Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 13 de marzo de 2019

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 13 de marzo de 2019
 
4.1 6062 (10/PNP-000523)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pazos Couñago, José Alberto e 8 máis
 Sobre a demanda  do Goberno galego ao Concello de Vigo para que retorne ao consenso acadado para a modificación da Lei da área metropolitana de Vigo e ao cumprimento desta, así como do cumprimento do convenio asinado en materia de transporte metropolitano garantindo as mesmas tarifas para todas as persoas usuarias con independencia do seu lugar de procedencia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para:
1.-  Dirixirse  ao  Concello  de  Vigo  para  solicitarlle  o  retorno  ao  consenso  entre  os  concellos e o goberno galego que permitiu a modificación da lei da Área Metropolitana  de  Vigo  e  a  súa  aprobación  por  unanimidade  no  Parlamento  de  Galicia,  así  como  a  exisirlle o seu cumprimento.
 
2.-  Demandar  ao  Concello  de  Vigo  que  cumpra  o  convenio  asinado  en  materia  de transporte metropolitano, garantindo as mesmas tarefas para tódalas persoa  usuarias, con independencia do seu lugar de procedencia”.
 
4.4 44557 (10/PNP-003328)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Novo Fariña, María Isabel e 6 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central co fin de cubrir as vacantes na Unidade de Policía Adscrita a Galicia e de incrementar os seus efectivos ata un mínimo de catrocentos setenta e cinco
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno do Estado que por  parte  do  Ministerio  do  Interior,  a  través  da Dirección  General  de  la  Policía  se articule  un  concurso  de  méritos  na  Policía  Nacional  que  permita  cubrir  vacantes  na Unidade de  Policía  Adscrita  para  incrementar  canto  menos  ata  475  os  seus  efectivos, de   xeito   que   esta   Unidade   poida   cumprir   coas   funcións   que   actualmente   está prestando”.

4.7 45704 (10/PNP-003429)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe impulsar o Goberno galego para a incorporación de cláusulas de igualdade na contratación pública de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento galego  insta  á  Xunta  de  Galicia  a  impulsar  as  seguintes  accións para a incorporación cláusulas de igualdade na contratación pública galega:
 
1. Definir  e  aprobar,  en  colaboración  coas  forzas  políticas,  sindicais  e  axentes sociais e económicos, no prazo de 6 meses o proceso metodolóxico para a implantación de  cláusulas  de  igualdade  onde  se  contemple:  diagnose,  planificación  para  a  posta  en marcha e mecanismos de avaliación.
 
2. Designar   unha   comisión   responsable   do   seguimento   do   proceso   e   da avaliación    periódica    na    que    obrigatoriamente    estea    incorporada    unha    persoa representante da Secretaría Xeral de Igualdade. 

3. Garantir  un  grupo  técnico  multidisciplinar  para  fornecer  a  asistencia  técnica especializada que precisen as áreas de goberno.
 
4. Elaborar  e  remitir  á  Cámara  Galega  un  informe  anual  da  implantación progresiva das cláusulas de igualdade que incorpore información tanto estatística como cualitativa e a difusión de experiencias e boas prácticas
 
5. Impulsar   as   modificacións   legais   oportunas   para   blindar   legalmente   a obrigatoriedade da inclusión deste tipo de cláusulas na contratación pública galega”.
 
 

Imaxes relacionadas