Santiago, 23 de marzo de 2016.- O Parlamento de Galicia sumouse, este mediodía, ás diferentes institucións que gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados rexistrados onte en Bruxelas e como sinal de repulsa contra a barbarie terrorista.
A concentración silenciosa tivo lugar nas escaleiras exteriores do Pazo do Hórreo.
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.