E ti, vés ao Parlamento?

O Parlamento de Galicia abre as súas portas a todas aquelas persoas que queiran coñecer a organización e as funcións da cámara lexislativa galega e aprender sobre elas e sobre a historia da súa sede, o Pazo do Hórreo.

Os cidadáns e cidadás interesados en visitar a institución poden facelo participando nas nosas visitas guiadas para grupos ou particulares con reserva previa ou durante o día de portas abertas.

E ti, vés ao Parlamento? Elixe a túa modalidade de visita.

Coñece as túas institucións

Visitas guiadas para grupos escolares de 5º - 6º de Primaria e 1º-2º da ESO de centros de titularidade pública da comunidade autónoma.

Máis información

Vén visitarnos

Visitas guiadas para grupos ou particulares con reserva previa.

Máis información

Día de portas abertas

Visitas guiadas sen cita previa todos os luns ás 10:00, 12:00 e 16:30, agás días festivos e xornadas concretas por actos parlamentarios e institucionais.

* O día da visita deberán presentar o documento acreditativo de identidade e acudir un mínimo de 10 minutos antes da quenda seleccionada para inscribirse no vestíbulo de entrada.

Visita virtual

Visita o Parlamento de Galicia sen saír da casa.