Santiago, 26 de xaneiro de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta tarde a Diego Calvo Pouso (PPdeG), Ana Pontón Mondelo (BNG) e Gonzalo Caballero Miguez (PSdeG-PSOE) para defender, no Congreso dos Deputados, a toma en consideración da proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia.
O debate de toma en consideración desta proposición de lei, aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia, terá lugar no Pleno do Congreso dos Deputados previsto para o vindeiro 2 de febreiro, martes, a partir das 15,00 h.
Información complementaria
Convocatoria do Pleno do Congreso dos Deputados:
Saúdos, Gabinete de Comunicación.