Logo do parlamento en forma de abanico Parlamento de Galicia

 

Lexisla con Nós

Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas

17/11/2017 12:17
Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (10/PL-000008)

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por Juan Carlos Requeijo Matos o 21/11/2017 10:12

En referencia ao proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas 2018 no seu TítuloII artigo 5 polo que se crea unha escala nova de Vixiantes de Recursos Naturais no grupo C2 da Administración da Xunta, decir a este respecto que parte das funcións que se lle atribuen a esta escala están desenvolvidas polos actuais axentes forestais grupo C2 e axentes facultativos medioambientais do gupo C1. Neste senso debemos sinalar que o punto 4 do artigo 40 da Lei de Emprego Público de Galicia, dispón que en ningún caso se poden crear novos corpos e escalas cando ás súas funcións sexan idénticas ás de outros corpos que xa existan Támen penso que a titulación requerida para desenvolver un traballo tan específico no é válida porque só a ESO non aporta os coñecementos especificos na materia a desenvolver,lembrar que outro colectivo como son os cazadores e os gardas de campo esixenlles un coñecementos específicos na materia, para exercer a caza deportiva os primeiros e para poder traballar como tal os segundos. A titulación requerida para exercer de vixiantes de recursos naturaié debería ser a antiga de capataz forestal ou a actual tecnico en traballos forestais e de conservación do medio natural, polo que entendo que en vez de crear unha escala nova os actuais vixiantes deberían acadar a titulación específica e incorporarse mediante un proceso selectivo a escala de axentes forestais grupoC2