Acordo da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o venres 19 de xaneiro de 2018

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 19 de xaneiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 20759 (10/PNC-001694)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre o establecemento pola Xunta de Galicia dun procedemento de avaliación do interese agrario para efectuar a reestruturación territorial das terras, tendo en conta as achegas das persoas interesadas mediante a realización dun trámite de consulta
BOPG n.º 222, do 04.12.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 4 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.  Establecer un procedemento de avaliación do interese agrario para efectuar as reestruturacións de terras.
 
2.  Que no procedemento de avaliación do interese agrario que se configure, se teñan en conta as aportacións das persoas interesadas, dándolle a tal efecto un trámite de consulta”.
 

Imaxes relacionadas