En cumprimento do establecido na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, o Parlamento de Galicia implantou un sistema interno de información coa aprobación das súas normas reguladoras (DOG núm. 105, do 31 de maio de 2024).
Este sistema constitúe un instrumento para que as persoas lexitimadas conforme á citada normativa poidan informar sobre as accións ou omisións previstas no artigo 2 da citada Lei, sempre que garden relación coa organización e o funcionamento do Parlamento de Galicia.
Para a presentación destas informacións, o Sistema dispón dunha canle interna que permite a comunicación por medio de tres vías:
Unha vez rexistrada unha información, o informante poderá:
Garántese a confidencialidade do informante e doutras persoas que puidesen estar relacionadas, así como do contido da información.
O sistema interno de información do Parlamento de Galicia permite o anonimato, polo que serán aceptadas para a súa tramitación aquelas informacións nas que non consten os datos de identificación do informante.
Aviso: Se non se facilita ningún dato de contacto non será posible comunicar co informante para informarlle da súa recepción, aceptación, apertura e resolución do expediente.
A forma de utilizar a Canle, así como o procedemento de xestión das informacións descríbense no Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 13 de maio de 2024, polo que se aproban as normas reguladoras do sistema interno de información do Parlamento de Galicia.
Autoridade independente de protección do informante.
Toda persoa física poderá informar ante devandita Autoridade, ou ante as autoridades ou órganos autonómicos correspondentes, da comisión de calquera accións ou omisións incluídas no ámbito de aplicación da lei, xa sexa directamente ou previa comunicación a través da correspondente canle interna.
En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016), infórmase: