Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 11 de outubro de 2011

4.1 08/PNP-1294 (68488)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    García Pacín, María Isabel e 7 deputados máis
  
Sobre a coordinación da Xunta de Galicia coas organizacións profesionais agrarias para crear unha organización de produtores forte e con tamaño suficiente para ter capacidade negociadora dabondo coas industrias
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 534, do 08.09.2011
 
O texto aprobado é o seguinte: 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que traballe en coordinación coas organizacións profesionais agrarias para crear unha organización de productores forte e cun tamaño suficiente para ter capacidade negociadora dabondo coas industrias".
 
4.5 08/PNP-1388 (70877)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
  
Sobre a declaración pola Xunta de Galicia do ano 2012 como Ano de Celso Emilio Ferreiro e as actuacións que se deben levar a cabo co fin de conmemorar o centenario do seu nacemento
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 549, do 29.09.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
"1.- O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a declarar o vindeiro ano 2012 como ano de Celso Emilio Ferreiro, descando o seu labor como renovador da literatura galega e a súa actividade política e literaria de compromiso con Galicia e defensa das liberdades democráticas.
 
2.- Esta declaración incluirá actuacións de promoción e difusión da súa biografía e obra e procurará a implicación de institucións públicas e culturais, singularmente a Fundación Celso Emilio, a fin de conmemorar o centenario do seu nacemento.
 
3.- A Xunta de Galicia elaborará, preferentemente antes do 4 de xaneiro de 2012, un catálogo das actuacións a levar a cabo durante o ano para dar a coñecer a figura e obra de Celso Emilio".

 
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2011.

Imaxes relacionadas