Nacemento: 
                        Vigo  -  1967
                    
                Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
                
                    
                        Circunscrición electoral: 
                     
                 
                
                    
                Biografía:
                Técnica especialista en Informática de Xestión e funcionaria do IES Val do Tea de Ponteareas dende 1993. Foi presidenta da Federación de ANPA do Condado-Paradanta e Louriña (FANPO). Dende 2012 é concelleira do BNG en Ponteareas, onde asumiu en 2015 a segunda tenencia de alcaldía e a concellaría de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior; en 2019 a primeira tenencia de alcaldía, así como as concellarías de Ensino, Eventos, Saúde e Consumo; e a alcaldía entre 2021 e 2023, ano dende o que é deputada por Pontevedra.