O Parlamento de Galicia elixe presidente da Xunta a Alberto Núñez Feijóo

 
• O presidente do Parlamento remitirá comunicación co resultado da votación a Súa Maxestade o Rei esta mesma tarde

Santiago, 10 de novembro de 2016.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta tarde, por maioría absoluta de 41 votos, a Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia.
 
Coa votación e posterior proclamación do resultado por parte do presidente da Cámara, conclúe a sesión de investidura iniciada o pasado martes.
 
Unha vez proclamado o resultado, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, comunicará o resultado da elección á Súa Maxestade o Rei, para o seu nomeamento mediante Real Decreto que se publicará no Boletín Oficial do Estado,  conforme o disposto no artigo 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. A comunicación a Súa Maxestade o Rei e ao presidente do Goberno efectuarase esta mesma tarde por correo electrónico, ao tempo que se enviará cadanseu documento orixinal que chegará a destino mañá a primeira hora.
 
O discurso de investidura do candidato, réplicas dos grupos parlamentarios e vídeos da sesión están dispoñibles no seguinte enlace:
http://www.parlamento.gal/sitios/web/investidura/default.aspx
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas