Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o xoves 18 de xaneiro de 2018

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 18 de xaneiro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 13019 (10/PNC-001224)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 8 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das medidas necesarias para tratar de evitar a práctica de revenda masiva de entradas a través da internet
BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a adoptar, dentro do seu ámbito competencial e en colaboración coa Administarción xeral do Estado, así como cos sectores interesados, medidas que contribúan a frear os efectos negativos da revenda de entradas de espectáculos en internet e que lles proporcionen aos consumidores maiores garantías."
 
Aprobación con modificacións
 
- 19576 (10/PNC-001588)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a consolidación, restauración e conservación das pinturas murais ao fresco existentes nas igrexas parroquiais de Labrada e dos Vilares, no concello de Guitiriz
BOPG n.º 207, do 08.11.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Avaliar o estudo técnico en proceso de elaboración unha vez rematado, para estudar tanto o estado de conservación dos frescos situados nas igrexas parroquiais dos Vilares e Labrada (Guitiriz) e as medidas a adoptar para frear o seu deterioro e garantir a súa conservación.
 
2. Abrir un espazo de diálogo co Arzobispado, o Concello de Guitiriz e a Deputación de Lugo  para  acometer  as  actuacións  de  consolidación  e  restauración  que  sexan precisas.”
 

Imaxes relacionadas