Alfonso Rueda Valenzuela

Nacemento: Pontevedra - 1968

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrción de Pontevedra
Pontevedra
Contacto:

Biografía:

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, con diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario da Administración local, con habilitación nacional e categoría superior. Actualmente, con praza de secretario no concello de Marín.

Foi xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e no ano 2000 foi nomeado director Xeral de Administración Local, posto que ocupou ata o ano 2005.

En 2009 foi nomeado Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En decembro de 2012 renovou o seu cargo como titular do mesmo departamento e foi nomeado vicepresidente da Xunta de Galicia.

Foi designado secretario xeral do PPdeG no ano 2006, cargo que ocupa ata o ano 2016. Desde marzo de 2016 é presidente provincial do PP de Pontevedra.

Imaxe de Alfonso Rueda Valenzuela

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días