Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 13 de febreiro de 2019

4.2 41431 (10/PNP-003132)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central relativa á defensa da  inclusión  da conexión Vigo-Oporto  no Corredor  Atlántico,  dentro  do Proceso  de  reforma  dos  regulamentos    UE  1315/2013  e  1316/2013  do Parlamento e do Consello Europeo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 397, do 13.12.2018

 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia  a que inste ao Goberno  español á defensa  da  inclusión  da  conexión  Vigo-Porto  no  Corredor  Atlántico  dentro  do proceso   de   reforma   regulamentaria   dos   Regulamentos   UE   1315/2013   do Parlamento  Europeo  e  do  Consello  do  11  de  decembro  de  2013  sobre  as orientacións   da   Unión   para   o   desenvolvemento   da   Rede   Transeuropea   de Transporte,  e  1316/2013  do  Parlamento  Europeo  e  do  Consello  do  11  de decembro de 2013 polo que se crea o Mecanismo `Conectar Europa´”.

4.6 44345 (10/PNP-003308)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 19 máis
Sobre o posicionamento do Parlamento de Galicia respecto ao Proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para o 2019
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia acorda:
 
1. Manifestar  o  rexeitamento  do  Parlamento  de  Galicia  ao  proxecto  de  lei  de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 presentado polo Goberno  de España, por ser uns orzamentos irreais e absolutamente discriminatorios para Galicia.
 
2. Solicitar da Xunta de Galicia que se dirixa aos  grupos  parlamentarios  do  Congreso  dos  Deputados  e  do  Senado para solicitarlles a modificación destes Orzamentos Xerais do Estado para 2019 de tal xeito que, cando menos, se manteña o nivel de investimento para Galicia recollido  na  Lei  de  Presupostos  Xerais  do  Estado  de  2018  e  se  inclúan  as partidas  suficientes  para  iniciar,  continuar  ou  rematar  as  obras  en  ferrocarrís, autovías,  estradas  e  outros  proxectos  comprometidos  e  orzamentados  polo anterior Goberno do Estado.
 
3. Dar   traslado   destes   acordos   ao   Goberno,   aos   grupos   parlamentarios   do Congreso  dos  Deputados,  do  Senado  e  do  Parlamento  de  Galicia,  así  como  á Xunta de Galicia”.
 
4.8 44787 (10/PNP-003348)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Feijóo, Alberto e 40 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coa situación de Venezuela.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia acorda declarar a súa solidariedade e o seu apoio ao pobo de Venezuela,   co   que   temos   tantos   vínculos   familiares,   e   ás   súas   institucións lexitimamente constituídas,  nos seguintes termos:
 
1. Que  é  necesario  que  se  tomen  medidas  para  actuar  de  forma  urxente  ante  a situación de emerxencia humanitaria que vive o pais por estes anos de sometemento a un réxime socialista bolivariano que só trouxo pobreza, falta de alimentos e medicinas e unha violencia extrema que xera unha inseguridade permanente con risco cotián para o dereito fundamental á vida.
 
2. Que  apoia  á  Asemblea  Nacional  lexítima  democraticamente  elixida  polo  pobo venezolano.
 
3. Que apoia ao Presidente da Asemblea tamén lexítimo e elixido democraticamente.
 
4. Que  en  Venezuela  debe  iniciarse  un  proceso  de  normalización  democrática,  dando paso  a  unhas  eleccións  libres  con  todas  as  garantías  que  exixe  a  comunidade internacional,  que  poña fin  a  este  proceso  de  réxime  autoritario  que  conculca  de  xeito cotián os dereitos individuais, sociais e políticos dos cidadáns venezolanos; e que dito proceso  debe  facerse  de  acordo  co  que  estableza  a  Asemblea  Nacional  e  o  seu Presidente como representantes lexítimos do pobo venezolano.
 
5. Que  Galicia  asume  o  compromiso,  como  fixo  ata  agora,  de  axudar  aos  galegos  de Venezuela  para  saír  desta  difícil  situación  na  que  se  encontran  e  avanzar  cara  o camiño  da  prosperidade  e  do  benestar,  como  achega  á  recuperación  do  conxunto  do pobo venezolano”.
 
 

Imaxes relacionadas