Cinco novos deputados e deputadas toman posesión no Parlamento de Galicia

 
Santiago, 6 de febreiro de 2017.- Un total de cinco novos deputados e deputadas do Grupo Popular tomaron posesión esta mañá ao comezo do Pleno da Cámara. Trátase de Gonzalo Trenor López, María Soraya Salorio Porral, Jacobo Moreira Ferro, Isabel Novo Fariña e Moisés Rodríguez Pérez, que acceden á Cámara en substitución dos conselleiros e conselleiras que renunciaron aos seus escanos.
 
Gonzalo Trenor López
 
Naceu en Ribadeo en 1977. É licenciado en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela.  Foi director do Plan de Desenrolo  Integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Foi coordinador da area de Saúde, Calidade de Vida e Medio Ambiente do Consello da Xuventude de Galicia. Vicesecretario do PP A Coruña. Foi deputado na IX Lexislatura, desempeñando o cargo de voceiro de Medio Ambiente e de Asuntos Exteriores e Cooperación do Grupo Popular. É deputado pola Coruña.
 
Maria Soraya Salorio Porral
 
Naceu en Sada en 1962, residindo a maior parte da súa infancia en Suíza. É empregada de banca. Formou parte, no ano 2011, da candidatura do Partido Popular para as Eleccións Municipais no concello de Sada, sendo primeira tenente de alcalde neste municipio e ocupándose das concellarías Benestar Social, Educación, Cultura e Deportes entre os anos 2011 e 2015. Actualmente é concelleira en Sada, na oposición. Deputada pola Coruña
 
Jacobo Moreira Ferro
 
Naceu en Santiago de Compostela en 1973. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Lideradoe xestión Pública no IESE. Avogado con 20 anos de exercicio profesional en diferentes bufetes e na empresa privada.
 
Concelleiro do PP en Pontevedra desde o ano 2007 e voceiro do grupo municipal desde 2012, sendo elixido presidente local do partido no 2014. Deputado autonómico na VIII e na IX Lexislatura. Accede ao Parlamento na X Lexislatura en febreiro de 2017. Deputado por Pontevedra.
 
Isabel Novo Fariña
 
Naceu en Portas en 1978. Ten estudios en Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela. Empresaria. Concelleira de Educación, Cultura, Turismo e Xuventude no Concello de Portas desde 2015. Accede ao Parlamento en febreiro de 2017. Deputada por Pontevedra.
 
Moisés Rodríguez Pérez
 
Naceu en Tui en 1971. Ten estudos de Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo. Concelleiro desde o ano 1995, en 2011 é elixido alcalde de Tui, cargo que ocupou ata 2015. Foi deputado provincial entre os anos 2013 e 2015. Accede ao Parlamento de Galicia en febreiro do 2017. Deputado por Pontevedra.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas