O presidente do Parlamento recibe á directiva de Executivas de Galicia

Santiago, 16 de maio de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía á nova directiva de Executivas de Galicia, encabezada pola súa presidenta, Carla Reyes Uschinsky, que recentemente foi reelixida para liderar a entidade os vindeiros 4 anos.
 
Durante a reunión, o presidente do Parlamento interesouse polas actividades que desenvolve Executivas de Galicia e sinalou que todos esforzos que se poñan en marcha a favor da igualdade deben ser benvidos. Tamén efectuaron unha visita guiada á sede do Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas