O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio en sinal de repulsa contra o atentado de Manchester


 

Santiago, 23 de maio de 2017.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou esta mañá un minuto de silencio en sinal de repulsa contra o atentado rexistrado a pasada noite no Manchester Arena.
 
Ao inicio do Pleno, o presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, convidou ás deputadas e deputados presentes no Hemiciclo a gardar un minuto de silencio para expresar a condena do Lexislativo galego fronte ao atentado e trasladar a solidariedade do pobo galego ás vítimas e ás súas familias.

 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas