O Rei designa ao presidente do Parlamento para que o represente na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago

 

Santiago, 2 de xullo de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Viera, será o encargado de representar ao Rei Felipe VI na presentación da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago que terá lugar, como cada ano, o vindeiro 25 de xullo, na Catedral de Santiago de Compostela.
 
A comunicación da designación do presidente do Parlamento como delegado rexio foi efectuada esta semana polo xefe da Casa de S. M. O Rei ao titular da Cámara galega.
 
No escrito de aceptación, Santalices Vieira agradeceu, en nome propio, e no do Parlamento de Galicia,  a “alta honra” que supón ter sido elixido para ostentar a representación do monarca na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, instaurada por Felipe IV en 1643.
 
 
 
 
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas