Acordo da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 16 de febreiro de 2016

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 16 de febreiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 3570 (10/PNC-000344)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Quiroga Díaz, José Antonio e 4 máis
Sobre a elaboración polo Goberno galego dun mapa de verteduras das industrias de transformación do sector primario nas canles de auga do medio rural
BOPG n.º 52, do 25.01.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que cree o mapa de vertidos en canles no medio rural por parte de industrias de transformación do sector primario, diferenciando o tipo de vertidos, o seu impacto e perigosidade para o medio".

Imaxes relacionadas