (10/POP-005992)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para impedir calquera venda fraudulenta que poña en risco as condicións da concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Xallas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 12.06.2019
 
7.9 51622, e c.e. 51646 (10/PUP-000255)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as características fundamentais do proxecto de universidade privada presentado por Afundación Abanca
 
7.10 49498 (10/POP-005897)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
 Sobre as obras de conservación executadas nos dous últimos anos na muralla romana de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 07.05.2019

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 18 de xuño  de 2019
 
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-18T19:01:00Z 2019-06-18T19:11:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2925/
Aberto o prazo para solicitar as bolsas de formación práctica no Parlamento de Galicia

 

Santiago, 17 de xuño de 2019.- As persoas interesadas en optar a algunhas das bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia poderán presentar as solicitudes a partir de mañá e durante un prazo de quince días, logo da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia deste luns.
 
Convócanse  dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación, unha en comunicación institucional, dúas en publicacións, unha en recursos humanos e contratación, e outra en xestión parlamentaria. Tamén se convoca unha bolsa de formación adicional nunha destas modalidades reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% co fin de contribuír á súa integración laboral.
 
Cada unha destas bolsas terá unha duración de doce meses. A convocatoria está dirixida a persoas con titulacións universitarias obtidas no ano académico 2013-2014 ou posteriores.
 
As bases da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 485, do 10 de xuño de 2019 (http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B100485.pdf)
 
Máis información no seguinte enlace:
 
http://www.parlamento.gal/Institucion/Bolsas
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-17T11:22:00Z 2019-06-17T11:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2924/
A Asociación Cultural As Xeitosiñas” de Zürich comparte a Medalla do Parlamento á emigración con toda a colonia galega de Suíza

 
• O Centro, que recolleu a distinción como integrante da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, celebrou este domingo unha xornada de portas abertas á que convidou ao presidente do Lexislativo galego
 
• Santalices reitera que Galicia e España están en débeda coa emigración, pero tamén Europa “porque o seu traballo e esforzo resultaron determinantes para manter o crecemento económico de países como Suíza, Francia, Reino Unido, Alemaña e tantos outros”

Santiago, 16 de xuño de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde no acto organizado pola Asociación Cultural “As Xeitosiñas”-Banda de Gaitas e grupo de Danzas de Zürich para compartir con toda a colonia galega e española de Suíza a Medalla do Parlamento de Galicia ao conxunto da emigración galega, entregada o pasado 6 de abril en Santiago ás 14 institucións que integran a Comisión Delegada do Consello de Comunidades galegas, como lexítimos representantes deste colectivo.
 
Logo de recoller a Medalla do Parlamento á emigración, nun acto celebrado o pasado 6 de abril, o presidente da Asociación Cultural “As Xeitosiñas”, José Gil Doval, convidou ao presidente da Cámara a participar nunha celebración destinada a compartir a distinción cos compatriotas asentados no país helvético.
 
Galicia, en débeda coa emigración
 
No acto, Santalices Vieira reiterou que a concesión da medalla do Parlamento de Galicia á emigración galega, acordada unanimemente pola Mesa da Cámara, corrixe unha “inxustiza histórica”, na medida en que “toda Galicia, a de todos os tempos, ten unha débeda coa emigración, con vostedes e coas súas familias, polo seu esforzo, polo desgarro persoal e familiar que a emigración provocou a eito, e polas axudas de todo tipo que a emigración proporcionou a Galicia ao longo da historia”.
 
Insistiu o titular do Lexislativo galego que tamén Europa está en débeda coa emigración galega porque “o seu traballo e o seu esforzo resultaron determinantes para manter o crecemento económico de países como Suíza, como Francia, como Reino Unido, como Alemaña e como tantos outros nos que os traballadores galegos eran, e son aínda recoñecidos nos nosos días, polas súas cualidades humanas e profesionais”.
 
60 anos dos primeiros galegos en Suíza
 
Cando se compren 60 anos da chegada dos primeiros emigrantes galegos a Suíza, o presidente do Parlamento tivo unha “lembranza agradecida para aquelas persoas pioneiras e para todas as que as seguiron en datas posteriores”.
Santalices Vieira animou ao conxunto da sociedade a superar a visión superficial que persiste sobre a emigración galega, na medida en que “canda os elementos externos do trunfo económico, coexisten outras facianas como o desarraigo, os dramas familiares derivados da separación ou as difíciles condicións de vida nos países de destino, sobre todo nas etapas iniciais”.
 
Recordou tamén na súa intervención que a diferenza da emigración americana que na maior parte dos casos non puido retornar a Galicia, os galegos asentados en Europa manteñen unha “intensa relación coa Terra, propiciada pola mellora das condicións económicas e os avances en materia de comunicacións, sexan as que facilitan os desprazamentos, ou sexan as TIC”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-16T18:54:00Z 2019-06-16T22:51:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2923/
Acordos da Comisión 3ª, Economía e Facenda, celebrada o 14 de xuño de 2019

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 14 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 47600 (10/PNC-003850)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coas dificultades que teñen as empresas galegas, en especial as pemes, para a súa incorporación aos mercados internacionais
BOPG n.º 446, do 21.03.2019
 
Sométese a votación por puntos:
 
-Punto primeiro: rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
-Puntos segundo e terceiro: aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que:
 
1. Deseñe no prazo máximo dun ano, un programa específico de apoio ás empresas galegas non exportadoras para se internacionalizaren.

 
2. Neste programa específico, deberían de coordinarse específicamente os ámbitos de innovación, da calidade e o deseño e do financiamento."
 
- 47716 (10/PNC-003857)
Grupo Parlamentario de En Marea
Torregrosa Sañudo, Julia e 2 máis
Sobre o establecemento pola Xunta de Galicia, para o acceso das empresas aos concursos de contratación publica, da exixencia dun plan de igualdade en vigor que garanta os dereitos das mulleres, en especial con medidas para combater a fenda salarial
BOPG n.º 446, do 21.03.2019
 
Sométese a votación por puntos a transacción entre a iniciativa e a emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 41514:
 
-Puntos primeiro e terceiro: rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
-Punto segundo: aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a implementar e potenciar de forma xeneralizada nas licitacións públicas e contratos da Administración pública galega, medidas que establezan condicións especiais para a promoción da igualdade entre homes e mulleres."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-14T14:30:00Z 2019-06-14T14:31:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2922/
O presidente do Parlamento anima a reeditar títulos esgotados demandados polo público

 
• Participou na presentación da reedición de Estirpe, un libro-homenaxe a Méndez Ferrín, impulsado polo Concello de Redondela

Santiago, 13 de xuño de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde na presentación dunha reedición de Estirpe, un libro-homenaxe a Méndez Ferrín  impulsado polo concello de Redondela.
 
Santalices Vieira aplaudiu esta iniciativa editorial na medida en que “pon a disposición do público un título esgotado nas librerías hai moito tempo, un poemario de culto para moitas e moitos letraferidos, e non só galegos”. Ao tempo, a reedición homenaxea ao autor do libro, Xosé Luís Méndez Ferrín, “unha das voces literarias máis sólidas e respectadas da literatura galega contemporánea. Un autor polifacético que ten cultivado todos os xéneros literarios, e sempre co rigor e o compromiso que o caracterizan”.
 
A reedición de Estirpe é unha “feliz iniciativa” do Concello de Redondela, “unha decisión novidosa e loable que –agregou Santalices- fariamos ben en copiar desde outros ámbitos porque hai moitos títulos  e moitos autores ben merecentes de iniciativas editoriais similares, títulos esgotados anos atrás, practicamente imposibles de atopar no mercado de segunda man e que, seguramente, terán unha magnifica acollida entre o público dos nosos días”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-13T22:22:00Z 2019-06-13T22:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2921/
Santalices súmase á homenaxe ao Dr. Rodríguez Míguez, “pai do termalismo galego”

• O presidente do Parlamento e o profesor Gestal Otero pronunciaron a laudatorio do Dr. Rodríguez Míguez no acto de entrega da medalla de ouro de Ourense, a titulo póstumo
 
Santiago, 13 de xuño de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, foi o encargado de pronunciar, xunto co profesor Gestal Otero, a laudatorio do profesor doutor Luis Rodríguez Míguez  (Santiago, 1932/Ourense, 2016) no acto de entrega da Medalla de Ouro de Ourense, a título póstumo.
 
No acto, celebrado no salón de plenos da Deputación Provincial de Ourense, Santalices destacou que a distinción ao “pai  do termalismo galego” contou co respaldo unánime de todos os grupos da corporación provincial pola súa traxectoria e achegas no ámbito  da investigación e a divulgación das augas termais, “unha das maiores riquezas da nosa provincia”.
 
O presidente do Parlamento apuntou que coñeceu ao Dr. Rodríguez Míguez no ano 1979, pouco despois de que este chegase a Ourense destinado como xefe provincial de Sanidade.
 
“Impactoume desde o primeiro momento a súa axilidade mental, a súa fluidez verbal, a súa ironía, a súa cultura e a súa inquietude por cambiar a situación sanitaria da nosa provincia”, lembrou Santalices, daquela estudante de Medicina, a piques de rematar a carreira.
 
“Amaba Ourense ata o punto de renunciar a voltar ao seu querido Santiago”, agregou antes de engadir que a vida do Dr. Rodríguez Míguez extinguiuse no ano 2016, pero a súa memoria e o seu inxente legado permanecerán para sempre entre nós. Foi un home xeneroso que transitou pola vida facendo o ben”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-13T14:22:00Z 2019-06-13T14:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2920/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de xuño de 2019

5.2 39974 (10/PNP-002986)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Ministerio de Industria e Turismo en relación coa situación na que se atopa a empresa Isowat Made, do grupo Invertaresa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Seguir coas actuacións que leva a cabo desde o comezo da situación complexa que atravesa Isowat Made na cidade da Coruña encamiñadas á busca de solucións viables que faciliten o mantemento dos postos de traballo asociados e dean continuidade ás achegas tecnolóxicas que fai a empresa.
 
2. Instar ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para que colabore nas iniciativas necesarias para dar solución á situación da empresa.
 
3. Desenvolver as actuacións necesarias para atopar un investidor ou posible comprador e para facilitar un acordo rápido e razoable co principal acreedor no concurso da mesma que posibiliten un novo futuro á compañía, tendo en conta as posibles garantías financeiras ou outras iniciativas financeiras entre as que dispón o Igape.”
 
 
5.3 43898 (10/PNP-003267)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre o impulso ao Goberno central para que continúe as xestións e impulse os cambios normativos que sexan precisos destinados a mellorar o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno de Galicia a:
- Dirixirse ao Goberno central para que continúe as xestións e impulse os cambios normativos que sexan precisos para mellorar o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar e, tras un proceso de diálogo co sector, se estuden, entre outras, a posibilidade de establecer un sistema que permita aumentar voluntariamente as bases de cotización, aproveitando que o Ministerio de Traballo está traballando nun novo sistema de cotización para os traballadores autónomos.
 
- Demandar ao Goberno do Estado para que o ISM, no prazo máximo dun mes, remita un informe a todas as confrarías de Galicia e a este Parlamento, no que clarifique  cales son as diferentes situacións de protección social real das xentes do mar: redeiras, mariscadoras, baixura, altura,… e as contías de cotización de cada grupo”..”
 
5.4 47514 (10/PNP-003593)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 12 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Ministerio de Xustiza da inclusión, na proposta de creación de novos xulgados para Galicia en 2019, dun xulgado do social para a cidade de Lugo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 21.03.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Ministerio de Xustiza que, de xeito inmediato, rectifique a proposta de novos xulgados para Galicia en 2019 incluíndo a creación dun Xulgado do Social para a cidade de Lugo”.
 
5.5 49281 (10/PNP-003732)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da intervención pública en Alcoa de xeito transitorio co fin de garantir o mantemento do seu emprego e da súa actividade industrial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego acorda instar á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central medidas urxentes respecto do marco estratéxico co fin de incentivar a compra de Alcoa e paliar a crise da industria: a) aprobación inmediata do estatuto de electrointensivas tendo en conta as achegas do sector galego; b) a corrección das condicións da poxa de interrompibilidade prevista para o mes de xullo; c) e a planificación da substitución do sistema de poxa de interrompibilidade por unha regulación estable que permita prezos competitivos no sector con compromisos no mantemento do emprego e da actividade industrial tendo en conta tamén o papel produtor de Galicia”.
 
5.8 49983 (10/PNP-003784)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo para recuperar o pazo de Meirás para o patrimonio público e a posición do Parlamento de Galicia respecto do seu uso
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 479, do 22.05.2019

 
O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia, diante da falta de resposta do Goberno central con respecto ao acordo unánime (do Parlamento galego) do 12 de xullo de 2018, acorda como resolución reiterar a demanda ao Goberno central para que inicie de maneira urxente as accións legais pertinentes para recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público. Asemade, amosa o rexeitamento polo uso deste BIC para facer apoloxía da ditadura franquista e do ditador, e demanda que se leven a cano as accións precisas para deixar sen efecto os títulos nobiliarios do Señorío de Meirás e Ducado de Franco. O Parlamento insta á Xunta de Galicia a dar traslado deste acordo ao Goberno do Estado”.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-12T14:01:00Z 2019-06-12T14:01:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2919/
Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 7 de xuño de 2019

 
A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 7 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 49078 (10/PNC-003961)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e cinco deputadas/os máis
Sobre a elaboración e remisión polo Goberno galego ao Parlamento de Galicia, antes do remate da X lexislatura, do Plan de arquivos previsto na Lei 7/2014, de arquivos e documentos de Galicia
BOPG n.º 463, do 17.04.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a elaborar e remitir á Cámara antes de finalizar a actual lexislatura o Plan de Arquivos previsto na Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Este plan incluirá, como mínimo, as seguintes cuestións:
a) A avaliación das necesidades de persoal e de infraestruturas dos arquivos do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia.
b) A configuración, organización, integración, servizo e difusión dos arquivos de Galicia, priorizando aquelas acción que sexan máis urxentes.
c) A incorporación da perspectiva de xénero de maneira transversal ao longo de todo o plan.
d) Medidas encamiñadas ao uso non sexista da linguaxe tanto na xestión do material como nas dinámicas de traballo do persoal, de acordo co disposto na Lei 7/2004, galega de igualdade entre mulleres e homes.
e) A planificación temporal para desenvolver as medidas e compromisos orzamentarios para implementar."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-07T14:07:00Z 2019-06-07T14:12:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2918/
Acordos da Comisión 5ª. Sanidade, Política Social e Emprego celebrada o día 05.06.2019

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 5 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 47259 (10/PNC-003813)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula
Sobre as xestións que debe realizar o Goberno galego diante do Concello de Abadín co fin de garantir a accesibilidade dunha vivenda da parroquia de Abeledo situada no barrio do Couto

BOPG n.º 444, do 13.03.2019
- 47740 (10/PNC-003860)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e 2 máis
Sobre as xestións que debe realizar o Goberno galego diante do Concello de Abadín en relación co impacto das obras realizadas nunha pista na accesibilidade dunha vivenda da parroquia de Abeledo situada no barrio do Couto
BOPG n.º 446, do 21.03.2019
 
Sométese a votación o texto transaccionado e resultan aprobadas con modificacións respecto dos textos orixinais, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao concello de Abadín para que proceda á subsanación dos efectos negativos das obras realizadas que imposibilitan o acceso á súa vivenda  dunha persoa con discapacidade no lugar de Couto na parroquia de Abeledo."
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-06T12:42:00Z 2019-06-06T12:51:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2917/
Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 5 de xuño de 2019

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 5 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 49126 (10/PNC-003968)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e cinco deputadas/os máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa posible deslocalización e perda de postos de traballo da empresa Iberdrola na comarca de Valdeorras
BOPG n.º 465, do 23.04.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de galego acorda instar a Xunta de Galicia a:
 
1.Expresar o seu compromiso con defender o mantemento
dos postos de traballo de Iberdrola na Comarca de Valdeorras así como no resto de Galicia como compensación do impacto social que ten a produción enerxética no noso país.
 
2.Manter o diálogo e colaboración cos concellos das comarcas de Valdeorras e Trives e calquera outra institución galega comprometida nestes obxectivos.
 
3.Dirixirse á dirección de Iberdrola para esixirlle o mantemento dos postos de traballo e o freo ao progresivo desmantelamento dos servizos no territorio galego."
 
- 49407 (10/PNC-004001)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Romero Fernández, Cristina Isabel e seis deputadas/os máis
Sobre a creación pola Xunta de Galicia dun órgano colexiado de carácter consultivo e participativo entre a Administración autonómica e as entidades locais, co fin de procurar a máxima coordinación, cooperación e participación nas materias que afecten a protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias
BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a crear un órgano colexiado de carácter consultivo e participativo entre a Administración Autonómica e as entidades locais da comunidade co obxectivo de procurar a máxima coordinación, cooperación e participación nas materias que afecten á protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, desenvolvemento a Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral ás persoas consumidoras e usuarias especialmente no referido nos artigos 54, 71.5, 72 e 73."
 
- 49802 (10/PNC-004033)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco
Sobre as demandas que debe realizar Goberno galego ao Ministerio de Transición Ecolóxica en relación coa creación da tarifa de acceso regulado á enerxía nuclear e hidráulica histórica
BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno central, concretamente ao Ministerio de Transición Ecolóxica, que no marco da reforma do sector eléctrico se avalíe o desenvolvemento normativo dunha nova tarifa de acceso regulado a enerxía nuclear e hidráulica histórica, o que permitiría establecer tarifas a prezo fixo e o desenvolvemento de contratos a longo prazo."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-05T16:30:00Z 2019-06-05T16:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2916/
Acordos da Comisión 1ª. Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebrada o día 04-06-2019

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 4 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 48682 (10/PNC-003932)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co xogo da billarda
BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos  12  deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:
1. Recoñecer a billarda como modalidade deportiva.
2. Abrir un proceso de diálogo coas entidades que traballan no eido dos deportes tradicionais para avaliar a posibilidade de crear una Federación Galega de Deportes Autóctonos.
3. Desenvolver un programa de divulgación e expansión da billarda no ámbito educativo e no conxunto da sociedade. Para tal fin, extender a toda Galiza o módulo creado pola Secretaría Xeral de Deportes (dentro do programa XOGADE), difundido pola Consellería de Educación no ámbito da Delegación de Pontevedra, de divulgación do xogo da billarda no ámbito escolar.
4. Fomentar e apoiar as competiciións de billarda que se desenvolven en Galiza, así como o intercambio con otros países.
5. Incluír os espazos para o xogo da billarda no Plan de Infraestruturas Deportivas de Galiza."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-05T09:29:00Z 2019-06-05T10:42:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2915/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 11 de xuño de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 11 de xuño de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 4 de xuño de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección dun membro do Consello Social da Universidade da Coruña (doc. núm. 48166)
 
Punto 2. Textos lexislativos
 
2.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G. dos Socialistas de Galicia, para a protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias na contratación de préstamos e créditos hipotecarios en Galicia (doc. núm. 32346, 10/PPL-000025)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 322, do 19.06.2018
 
2.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de reforma da Lei 1/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (doc. núm. 47807, 10/PPL-000036)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 454, do 02.04.2019
 
Punto 3. Comparecencia
 
 50470 (10/CPP-000101)
 Da Sra. conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, por petición propia, para informar da planificación da Xunta de cara a continuar avanzando no reto dunha adecuada xestión do ciclo integral da auga
 
Punto 4. Moción
 
 50408 (10/MOC-000147)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Miranda Pena, Flora María
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa implantación dun novo plan para a atención primaria do sistema sanitario público. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 46794, publicada no BOPG nº 441, do 06.03.2019, e debatida na sesión plenaria do 28.05.2019)
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 32252 (10/PNP-002425)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa solicitude de autorización do proxecto mineiro de extracción de cobre nos concellos de Touro e do Pino, a contaminación producida pola antiga mina e os incumprimentos da empresa en materia de restauración e rexeneración
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
5.2 39974 (10/PNP-002986)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Ministerio de Industria e Turismo en relación coa situación na que se atopa a empresa Isowat Made, do grupo Invertaresa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 383, do 14.11.2018
 
5.3 43898 (10/PNP-003267)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
 Sobre o impulso ao Goberno central para que continúe as xestións e impulse os cambios normativos que sexan precisos destinados a mellorar o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
5.4 47514 (10/PNP-003593)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 12 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Ministerio de Xustiza da inclusión, na proposta de creación de novos xulgados para Galicia en 2019, dun xulgado do social para a cidade de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 21.03.2019
 
5.5 49281 (10/PNP-003732)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da intervención pública en Alcoa de xeito transitorio co fin de garantir o mantemento do seu emprego e da súa actividade industrial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
5.6 49347 (10/PNP-003738)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a presentación polo Goberno galego, antes do remate do primeiro período de sesións de 2019, do procedemento deseñado para avaliar a implantación da Rede galega de dinamización da formación profesional dual
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
5.7 49484 (10/PNP-003748)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación laboral do persoal e o nivel de eventualidade no Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 07.05.2019
 
5.8 49983 (10/PNP-003784)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que se deben levar a cabo para recuperar o pazo de Meirás para o patrimonio público e a posición do Parlamento de Galicia respecto do seu uso
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 8786 (10/INT-000373)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as listas de espera non estruturais do Sergas e a política de persoal da Consellería de Sanidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 18.05.2017
 
6.2 43360 (10/INT-001431)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en materia de seguridade viaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
6.3 48288 (10/INT-001597)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co fenómeno social da soidade non desexada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 455, do 03.04.2019
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
7.1 50473 (10/POPX-000151)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo ou as previstas polo Goberno galego diante da nova situación de Ferroatlántica 
7.2 50492 (10/POPX-000152)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a crise industrial existente en Galicia, que pon centos de empregos en risco
 
7.3 50494 (10/POPX-000153)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre o impulso polo Goberno galego, coa debida dilixencia, da actividade institucional da Xunta de Galicia
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 48770 (10/POP-005826)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da institución do xurado popular reflectida no artigo 125 da Constitución española de 1978
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
8.2 50486 (10/PUP-000252)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da aprobación do proxecto da circunvalación de Carballo no ano 2019 co fin de iniciar as obras no ano 2020
 
8.3 47343 (10/POP-005647)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e 2 máis
 Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia á empresa Ferroatlántica da presentación dun plan de viabilidade que garanta a súa actividade de ferroaliaxes, segundo se desprende da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 9 de maio de 1996
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 444, do 13.03.2019
 
8.4 49961 (10/POP-005934)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as razóns da demora na designación dun presidente ou dunha presidenta para o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 
8.5 49498 (10/POP-005897)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
 Sobre as obras de conservación executadas nos dous últimos anos na muralla romana de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 07.05.2019
 
8.6 44092 (10/POP-005272)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
 Sobre os datos da Consellería de Sanidade referidos ao cumprimento do Decreto 105/2017, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de espera no acceso ás prestacións sanitarias públicas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
8.7 50005 (10/POP-005939)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre o pechamento de camas hospitalarias durante os meses de verán
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 479, do 22.05.2019
 
8.8 50489 (10/PUP-000253)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen e 4 máis
 Sobre a fase na que se atopan os procesos de negociación e resolución de conflitos cos distintos integrantes do sector das emerxencias sanitarias de Galicia
 
8.9 48503 (10/POP-005794)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego referida á axuda económica do Bono Concilia para que aquelas familias que teñan dereito a unha praza pública nunha escola infantil e non accedesen a ela poidan levar os seus fillos a outro centro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
8.10 49419 (10/POP-005889)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Miranda Pena, Flora María e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para evitar a modificación das condicións salariais do persoal pola empresa concesionaria do servizo de salvamento marítimo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 4 de xuño  de 2019
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-04T18:46:00Z 2019-06-04T18:48:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2914/
Santalices reivindica a igualdade como base da democracia e a convivencia

• O Parlamento de Galicia acolleu un pleno infantil organizado coa colaboración de Aldeas Infantiles SOS, no que os participantes centraron o seu traballo no valor da igualdade
 
Santiago, 4 de xuño de 2019.- “A igualdade é un principio e un dereito irrenunciable, porque sen igualdade non hai democracia, non hai convivencia, nin é posible construír unha sociedade xusta”. Son palabras do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, nun pleno infantil organizado coa colaboración de Aldeas Infantiles SOS, no que alumnado de catro centros educativos galegos abordou o valor da igualdade e votaron compromisos relacionados con este principio.
 
Recordou Santalices que a transcendencia do principio de igualdade é tal que a Constitución española o sitúa no seu título I.
 
O presidente da Cámara agradeceu a celebración deste pleno infantil, que enmarcou na estratexia de participación cidadá do Parlamento, “unha institución aberta e sempre ao servizo da xente” e felicitou ao alumnado participante polos compromisos que proclamaron en materia de igualdade. “Celebro especialmente a vosa sensibilidade en relación coa discapacidade e a diversidade”, dixo.
Santalices Vieira felicitou tamén aos oradores infantís polo seu traballo, “motivo de orgullo para todas as persoas adultas, na medida en que as vosas intervencións revelan que a Galicia do futuro quedará en boas mans, nas da vosa xeración”.

A influencia dun bo mestre
 
O titular do Lexislativo galego estendeu o seu recoñecemento ao persoal docente, “porque sen as súas ensinanzas, o seu alento e o seu estímulo, nada do que temos escoitado tería sido posible”. Agregou que “poucas influencias resultan tan decisivas na vida dunha persoa como as dun bo mestre”.
O acto arrincou coa intervención do presidente de Aldeas Infantiles SOS, Pedro Puig Pérez, ao que seguiron estudantes dos colexios San Rosendo de Ferrol, Nosa Señora da Asunción de Sarria, Guillelme Brown de O Pereiro de Aguiar, e  Sagrada Familia - Filipenses de Vilagarcía de Arousa. Asistiron ao pleno deputadas e deputados do Parlamento de Galicia e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta.
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-04T14:02:00Z 2019-06-04T14:07:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2913/
Parlamento de Galicia, Corporación de RTVG e Asociación de Ex-parlamentarios/as impulsan un libro e unha serie sobre as anécdotas da Cámara galega


• O Pazo do Hórreo acolleu esta tarde a presentación do libro Anecdotario do Parlamento, obra do xornalista Jesús Fontenla, director da serie de televisión
 
• Santalices reivindica máis anécdotas e menos chamadas á orde

Santiago, 3 de xuño de 2019.- O Pazo do Hórreo acolleu esta tarde a presentación do libro Anecdotario do Parlamento, obra do xornalista Jesús Fontenla a partir de 90 entrevistas con outros tantos ex-deputados/da Cámara que tamén serviron de base para a elaboración dunha serie de televisión titulada A Recámara, de 7 capítulos, que TVG emitirá en breve.
 
Este proxecto é consecuencia dun convenio asinado no seu momento polo Parlamento de Galicia, a Corporación de Radio e Televisión de Galicia e a Asociación de ex-parlamentarios da Cámara.
 
A presentación do libro, editado polo Parlamento, e da serie de televisión contou coa participación dos presidentes da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira; o director xeral da Corporación de Radio e Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo; o presidente de Asociación de Ex-parlamentarios/as, Jesús María Fernández Rosende; e o autor do libro e director da serie, Jesús Fontenla.
 
Durante o acto emitíronse diferentes vídeos con extractos das entrevistas con ex-deputados/as da Cámara nas que narran diferentes anécdotas e vivencias relacionadas coa primeira institución de Galicia.
 
O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, afirmou que o libro presentado hoxe é “necesario e orixinal” por tratarse do primeiro traballo monográfico sobre as anécdotas da Cámara galega.
 
Santalices tivo tamén verbas de agradecemento para todas as persoas e institucións que fixeron posible este proxecto.
Sinalou que A Recámara  é “unha serie necesaria, que urxía facer, para poder contar coas lembranzas e testemuñas, en primeira persoa, dos protagonistas da nosa historia parlamentaria, protagonistas e artífices do noso autogoberno”.
 
Para Santalices Vieira, “esta dobre aposta –serie e libro- é o mellor xeito de abordar e achegar á xente  a historia da Cámara desde unha óptica desenfadada, mais sen perder un ápice de rigor”. Agregou que “a serie era imprescindible nesta época de crecente protagonismo dos produtos audiovisuais, pero o libro segue sendo un formato necesario e demandado”.
 
 
A anécdota humaniza a política
 
O titular da Cámara insistiu en que a anécdota parlamentaria “humaniza a política e, xeralmente, achega os seus protagonistas á xente”.
 
“Oxalá que neste Parlamento –dixo Santalices- dedicásemos máis tempo a anécdotas enxeñosas e menos ou ningún tempo a comportamentos que desembocan en chamadas á orde que todas as presidencia, e eu o primeiro, detestamos”.
O presidente do Lexislativo autonómico reivindicou tamén o traballo das e dos cronistas parlamentarios galegos, “que nada teñen que envexar aos doutras latitudes ou momentos históricos”.
 
Tanto o libro como a serie de televisión céntrase nas sete primeiras Lexislaturas do Parlamento de Galicia nun intento de tomar distancia  respecto aos feitos. O presidente do Parlamento anunciou que o traballo terá continuidade para completalo a medida que avance o tempo.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-06-03T19:25:00Z 2019-06-03T19:28:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2912/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 29 de maio de 2019

 

4.2 41795 (10/PNP-003166)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa regulación das funcións dos técnicos de enfermaría e a  disposición transitoria terceira do Estatuto básico do empregado público
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 405, do 03.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno central que solicite ao Consello Interterritorial de Saúde estudar a regulación das funcións dos e das profesionais afectados polo artigo 76 do EBEP para adaptar a normativa existente respecto ao marco normativo de titulacións vixente na actualidade, dentro do principio de lealdade institucional, coa garantía do seu financiamento”.

4.4 47429 (10/PNP-003584)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas reivindicacións da Plataforma de Familias con Diversidade Funcional de Santiago de Compostela referidas á necesidade de aumentar na comarca o número de prazas residenciais de atención directa para persoas con diversidade funcional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 444, do 13.03.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:
 
1.- Reunirse de xeito inmediato coa plataforma de familias con diversidade funcional de Santiago, xunto co Concello de Santiago e outras entidades sociais da comarca que traballan no eido da diversidade funcional, para coñecer as necesidades das persoas con diversidade funcional da zona.
 
2.- Aumentar, coa correspondente dotación orzamentaria, o número de prazas residenciais de atención directa para persoas con diversidade funcional na comarca de Compostela.
 
3.- Instar ao Goberno de España a que axilice os trámites necesarios para garantir a posta en marcha inminente destes usos no CEGADI”.

4.5 49121 (10/PNP-003712)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co impacto que tería para a competitividade do sector pesqueiro galego e para o porto de Vigo a aplicación da Instrución da Subdirección Xeral de Sanidade Exterior para a importación de pesca conxelada ou procesada IM/1/2019
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 466, do 24.04.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que demande do Goberno central a adopción de medidas efectivas para evitar restar competitividade ao sector galego e impedir o impacto negativo que a aplicación da instrución para a importación de pesca conxelada ou procesada (IM/1/2019) suporía para o porto de Vigo”.

4.6 49270 (10/PNP-003730)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta e 8 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos requisitos exixidos para o mantemento en Galicia da condición de familia numerosa de tipo especial, así como coa recomendación realizada polo Goberno central na materia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia:
 
1. A que en Galicia se manteña a condición de familia numerosa de tipo especial mentres un dos fillos cumpra as condicións de idade, convivencia e dependencia dos pais que esixe a lei, na liña das últimas sentenzas xudiciais e de acordo á recomendación do Defensor del Pueblo.
 
2. A dirixirse ao Goberno de España para que modifique a súa recomendación na materia, para recuperar a homoxeneidade a nivel nacional en beneficio das familias numerosas de tipo especial e adecuarse ao que veñen expresando os tribunais”.

4.7 49733 (10/PNP-003766)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego, na décima lexislatura, dun plan de recuperación de permisos de explotación marisqueira especialmente orientado ao sector feminino
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a levar a cabo, nesta lexislatura, un plan de recuperación de permisos de marisqueo, especialmente orientado ao sector feminino”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-05-29T17:28:00Z 2019-05-29T17:29:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2911/
Campaña de doazón de sangue no Parlamento de Galicia

• As quince campañas de ADOS desenvolvidas na Cámara lexislativa galega acadaron 385 doazóns de sangue
 
Santiago, 29 de maio de 2019.-  Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazouse esta mañá ao Parlamento de Galicia para recoller doazóns de sangue.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e maila directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López García, saudaron aos doadores e doadoras que se sumaron a esta campaña.
Unha unidade móbil de doazón de sangue visita polo menos dúas veces ao ano o Parlamento de Galicia, dentro da campaña de recollida de doazóns de sangue que efectúa a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue en empresas e organismos públicos e que representa o 9% de todas as doazóns recollidas anualmente en Galicia.
 
Na última campaña de doazón desenvolvida no Parlamento, en decembro de 2018, doaron sangue 24 persoas.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-05-29T13:46:00Z 2019-05-29T13:46:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2910/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 28 de maio de 2019


3.1 49765 (10/MOC-000144)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coas necesidades de mellora do transporte ferroviario en Galicia, nomeadamente entre Ourense, A Coruña e Santiago de Compostela. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 42269, publicada no BOPG nº 410, do 14.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 07.05.2019)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego acorda instar á Xunta de Galicia a:
 
1.- Defender diante do Goberno central os acordos do Pleno do Parlamento galego do pasado 7 de febreiro de 2018 sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas necesidades existentes e as melloras  necesarias no transporte ferroviario entre Ourense,  Santiago de Compostela e A Coruña, esixindo que no prazo de dous meses desde a constitución do Goberno se negocie con Galicia un calendario de cumprimento.
 
