Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 04 de maio de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 4 de maio de 2017, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións

- 7042 (10/PNC-000718)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 8 máis
Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia de material didáctico vinculado á cultura galega e, de xeito especial, ao Camiño de Santiago, co fin de que sexa útil na aprendizaxe do galego fóra da comunidade autónoma
BOPG n.º 96, do 05.04.2017

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver material didáctico vinculado á cultura galega e, de xeito especial, ao Camiño de Santiago para que sexa útil na aprendizaxe do galego fóra da nosa Comunidade".
 

Imaxes relacionadas