Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 6 de febreiro de 2018


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 6 de febreiro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 30 de xaneiro de 2018, a orde do día da sesión é a
seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (doc. núm. 21473, PL-000009)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 229, do 19.12.2017
 Publicación emendas totalidade, BOPG n.º 248, do 26.01.2018
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, reguladora da participación das entidades locais nos tributos da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 8170, 10/PPL-000003)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 104, do 25.04.2017
 
Punto 2. Comparecencias
 
 24251 (10/CPP-000045)
 Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición propia, para a presentación do "Plan Galicia Innova 2020"
 
Punto 3. Mocións

 
3.1 24187 (10/MOC-000067)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en materia de servizos sociais. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 21744, publicada no BOPG nº 236, do 10.01.2018, e debatida na sesión plenaria do 23.01.2018)
 
3.2 24252 (10/MOC-000068, CE doc. núm. 24314)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Lago Peñas, José Manuel e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa suba das tarifas nas peaxes da AP-9. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 20803, publicada no BOPG nº 223, do 05.12.2017, e debatida na sesión plenaria do 23.01.2018)
 
3.3 24258 (10/MOC-000069)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos problemas producidos pola saturación dos servizos de urxencias dos hospitais ante o aumento dos casos de gripe. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 22065, publicada no BOPG n.º 236, do 10.01.2018, e debatida na sesión plenaria do 23.01.2018)
 
Punto 4. Proposicións non de lei

 
4.1 20231 (10/PNP-001503)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas reclamacións laborais dos representantes sindicais do persoal da Administración de xustiza de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
 
4.2 22214 (10/PNP-001649)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que deber realizar a Xunta de Galicia en relación coa xestión da AP 9 perante o Goberno de España, a defensa dos intereses das persoas usuarias dela e o cumprimento dos acordos parlamentarios
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
4.3 22251 (10/PNP-001652)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco e 2 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coas sondaxes mineiras que se están a realizar nos concellos de Touro e O Pino en tanto non se garanta a viabilidade dos recursos hídricos que abastecen a zona e se obteña a correspondiente autorización de Augas de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241, do 17.01.2018
 
4.4 22581 (10/PNP-001664)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas perdas ocasionadas na última campaña polas inclemencias meteorolóxicas e a avespiña do castiñeiro na produción, transformación e comercialización da castaña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241, do 17.01.2018
 
4.5 22892 (10/PNP-001683)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto da realización de eventuais modificacións na rede pública de centros de ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
4.6 22988 (10/PNP-001685)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 6 máis
 Sobre a pena de cadea permanente revisable introducida no ordenamento xurídico español pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de noviembre, do Código penal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
4.7 23160 (10/PNP-001691)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas necesidades existentes e as melloras necesarias no transporte ferroviario entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
4.8 23560 (10/PNP-001707)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 González Vázquez, José e 5 máis
 Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Goberno do Estado da aplicación, nos casos de herdanzas ou doazóns con residentes en países terceiros (que non pertenzan á UE nin ao EEE) nos que resida o causante, o herdeiro ou o donatario, ou no que se atope un inmoble obxecto de doazón, do mesmo criterio que para o caso de residentes na Unión Europea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
Punto 5. Interpelacións
 

5.1 8083 (10/INT-000342)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
 
5.2 15770 (10/INT-000551)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas listas de espera non estruturais do Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
5.3 22234 (10/INT-000756)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a valoración que realiza o Goberno galego do investimento en Galicia previsto no Proxecto de orzamentos do Estado para 2017, os traballos e as conclusións da Comisión de Seguimento dos Orzamentos do Estado e a estratexia negociadora que vai seguir co Goberno central
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 24290 (10/POPX-000070)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da atención das demandas da cidadanía referidas ás consecuencias dos recortes e privatizacións dos servizos públicos
 
6.2 24319 (10/POPX-000071)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a valoración do Goberno galego dos resultados da súa política en materia laboral
 
6.3 24337 (10/POPX-000072)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da situación na que se atopan os servizos públicos
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 24307 (10/PUP-000141)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 7 máis
 Sobre a avaliación do Goberno galego respecto da viaxe institucional a Israel que vai iniciar o presidente da Xunta de Galicia o día 30 de xaneiro de 2018
 
7.2 24336 (10/PUP-000142)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as razóns do Goberno galego para non aceptar as reivindicacións do persoal da Administración de xustiza asumidas de xeito unánime polo Parlamento de Galicia
  
7.3 22060 (10/POP-002624)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis
Sobre a existencia dunha avaliación feita pola Xunta de Galicia do impacto que tería no naval galego a proposta de renovar a flota pesqueira de altura nos estaleiros galegos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
7.4 21820 (10/POP-002561)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
 Sobre a política da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de fomento e dinamización da lectura
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
7.5 22095 (10/POP-002631)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
 Sobre a opinión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto de se a proposta de zonificación para a admisión do alumnado, nos centros docentes sostidos con fondos públicos da cidade de Vigo, responde ás necesidades de escolarización existentes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
7.6 23502 (10/POP-002861)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre as actuacións da Xunta de Galicia encamiñadas a incluír na oferta educativa do bacharelato a obrigatoriedade da materia de Historia da Filosofía como materia troncal, segundo o acordo adoptado polo Pleno do Parlamento do 18 de outubro de 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
7.7 23405 (10/POP-002799)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre a normativa en que se basea a decisión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de non incluír o alumnado repetidor no cómputo das ratios de alumnos por aula
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
7.8 21875 (10/POP-002586)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vega Pérez, Daniel e 6 máis
 Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia verbo das axudas a proxectos de transformación de produtos agrarios concedidas nos últimos anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
7.9 23397 (10/POP-002797)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as razóns do Goberno galego para non adoptar medidas co fin de manter en uso, en réxime de arrendamento a través do Bantegal, as terras que están a abandonar a actividade agrogandeira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
7.10 22591 (10/POP-002707)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a realización pola Consellería do Mar dalgunha valoración da posible afección na ría de Arousa da reapertura da mina de cobre situada nos concellos de Touro e do Pino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241, do 17.01.2018
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente


 

Imaxes relacionadas