A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 12 de febreiro de 2013, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de febreiro de 2013, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos Lexislativos:
1.1 Proposta de tramitación, polo procedemento de lectura única, do Proxecto de Lei de modificación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia e, se é o caso, o debate e votación deste proxecto de lei (2625, 09/PL-000007).
Publicación da iniciativa, BOPG nº 45, do 5.02.2013
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, de imposto sobre os depósitos das entidades de crédito na Comunidade Autónoma de Galicia (1008 (09/PPL-000003)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 04.12.2012
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei para presentar perante o Congreso dos Deputados, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de medidas urxentes en materia de execución hipotecaria (610 (09/PPLC-000001)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 5, do 28.11.2012
Punto 2. Proposta de creación da Comisión Permanente non lexislativa para Asuntos Europeos (art. 49 do Regulamento) (761 (09/SCPN-000001), do G.P. dos Socialistas de Galicia e 813 (09/SCPN-000002), do G.P. Popular de Galicia).
Punto 3. Comparecencias
3.1 1342 (09/CPP-000014)
Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias
Do Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para informar dos obxectivos e liñas xerais de actuación política do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 13, do 11.12.2012
Acumúlase na anterior a seguinte
3.2 990 (09/CPP-000010)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Do Sr. conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para informar das liñas de actuación da súa consellaría
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 07.12.2012
Punto 4. Mocións
4.1 1746 (09/MOC-000001)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Ron Fernández, José Javier
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co financiamento da Real Academia Galega (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 866, publicada no BOPG núm. 11, do 07.12.2012, e debatida na sesión plenaria do 18.12.2012)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24, do 02.01.2013
4.2 1787 (09/MOC-000002)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co problema das persoas afectadas pola fraude das participación preferentes e das obrigas subordinadas das entidades financeiras. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 604, publicada no BOPG núm. 5, do 28.11.2012, e debatida na sesión plenaria do 18.12.2012)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24, do 02.01.2013
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 935 (09/PNP-000055)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre a derrogación polo Goberno galego do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario, e a aplicación das medidas contidas no Plan xeral de normalización da lingua galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 07.12.2012
5.2 1063 (09/PNP-000069)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aymerich Cano, Carlos Ignacio e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación das persoas afectadas pola fraude das participacións preferentes, subordinadas e outros produtos financeiros, tras a aprobación do plan de reestruturación de Novagalicia Banco
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 13, do 11.12.2012
5.3 1304 (09/PNP-000093)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
sobre a rebaixa de tarifas nas peaxes da AP-9
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 19.12.2012
5.4 1712 (09/PNP-000144)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Quintas Álvarez, María Remedios e 2 máis
Sobre o mantemento en Galicia do servizo de orientación, formación profesional e inserción laboral, así como a consignación para o ano 2013 dos fondos orzamentarios necesarios para ese fin
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24, do 02.01.2013
5.5 1846 (09/PNP-000160)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis
Sobre a elaboración dun plan de viabilidade futura que garanta a obra social das antigas caixas de aforro galegas e o mantemento do emprego vinculado a ela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.01.2013
5.6 1911 (09/PNP-000163)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre a extracción de minerais raros na serra do Galiñeiro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 23.01.2013
5.7 2350 (09/PNP-000180)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel e 4 máis
Sobre a elaboración e a implementación dunha estratexia de atención ao paciente crónico adaptada á realidade e ás necesidades de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
5.8 2386 (09/PNP-000187)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa normativa estatal vixente en materia de asignación de tripulacións mínimas, así como coa diversidade de esixencias legais existente entre os distintos países da Unión Europea e dentro da Organización Marítima Internacional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
Punto 6. Interpelacións
6.1 525 (09/INT-000001)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre a valoración, así como as actuacións levadas a cabo e previstas pola Xunta de Galicia respecto da actual situación do sector lácteo galego e a entrada en vigor do Decreto 1363/2012
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 5, do 28.11.2012
6.2 965 (09/INT-000039)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Solla Fernández, Eva
Sobre as previsións da Consellería de Sanidade respecto da convocatoria dalgunha oferta pública de emprego de persoal sanitario non licenciado e de persoal non sanitario
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 14, do 12.12.2012
6.3 1216 (09/INT-000060)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre as previsións do Goberno galego para a aplicación do canon da auga e do coeficiente de vertedura introducidos na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, así como no decreto que a desenvolve
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 19.12.2012
6.4 1423 (09/INT-000073)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis e 2 máis
Sobre a valoración do Goberno galego do estado dos proxectos industriais asociados ao Plan eólico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 19.12.2012
Punto 7. Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
7.1 2936 (09/POPX-000004)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vázquez Fernández, Manuel
Sobre a valoración do Sr. presidente da Xunta de Galicia da evolución dos datos do desemprego na Comunidade Autónoma
7.2 2954 (09/POPX-000005)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre a valoración do Sr. presidente da Xunta de Galicia da situación social e económica de Galicia
7.3 2956 (09/POPX-000006)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as medidas que vai executar a Xunta de Galicia para previr e combater os casos de corrupción
Punto 8. Preguntas orais en pleno
8.1 2502 (09/POP-000195)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón
Sobre os beneficios sociais e económicos que xustifican a autorización polo Goberno galego da construción de novas instalacións hidroeléctricas no río Xallas, nos concellos de Dumbría e Mazaricos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
8.2 1707 (09/POP-000123)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sestayo Doce, Beatriz e 2 máis
Sobre as razóns da demora do Goberno galego na construción do dique flotante comprometido nos estaleiros da ría de Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 25, do 03.01.2013
8.3 2905 (09/PUP-000008)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis e 3 máis
Sobre a valoración do Goberno galego do peche en Vilaxoán da fábrica de conservas CUCA
8.4 2145 (09/POP-000180)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto da situación na que se atopan, no inicio do ano 2013, as redes de programación musical e escénica existentes en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 37, do 24.01.2013
8.5 2655 (09/PUP-000007)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Vázquez Díaz, Ramón
Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para afrontar as débedas contraídas cos comedores escolares dos centros de ensino de toda Galicia
8.6 2928 (09/PUP-000009)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para solucionar o aumento do paro rexistrado en Galicia no mes de xaneiro de 2013
8.7 1937 (09/POP-000148)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis
Sobre a valoración que fai a Consellería do Medio Rural e do Mar en relación co acordo acadado no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea que determinou os totais admisibles de capturas e cotas para o ano 2013
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 37, do 24.01.2013
8.8 2948 (09/PUP-000010)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Pacín, María Isabel e 7 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia dos encontros levados a cabo no mes de xaneiro de 2013 coas organizacións profesionais agrarias para avanzar no impulso de medidas de apoio destinadas ao sector lácteo
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto nos artigos 151.2 e 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2013
Pilar Rojo Noguera
Presidenta