O ciclo de charlas itinerantes de exdeputados en institutos para conmemorar o 30 aniversario do Parlamento de Galicia chega mañá a Pontedeume e Monforte de Lemos


Santiago, 6 de abril de 2011- O ciclo de charlas itinerantes organizadas pola Asociación de exparlamentarios do Parlamento de Galicia no marco da celebración do 30 aniversario da Cámara autonómica chega mañá xoves, 7 de abril, a Monforte de  Lemos e a Pontedeume.

No IES A Pinguela, de Monforte, a charla celebrarase a partir das 11,15 horas, e contará coa participación dos ex deputados Mª Xosé Vega Buxán (BNG), Margarita Rodríguez Otero (PsdeG-PSOE) e Nazario Pin Fernández (PPdeG).

En Pontedeume, na charla programada no IES Fraga do Eume, está confirmada a participación de Pilar García Negro (BNG), Xesús Fernández Rosende (PPdeG) e Natividad González Laso (PSdeG-PSOE).

Arredor dunha trintena de centros de Ensino Secundario de toda Galicia teñen manifestado xa o seu interese en acoller unha charla deste tipo. Os organizadores convidarán a participar en cada unha destas actividades a un exdeputado de cada un dos partidos con representación no Parlamento de Galicia.

Con esta programación,  enmarcada no 30 aniversario da institución, o Parlamento de Galicia busca darse a coñecer entre os estudantes galegos, tratando de superar o descoñecemento que rodea a algunhas das institucións democráticas e buscando superar, tamén, o desinterese que en ocasións suscita a vida política.

 

Previsión informativa

Xoves, 7 de abril de 2011


Monforte de Lemos

11,15 h.- No IES a Pinguela os exdeputados María Xosé Vega Buxán (BNG), Margarita Rodríguez Otero (PSdeG-PSOE) e Nazario Pin Fernández (PPdeG) ofrecen unha charla para explicar a estudantes de secundaria a realidade e o funcionamento do Parlamento de Galicia. O ciclo enmárcase no 30 aniversario do Parlamento de Galicia e está organizado pola Asociación de Exdeputados.

Pontedeume

12,30 h.- No IES Fraga do Eume, charla enmarcada no 30 aniversario do Parlamento de Galicia a cargo d@s exdeputad@s Pilar García Negro (BNG), Xesús Fernández Rosende (PPdeG) e Natividad González Laso (PSdeG-PSOE)

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación


Imaxes relacionadas