saltar ao contido

A presidenta do Parlamento recibe ao alcalde de Santiago no marco dunha visita institucional ao lexislativo galego

<div class="ExternalClass4581A547211B4FB0AA1EC64B54D7B2E9"><div class="ExternalClass39E5BC9D167B4BE1B04040F4B7F1ABF4" style="color:#000000"><p>Durante o encontro, Pilar Rojo trasladou a Martiño Noriega o seu interese en manter unhas óptimas relacións institucionais entre o Parlamento de Galicia e o Concello de Santiago.</p></div></div>
<p class='clearfix'></p>

Visitas 28/09/2015

Santiago, 28 de setembro de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara ao alcalde Santiago de Compostela, Martiño Noriega, no marco dunha visita institucional do rexedor á sede do lexislativo galego.
 
Durante o encontro, Pilar Rojo trasladou a Martiño Noriega o seu interese en manter unhas óptimas relacións institucionais entre o Parlamento de Galicia e o Concello de Santiago. A presidenta da Cámara reiterou a invitación cursada ao alcalde de Santiago co gallo da xornada organizada polo Parlamento de Galicia, o vindeiro 2 de outubro, para conmemorar os 100 anos do Pazo do Hórreo. 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina