Unha delegación da Prefectura de Wakayama (Xapón) visita o Parlamento de Galicia

· Está integrada, entre outras autoridades, polo gobernador e polo presidente do Parlamento de Wakayama.
 
Santiago, 15 de outubro de 2015.- Integrantes dunha delegación da Prefectura de Wakayama (Xapón) visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo, antes de efectuar un percorrido polas dependencias do Pazo do Hórreo.
 
A delegación xaponesa que esta mañá se desprazou ao Parlamento de Galicia está integrada por Yoshinobu Nisaka, gobernador de Wakayama; Hiroyuki Tsui, secretario de Asuntos Exteriores do Goberno de Wakayama; e Takashi Nishida, do departamento de Internacionalización e Cultura do Goberno de Wakayama. Tamén forma parte da delegación Masatsugu Maeshiba, presidente Parlamento de Wakayama; Seiichi Tachitani, deputado;  e Takaya Iwatani, integrante do Gabinete do presidente. Acudiron acompañados por Kenji Hirata, ministro da Embaixada de Xapón en España.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas