Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 13 de xullo de 2016

 

5.3 50312 (09/PNP-003690)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Adán Villamarín, María do Carme
 Sobre a presentación polo Goberno galego dun plan de recuperación e explotación pública directa dos saltos hidroeléctricos existentes en Galicia ao remate da súa concesión, así como a información referida ás condicións establecidas para o seu outorgamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 646, do 19.05.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a proporcionar información sobre as condicións de concesión dos saltos hidroeléctricos, que cando menos contemple o ano de remate da concesión, cláusulas sociais da concesión e cumprimento das mesmas, solicitando de ser preciso a información pertinente ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.”
 
5.4 50730 (09/PNP-003728)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Dorado Soto, Javier e 3 máis
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ao Concello de Vigo da súa adhesión ao Programa de Vivendas baleiras da Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 652, do 01.06.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Concello de Vigo a:
 
1. Dar os pasos necesarios para adherirse ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia, para o cal asinará o acordo de adhesión previsto no convenio coa FEGAMP.
 
2. Propor á Xunta a inclusión no Programa das vivendas de propiedade municipal que non se atopen ocupadas e que estean en condicións ser habitadas, como é o caso dos 15 inmobles dos que dispón na rúa República Arxentina, de Vigo.
 
3. Xestionar a incorporación ao Programa de vivendas propiedade de terceiros que se atopen desocupadas e en condicións de ser habitadas.
 
O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a propor a inclusión, no Programa de Vivendas Baleiras, das vivendas de propiedade autonómica necesarias para garantir a demanda de alugueiro das persoas e familias de Vigo”.
 
5.7 51082 (09/PNP-003776)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 7 máis
 Sobre a posta á disposición do conxunto da cidadanía galega, por parte da Xunta de Galicia, da Plataforma É-Saúde, desenvolvida polo Sergas para mellorar a comunicación cos pacientes e coa cidadanía, así como para incrementar a alfabetización sanitaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 656, do 08.06.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a que, unha vez avaliados os resultados das fases de probas, de ser estes positivos, proceda a estender progresivamente a Plataforma é-saúde a disposición do conxunto da cidadanía galega”.
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas