Acordos da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 11 de maio de 2017

 
A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 11 de maio de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 6398 (10/PNC-000646)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 6 máis
Sobre a modificación pola Xunta de Galicia da denominación do Hospital da Costa para que pase a denominarse Hospital Público da Mariña Lucense
BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a modificar a denominación do Hospital da Costa de tal xeito que pase a levar o nome de Hospital Público da Mariña lucense."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 6209 (10/PNC-000616)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención que se está a prestar á saúde bucodental no Sergas
BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
Sométese a votación por puntos cos resultados que se reflicten a seguir:
 
-Puntos 1 e 4, vótanse conxuntamente e rexéitanse por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
-Puntos 2 e 3, vótanse conxuntamente e apróbanse pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.- Levar a cabo una campaña informativa sobre as prestacións de saúde bucodental públicas por una banda dirixida ao público xeral e por outra aos profesionais sanitarios.
2.- Entregar ao Parlamento de Galicia, no prazo máximo dun mes o informe relativo á PNL aprobada na pasada lexislatura polo Parlamento de Galicia."

- 7953 (10/PNC-000831)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula e Chao Pérez, Luca
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coa tramitación dos expedientes de adopción de familias galegas en Burundi e Etiopía paralizados polo peche da entidade que os viña tramitando
BOPG n.º 109, do 03.05.2017
 
Sométese a votación por puntos cos resultados que se reflicten a seguir:
 
-Puntos 1 a 4, vótanse conxuntamente e rexéitanse por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
-Punto 5, cunha modificación producto dunha transacción "in voce", apróbase pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a manter un servizo público de seguimento de post-adopción, a través da Consellería de Política Social, para as familias galegas con nenos e nenas de adopción."

- 8052 (10/PNC-000847)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa inclusión da podoloxía na carteira básica de servizos do Sistema nacional de saúde, o estudo da viabilidade da súa introdución na carteira complementaria de servizos de Galicia, así como a posible pertinencia de incorporar a categoría profesional de podólogo ou podóloga como persoal estatutario do Sergas
BOPG n.º 105, do 26.04.2017
 
Sométese a votación por puntos cos resultados que se reflicten a seguir:
 
-Punto 1, apróbase pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
 
-Puntos 2 e 3, vótanse conxuntamente e rexéitanse por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a que inclúa a Podoloxía na Carteira Básica do Sistema Nacional de Saúde, dotándoa dun financiamento xusto e necesario para a súa posta en marcha e desenvolvemento."

Imaxes relacionadas