Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas visitan o Parlamento de Galicia

• Mantiveron un encontro co presidente da Cámara e efectuaron unha visita guiada á sede do poder lexislativo galego
 
Santiago, 16 de setembro de 2016.- Integrantes da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas visitaron este mediodía do Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, antes de efectuar unha visita guiada ás dependencias da institución.
 
No transcurso da reunión, Santalices Vieira explicou o funcionamento da primeira institución de Galicia e respondeu ás cuestións plantexadas polos seus interlocutores.
 
A visita enmárcase na estratexia do Parlamento de Galicia por abrirse ao conxunto da sociedade. A delegación estaba encabezada polo presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, José Elías Mera Martínez, que acudiu acompañado polos restantes integrantes da directiva da entidade e por persoal da mesma.
 
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas