Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de febreiro de 2019


3.3 45124 (10/MOC-000123)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa
Sobre a posición do Parlamento de Galicia e as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de violencia de xénero. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 39868, publicada no BOPG nº 383, do 14.11.2018, e debatida na sesión plenaria do 21.01.2019)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“Por eso hoxe solicitamos ao Parlamento de Galicia a que reafirme o  seu  compromiso  coa  igualdade  e  contra  a violencia machista así como coa consecución inmediata dun Pacto galego contra a violencia machista, e insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Impulsar decididamente as medidas contidas no Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero de Congreso e Senado co obxectivo de  combater  o  terrorismo  machista, que  ten  o  seu  caldo  de  cultivo  nunha cultura e educación profundamente antidemocrática e que parte da idea da superioridade do home sobre a muller.
 
1.1. Para isto a Xunta de Galicia comprométese a remitir, ou incorporar como addenda no vindeiro informe anual que se elabora ao abeiro da Disposición Adicional Cuarta da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, información detallada sobre a concreción das actuacións financiadas polo Estado, de forma que se poida avaliar o alcance da aplicación do Pacto Estatal por parte dos ámbitos implicados na prevención e no tratamento da violencia machista.
 
2. Manifestar a súa repulsa a todas as manifestacións da devandita violencia, o    seu    compromiso    coas    vítimas    e    declarar    tolerancia    cero    cos maltratadores
 
3. Expresar  o  seu   rexeitamento  a   calquera  posicionamento  político  que propugne  a  eliminación  ou  minoración  das  medidas  de  protección  das mulleres  fronte  á  violencia  machista,  así  como  o  drama  social  e  as consecuencias que ten para as vítimas.
 
4. A  rexeitar  a  adopción  de  calquera  tipo  de  acordo,  explícito  ou implícito,  con  formacións  que plantexan a  supresión  ou  redución  das medidas  de  protección  das  mulleres,  dando  así  cobertura  a  políticas irresponsables que levan un altísimo risco de agravar o problema.
 
5. No   marco   do   reforzo   das   iniciativas   para   combater   esta   secuela, a comprometerse  a  impulsar  a  aplicación  da  Lei Orgánica  de  Medidas  de Protección  Integral  contra  a  Violencia  de  Xénero  e  a  Lei 12/2016, do  22  de  xullo, de  modificación da  Lei  11/2007,  do  27  de  xullo,  galega para  a prevención  e  o  tratamento  Integral  da  violencia  de  xénero,  en coordinación    con    todos    os    poderes    públicos,    tanto    locais   como  autonómicos e estatais.
 
6. Para o seguimento por parte do Parlamento Galego, a Xunta de Galicia comprométese a facilitar o punto 1.1. así como un debate anual ao respecto, conforme o comprometido verbalmente polo vicepresidente da Xunta de Galicia.
 
7. Garantir  o  cumprimento   do  Convenio  do  Consello  de   Europa   sobre prevención  e  loita contra  a  violencia  contra  as  mulleres  e  a  violencia doméstica,   coñecido  como  o  Convenio  de  Estambul.
 
8. Iniciar, durante o primeiro semestre do ano 2019, a posta en marcha dos acordos parlamentarios tomados o 12 de abril e o 11 de setembro de 2018, acerca da elaboración dunha macroenquisa galega sobre a incidencia das violencias machistas ao longo do ciclo de vida das mulleres, e dar conta e facer partícipe da elaboración desta á Comisión Permanente de Estudo para a Igualdade e para os dereitos das Mulleres”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxes relacionadas