O Parlamento de Galicia acolleu a toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta

 

Santiago, 12 de novembro de 2016.- Alberto Núñez Feijóo tomou posesión como presidente da Xunta nun acto celebrado esta mañá no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia e no que se deron cita diferentes autoridades  e personalidades do Estado e da Comunidade Autónoma.
 
A representación da Administración Xeral do Estado correu a cargo do presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
 
O acto deu comezo coa lectura, a cargo do presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, do  Real Decreto polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alberto Núñez Feijóo.
 
Acto seguido, Núñez Feijóo prometeu o seu cargo. De seguido interviñeron, con cadanseu discurso, o presidente do Goberno central, Mariano Rajoy Brey, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
 
O acto rematou coa interpretación do himno galego, a cargo da mezzosoprano Nuria Lorenzo, acompañada á zanfona por Teresa Gómez.
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas