Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de marzo de 2019

3.2 47158 (10/MOC-000130)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa
 Sobre as melloras que debe implementar e impulsar a Xunta de Galicia en relación coa rede de centros de información á muller. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 44310, publicada no BOPG n.º 423, do 31.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 26.02.2019)
O texto aprobado é o seguinte: 
 
 “O Parlamento  galego  insta  a  Xunta  de  Galicia  a  implementar  e impulsar  as seguintes  melloras  na  Rede  CIM  de  Galicia  e  que  permitan  garantir  o  servicio integral e de calidade para todas as mulleres galegas,  independentemente da súa localización no territorio,  mellorando a accesibilidade ós servizos:
 
1.- Consolidación da Rede integral de CIM en todo o territorio, especialmente no rural  galego,  impulsando  en  colaboración  cos  diferentes  concellos  a  apertura  de máis   centros,   independentes   ou   mancomunados,   e   que   permitan   cubrir   a totalidade do territorio galego no horizonte do ano 2020.
 
2.  Fomento  da    cooperación  institucional  e  entre  os  propios  CIM, así  como  de maior  cooperación  interautonómica,  co  fin  de  intercambiar  experiencias  e  crear protocolos  que  permitan  coordinar  e  optiminizar  as  actuacións  en  materia  de violencia de xénero.
 
3. Mellora do funcionamento da plataforma Xestión CIM, e revisión e estudio de melloras    no  sistema  de  implementación  de  datos  para  a  xustificación  das actuacións dos CIM, para velar pola confidencialidade na atención ás usuarias.
 
4. Extender o programa de Inserción Laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero iniciado no ano 2016 a través das entidades de inciativa social sin ánimo de lucro, neste ano 2019 ás entidades locais, así como ao tecido empresarial.
 
5. Seguir a apoiar á rede autonómica de Centros de Información á Muller, garantindo o financiamento dos recursos económicos necesarios máis aló do período actual vixente dos fondos europeos así como dos medios técnicos precisos; fomentar que nas entidades locais incorporen perfís profesionais a maiores dos que se recollen no artigo 10 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia.
 
6.  Implementar  desde  o  vindeiro  ano  2020,  a  presentación  durante  o  mes  de xaneiro,  do  programa  e  axenda  anual  de  formación  dos  e  das  profesionais  dos CIM,  atendendo  ás  realidades  dos  colectivos  atendidos  nestes  centros  (LGTBI, inmigrantes,  mulleres  e  menores  vítimas  de  violencia  de  xénero...)  e  as  súas problemáticas  (traumas,  dependencia  emocional,  apego,  adiccións  e  traumas)  así como outras formacións suxeridas nos informes das memorias anuais dos CIM de toda Galicia”.

Imaxes relacionadas