2.- Demandar do Goberno central que inclúa entre as actuacións un abaratamento da Liña Avant Ourense - Santiago - A Coruña de cando menos un 30%.
 
3.- Demandar do Goberno central que inclúa entre as actuacións o estudo da prolongación da liña Avant Ourense-Santiago-Coruña entre Ourense e Monforte”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-05-28T18:06:00Z 2019-05-28T18:06:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2908/
Santalices alaba a excelencia da oftalmoloxía galega e española, “unha referencia mundial”

• O presidente do Parlamento de Galicia inaugurou en Santiago o 34 Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Ocular Implanto-Refractiva

Santiago, 23 de maio de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, alabou esta mañá a excelencia da oftalmoloxía galega e española, “unha referencia mundial”.
 
Santalices Vieira inaugurou esta mañá en Santiago o 34 Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Implanto-Refractiva, onde recordou as orixes do actual Sistema Nacional de Saúde, derivado do artigo 43 da Constitución que recoñece o dereito á protección da saúde. Trátase, ao seu xuízo, dun éxito colectivo sen parangón que fixo aflorar un dos mellores sistemas sanitarios públicos do mundo.
O presidente do Parlamento lembrou a transformación deste sistema, que pasou dun modelo conmutativo  a outro distributivo que garante a asistencia universal. E recordou que a transferencia das competencias sanitarias a Galicia  “permitiu adaptarnos á nosa realidade”.
 
Santiago, capital da oftalmoloxía
 
Santalices tivo palabras de agradecemento para a Sociedade  Española de Cirurxía Ocular Impanto-Refractiva e o seu presidente, o Dr. Ramón Lorente Moore, por ter elixido Santiago de Compostela como sede deste congreso e converter á cidade na “capital da oftalmoloxía”.
 
O presidente do Parlamento felicitouse da participación no acto inaugural do profesor Sánchez Salorio, do que destacou a súa vocación docente e a súa condición de médico humanista.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-05-23T12:39:00Z 2019-05-23T12:43:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2907/
Convocatoria Sesión Plenaria para o próximo día 28 de maio ás 10 horas no Pazo do Parlamento

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 28 de maio de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 21 de maio de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de administración dixital de Galicia (doc. núm. 48795, 10/PL-000014)
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 478, do 16.05.2019
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de modificación orzamentaria para o impulso dun plan de mellora na atención primaria (doc. núm. 48319, 10/PPL-000038)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 455, do 03.04.2019
 
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, para a mellora da asistencia primaria no sistema público de saúde de Galicia (doc. núm. 48834,10/PPL-000039)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
Punto 2. Comparecencia

 
 50033 (10/CPP-000100)
 Do Sr. conselleiro de Medio Rural, por petición propia, para informar do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA)
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 49765 (10/MOC-000144)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coas necesidades de mellora do transporte ferroviario en Galicia, nomeadamente entre Ourense, A Coruña e Santiago de Compostela. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 42269, publicada no BOPG nº 410, do 14.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 07.05.2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
3.2 49830 (10/MOC-000145)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa protección e conservación do patrimonio cultural arquitectónico e arqueolóxico. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 49084, publicada no BOPG nº 463, do 17.04.2019, e debatida na sesión plenaria do 07.05.2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
3.3 49845 (10/MOC-000146)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co Plan de infraestruturas xudiciais 2010-2015. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 45411, publicada no BOPG nº 430, do 13.02.2019, e debatida na sesión plenaria do 07.05.2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 26115 (10/PNP-001841)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia dunha proposta de aplicación dos fondos da Estratexia europea de Investimento Territorial Integrado para axudar a reverter a situación de regresión demográfica das comarcas galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
 
4.2 41795 (10/PNP-003166)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa regulación das funcións dos técnicos de enfermaría e a disposición transitoria terceira do Estatuto básico do empregado público
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 405, do 03.01.2019
 
4.3 43946 (10/PNP-003270)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre a elaboración  dun plan de xestión do xabaril
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
 
4.4 47429 (10/PNP-003584)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas reivindicacións da Plataforma de Familias con Diversidade Funcional de Santiago de Compostela referidas á necesidade de aumentar na comarca o número de prazas residenciais de atención directa para persoas con diversidade funcional
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 444, do 13.03.2019
 
4.5 49121 (10/PNP-003712)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co impacto que tería para a competitividade do sector pesqueiro galego e para o porto de Vigo a aplicación da Instrución da Subdirección Xeral de Sanidade Exterior para a importación de pesca conxelada ou procesada IM/1/2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 466, do 24.04.2019
 
4.6 49270 (10/PNP-003730)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 8 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos requisitos exixidos para o mantemento en Galicia da condición de familia numerosa de tipo especial, así como coa recomendación realizada polo Goberno central na materia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
4.7 49733 (10/PNP-003766)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego, na décima lexislatura, dun plan de recuperación de permisos de explotación marisqueira especialmente orientado ao sector feminino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
4.8 49806 (10/PNP-003774)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co concurso convocado para a adxudicación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 

Punto 5. Interpelacións
 
5.1 46794 (10/INT-001553)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Miranda Pena, Flora María
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa implantación dun novo plan para a atención primaria do sistema sanitario público
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
 
5.2 49292 (10/INT-001654)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 4 máis
 Sobre a avaliación das últimas reformas laborais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
5.3 49483 (10/INT-001659)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa contratación do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 07.05.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 50030 (10/POPX-000148)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para acabar coa eventualidade das traballadoras dos servizos públicos fundamentais de Galicia
 
6.2 50031 (10/POPX-000149)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a actuación que está a levar a cabo o Goberno galego para garantir o dereito da cidadanía a unha vivenda digna
 
6.3 50032 (10/POPX-000150)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da posta en marcha dunha colaboración efectiva coas institucións locais
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
 
7.1 49640 (10/POP-005909)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e 3 máis
 Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para a habilitación, no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Viveiro, dun espazo digno como sala de espera para as mulleres maltratadas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
7.2 49111 (10/POP-005850)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia para atender as demandas dos traballadores da empresa Transportes Pacholo, S.L., subcontratada para a prestación do servizo de recollida de residuos urbanos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 466, do 24.04.2019
 
7.3 50011 (10/PUP-000248)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre o estado de tramitación no que se atopa o procedemento administrativo correspondente ao proxecto de reapertura da mina de Touro, no concello do Pino, en relación cos prazos establecidos na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental
7.4 44829 (10/POP-005346)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Antón Vilasánchez, María Ángeles e 9 máis
 Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego para avanzar na construción e posta en marcha do edificio Fontán na Cidade da Cultura de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
7.5 44906 (10/POP-005361)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Barreira, María Julia e 9 máis
 Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia respecto do procedemento administrativo seguido para a declaración da Ribeira Sacra como ben de interese cultural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 427, do 06.02.2019
 
7.6 46718 (10/POP-005562)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as razóns do Goberno galego para non solucionar a curto prazo as demandas dos profesionais dos puntos de atención continuada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
 
7.7 49714 (10/POP-005912)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as razóns do Goberno galego para non cubrir as prazas de médicos vacantes por xubilación na atención primaria da comarca de Valdeorras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 476, do 14.05.2019
 
7.8 50024 (10/PUP-000249)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia para garantir o dereito da poboación infantil da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada da Mariña-Lugo-Monforte a recibir unha atención temperá de calidade
 
7.9 50029 (10/PUP-000250)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre as razóns do Goberno galego para suprimir, na licitación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre, un técnico de emerxencias sanitarias nas ambulancias de soporte vital avanzado do Salnés, Foz e Monforte
 
7.10 48505 (10/POP-005795)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
 Sobre o balance do Goberno galego respecto do funcionamento da Tarxeta Benvida dende a súa posta en marcha
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-05-21T14:54:00Z 2019-05-21T14:54:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2905/
Santalices anima ao conxunto da sociedade a recoñecer o labor “infatigable” do persoal docente


• “Sen os profesores non seriamos nada; son a base do sistema educativo”, afirma
 
• O Parlamento de Galicia acolleu unha comisión infantil da Campaña Mundial pola Educación

Santiago, 21 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía a celebración dunha comisión infantil organizada pola Campaña Mundial pola Educación, coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta,  para chamar a atención sobre o dereito á educación e as consecuencias do cambio climático.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, agradeceu á Campaña Mundial pola Educación ter elixido a Cámara galega como escenario para esta actividade, un espazo que considerou acaído, tanto polo empeño do Lexislativo galego por abrirse á xente, como polo compromiso da institución co estado de benestar e os piares que o sosteñen; sanidade, educación e servizos sociais.
 
“Todas e todos coincidimos en que a educación constitúe un alicerce determinante para o desenvolvemento e o benestar presente e futuro de calquera sociedade”, afirmou Santalices.
Para o presidente do Parlamento de Galicia resulta imprescindible “incidir sen desmaio na importancia da educación”, recordando que do esforzo que os máis novos dediquen agora á súa formación dependerán, en boa medida, o seu éxito ou fracaso persoal e profesional na etapa adulta.
Incidiu tamén Santalices na importancia de “formar persoas con criterio”, capaces de pensar e decidir por si mesmas.

A xuízo do titular do Lexislativo galego resulta tamén necesario que a sociedade recoñeza o labor do persoal docente, a “actitude infatigable dos profesores, porque sen os profesores non seriamos nada; son a base do sistema educativo”.
 
Como exemplo dese compromiso necesario, Santalices recordou ao recente gañador do Global Teacher Prize, considerado o Premio Nobel da educación, un profesor de ciencias que imparte clase nunha remota poboación de Kenia. O mellor profesor do mundo, Peter Tabichi, traballa  nunha área deprimida e carente de boa parte do equipamento do primeiro mundo.
 
Intervintes
 
O acto contou coa intervención do portavoz da coalición galega da Campaña Mundial pola Educación, José Luis Barreiro Areses, e de alumnado de cinco centros educativos galegos: IES de Vilalonga (Sanxenxo), IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, CPI Virxe de Cela de Monfero, Colexio Apóstol Santiago de Vigo e Colexio Miralba, de Vigo.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-05-21T13:57:00Z 2019-05-21T13:57:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2904/
Acordo da Comisión 6ª. Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o día 16-05-2019

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 16 de maio de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 49408 (10/PNC-004002)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 6 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego de actuacións de promoción do uso da madeira na construción dirixidas aos profesionais, promotores e usuarios
BOPG n.º 470, do 30.04.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que poña en marcha accións de promoción do uso da madeira en construción dirixidas a profesionais, promotores e usuarios que contribúan a difundir as vantaxes do seu emprego permitindo a valorización dos produtos da industria forestal galega”.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-05-16T13:28:00Z 2019-05-16T14:07:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2903/
Os reitores das universidades galegas visitan o Parlamento

 
 
Santiago, 9 de maio de 2019.- Os reitores das tres universidades galegas visitaron hoxe o Parlamento de Galicia, onde mantiveron un encontro institucional co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira. 
O encontro celebrouse a petición dos reitores para trasladar a situación do Sistema Universitario de Galicia e de cada unha das súas universidades, así como os retos de futuro.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-05-09T16:55:00Z 2019-05-09T16:56:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2902/