Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 27.09.2018

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 27 de setembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 35514 (10/PNC-002860)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia da creación de contidos de formación en lingua galega que faciliten o seu estudo e coñecemento ás persoas de todo o territorio galego e a todas aquelas interesadas non residentes en Galicia
BOPG n.º 354, do 12.09.2018

 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a potenciar a creación de contidos de formación en lingua galega que faciliten o seu estudo e coñecemento para persoas de toda a xeografía galega e a todas aquelas persoas interesadas non residentes en Galicia."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 22795 (10/PNC-001830)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre o establecemento pola Xunta de Galicia dun acordo coa Igrexa Católica en relación co réxime de visitas ás catedrais de Mondoñedo, Ourense e Tui
BOPG n.º 241, do 17.01.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a acordar coa Igrexa Católica a visita cultural e turística libre e gratuíta das catedrais de Mondoñedo, Ourense e Tui, e o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, polo menos catro días ao mes, para así cumprir a Lei 5/2016 ,do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Os días e horas desta apertura libre estarán debidamente indicadas e publicitadas."
 
- 31940 (10/PNC-002596)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre a difusión polo Goberno galego do informe referido aos gastos desagregados da construción da sede do Consorcio Universitario de Galicia na Cidade da Cultura, así como ao custo que tería a execución do proxecto noutros espazos
BOPG n.º 319, do 13.06.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a facer público, a través da remisión aos grupos parlamentarios, do informe no que aparecen os gastos desagregados da construcción da sede do Consorcio interuniversitario de Galicia, así como o custe que tería o proxecto noutros espazos."
 

Imaxes relacionadas