Garda Civil 28/11/2022
Santiago, 28 de novembro de 2022.- O xeneral de brigada da Garda Civil Miguel Ángel González Arias, recentemente nomeado como xefe da 15ª zona da Garda Civil-Comunidade Autónoma de Galicia, efectuou esta mañá unha visita institucional de presentación ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo seu presidente, Miguel Ángel Santalices Vieira.
O presidente do Parlamento desexoulle éxito no desempeño desta responsabilidade e reiterou ao xeneral o profundo aprecio que a Garda Civil suscita entre a sociedade galega.