O Consello de Contas entrega ao Parlamento a memoria e informes de 2011

Santiago, 3 de agosto de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu esta mañá ao conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Luciano Fariña, que lle fixo entrega da memoria de actividades e os informes elaborados en execución do Plan de Traballo para 2011.
Coa entrega deste informe dase cumplimento á normativa en vigor e iníciase o procedemento que incluirá unha comparecencia do Conselleiro Maior do Consello de Contas na correspondente comisión parlamentaria da Cámara galega.

Imaxes relacionadas