saltar ao contido

Pilar Rojo foi recibida polo presidente de Taiwán

 

Santiago, 9 de xuño de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia e da CALRE (Conferencia de Asambleas Rexionais con poderes lexislativos da Unión Europea), Pilar Rojo, acompañada polo Presidente do Foro Comunitario de Autoridades Locais (TCF), Lin Chin-chang,  foi recibida hoxe en Taipei polo presidente de Taiwán, Ma Ying-jeou; o ministro de Asuntos Exteriores, David Lin; e persoal do seu equipo.

 

Durante o encontro, destacouse a necesidade de fortalecer a  gobernanza a multinivel para implementar  un desenvolvemento sostible que atenda as necesidades reais dos cidadáns. Así mesmo, Pilar Rojo, como presidenta da CALRE, destacou a importancia das estratexias europeas destinadas ao continente asiático e a posible colaboración da CALRE ao nivel rexional para o desenvolvemento desta estratexia.

 

A presidenta do Parlamento de Galicia tamén subliñou a importancia de Galicia, e explicou a Ma Ying-jeou a transcendencia do Camiño de Santiago e a súa condición de primeiro itinerario cultural europeo.

 

A entrevista de Pilar Rojo co presidente de Taiwán puxo punto final á visita da presidenta do Parlamento de Galicia e da CALRE a Taipei, a onde acudiu convidada polo presidente do Foro Comunitario de Autoridades Locais, Lin Chin-chan. Na súa condición de presidenta da CALRE, Rojo Noguera compartiu foro co presidente da Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais de Estados Unidos (NCSL); o presidente da Alianza de Conselleiros Locais Xaponeses; o ministro do Interior de Taiwán; así como con profesores universitarios, lexisladores e diversos representantes da Administración taiwanesa.

 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina