Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o día 27 de decembro de 2016

2.1 2338 (10/MOC-000005)
Grupo Parlamentario de En Marea

Vázquez Verao, Paula

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa igualdade salarial. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 791, publicada no BOPG nº 15, do 16.11.2016, e debatida na sesión plenaria do 13.12.2016)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a adoptar as seguintes medidas:
 
1. Convocar, por mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, a patronal e sindicatos máis representativos no seu ámbito territorial e sectorial para promover que na negociación colectiva de ámbito galego se considere obxectivo para acadar en 2020 a igualdade salarial efectiva entre homes e mulleres.
 
2. Solicitar ao Goberno de España unha lei de igualdade retributiva entre homes e mulleres que garanta de forma real efectiva a retribución para o desempeño dun traballo de igual valor, removendo todos os obstáculos de acceso, formación, promoción e concilación que o dificultan.»
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas